Gastronomía
Este venres, día 12 de xullo, na Praza dos Campos, de San Ciprián, haberá unha Mexillonada Popular. Está organizada pola asociación Amigos da Maruxaina coa colaboración do Concello de Cervo.
Este evento gastronómico empezará ás 20:00 horas e a partir das 22:00 horas haberá música a cargo de DJ OVO.
A cafetería do centro social de Foz, que foi adxudicada polo pleno da corporación municipal o 27 de xuño a Manuel Mostazo Moldes, abriu hoxe, sábado. Neste primeiro día de actividade recibiu a visita do alcalde, Fran Cajoto, e dos concelleiros Inés López, Ana Rojo, Ángel Fernández e Elena Martínez.
O alcalde de Foz, Fran Cajoto, lembrou os investimentos feitos para poder levar a cabo esta apertura: “a cafetería levaba varios anos pechada cando entramos a gobernar. No ano 2021 ampliamos por 54.500 euros a aula de seguridade viaria do peirao de Foz; deste xeito creamos unhas instalacións axeitadas para a Asociación de Discapacitados Virxe do Carme, independentes e con espazo ao aire libre, e liberamos a cafetería para a súa reforma. Unhas obras adxudicadas tamén no ano 2021 por 43.200 euros, que se completaron con 35.200 euros para a...
leer másDo 30 de xuño ao 13 de outubro terá lugar unha nova edición do Mercado dos Domingos, que foi presentado hoxe en Ribadeo.
A concelleira de Comercio e Promoción Económica, Marta Saiz, manifestou que “coa chegada do verán, retómanse actividades e tradicións propias desta época. Unha delas é o Mercado dos Domingos, que xa vai pola vixésima terceira edición e que se desenvolve nas inmediacións da Praza de Abastos de Ribadeo cada domingo de verán. A nova tempada dará comezo este mesmo domingo, 30 de xuño, e rematará o 13 de outubro”.
O Concello de Ribadeo organiza este mercado en colaboración coa Asociación de Produtores da Horta A Sucadoira. Saiz dixo que “se trata dun mercado de proximidade de produtoras e produtores da zona, sen intermediarios, onde se poden atopar produtos da horta, pan, ostras, queixo,...
leer másEn Viveiro foron presentados o Plan Director de Turismo Gastronómico da Mariña e o Colectivo de Gastronomía da Mariña, xurdidos ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística xestionado pola Mancomunidade de Concellos da Mariña.
A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, dixo que “o Plan Director de Turismo Gastronómico na Mariña é un proxecto que xurde no contexto do Plan de Sostibilidade Turística xestionado pola Mancomunidad de Concellos e cofinanciado pola Xunta de Galicia, a Secretaría de Estado de Turismo e pola propia entidade coa colaboración tamén da Deputación de Lugo”.
López contou que “con este acto, que celebramos hoxe en Viveiro, pretendemos darlle visibilidade ao traballo realizado nos últimos meses no ámbito do impulso e promoción do turismo gastronómico na Mariña. Un destino, que pola súa...
leer másA Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo e a Asociación Veciñal de Mor celebran o San Xoán en Alfoz, concretamente no atrio de San Pedro, cunha sardiñada o venres 21 de xuño a partir das 22:00 horas.
Haberá sardiñas, pan, empanadas de bonito e de panceta, viño e auga. Para participar hai que reservar previamente e a data límite para anotarse é o mércores 19 de xuño.
Este sábado, día 15 de xuño, o Centro Social Xebra, de Burela, ofrece unha xornada gastronómica co mexillón como protagonista a partir das 20 horas.
A organización anuncia que “o último sábado da primavera culmina por todo o alto no centro social Xebra, situado na rúa Leandro Cucurny número 19, cunha festa do mexillón e bingo alternativo durante o serán. O local abrirá as súas portas ás 20 horas e ofrecerá racións de mexillón e cartóns para xogar a un sorteo de varios produtos de artesanía”.
A organización solicita que a xente interesada en asistir escriba ao correo electrónico xebraburela@gmail.com para reservar asento. Os fondos recadados irán destinados á asociación cultural que xestiona o centro social.
O Concello de Burela estará presente cun stand propio na Turexpo de Silleda, o salón turístico de Galicia, con ocasión da Semana Verde de Galicia que se celebra neste municipio pontevedrés.
O evento terá lugar a partir do xoves, día 30 de maio, e se prolongará ata o día 2 de xuño. Estaráadicadoá promocióndas festas de interese turístico, como é o caso da Feira do Bonito de Burela.
No stand do Concello de Burelapromocionarase a Feira do Bonito e os demais atractivos turísticos do municipio, e contará coa presencia da técnica de turismo para proporcionar informaciónáspersoasasistentes a Turexpo. Tamén estará exposta unha maqueta do Barco Museo “Reina del Carmen”.
O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey, destaca “a importancia da promoción turística, a través de iniciativas como esta...
leer másEstán organizadas por Acisa Ribadeo coa colaboración da OPP-7 do Porto de Burela. Na cita gastronómica participan 21 locais hostaleiros.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, lembrou que “do 17 ao 19 de maio terán lugar as primeiras Xornadas da Cabala de Burela nas que participarán 21 locais hostaleiros asociados a Acisa Ribadeo, que van ofrecer tapas e pratos preparados con este peixe capturado polos barcos do porto burelés. A OPP facilítanos de forma gratuíta preto de 90 quilos de cabala que distribuímos entre os bares, mesóns e restaurantes sen ningún tipo de custe para eles”.
Os locais participantes son: Queimada, O Lar de Manolo, El Rincón del Gordo, La Quinta, A Horta de San Roque, O Indiano, La Solana, A Mirandilla, La Bugalla, Javier Montero, San Miguel, Parador de Turismo, Ramonita, Cayo Coco, Costa...
leer másAs primeiras Xornadas da Cabala terán lugar en Ribadeo do 17 ao 19 de maio. Están organizadas por Acisa Ribadeo coa colaboración da OPP-7 do Porto de Burela. Na cita gastronómica participan 21 locais hostaleiros.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, contou que “do 17 ao 19 de maio terán lugar as primeiras Xornadas da Cabala de Burela nas que participarán 21 locais hostaleiros asociados a Acisa Ribadeo, que van ofrecer tapas e pratos preparados con este peixe capturado polos barcos do porto burelés. Grazas á colaboración da OPP-7 do Porto de Burela puidemos desde Acisa organizar estas novas xornadas. A OPP facilítanos de forma gratuíta preto de 90 quilos de cabala que imos distribuír entre os bares, mesóns e restaurantes que participan nesta nova cita gastronómica sen ningún tipo de custe para eles”.
Segundo...
leer más