Gastronomía

Etiquetas:
20/07/2024

O Centro de Iniciativas Turísticas (CIT) da Pontenova organiza unha paella popular para o día 24 de xullo, mércores. Será ás 22:00 horas na Praza dos Fornos.

As persoas interesadas en participar teñen de prazo ata o 22 de xullo para retirar os tickets. O prezo para os socios e socias do CIT é de 5 euros e as persoas que non pertencen ao colectivo deben pagar 15 euros.

Esta actividade conta coa colaboración do Concello da Pontenova.

20/07/2024

A Sociedade Cultural e Recreativa Ledicia presentou os carteis para a trixésimo oitava edición da Feira do Bonito, evento que se celebrará en Burela os días 3 e 4 de agosto, sábado e domingo.

A presidenta de Ledicia, Rocío Rivera Seara, explica: “pasado o ecuador do mes de xullo, despois da celebración do Carme -a Raíña do Mar- e co recordo de que nestes días se cumpren 30 anos de aquela guerra do bonito,  estamos no punto perfecto para lembrar e reflexionar, e continuar rendendo homenaxe ao mundo mariñeiro. Aquel punto de inflexión propiciou o nacemento do pregón da feira e o recoñecemento das persoas que traballan nela como Asador Maior (e co devir dos tempos Colaboradora de Honra). Hoxe sacamos á rúa os carteis que anunciarán a XXXVIII FEIRA DO BONITO. Como xa temos publicado, o cartel anunciador foi realizado por Maite Fernández...

leer más
Etiquetas:
19/07/2024

Foz celebrará o vindeiro mércores, 24 de xullo, na Praza Conde de Fontao (na explanada do porto) a 3ª edición da Festa do Colesterol, unha xornada dedicada á boa comida e á música en directo.

O evento contará cun menú composto por ovos fritos, chourizo, pan e patacas, acompañado de auga ou viño. Ademais, a partir das 21:00 horas a praza encherase de música coa actuación de Asociación Saiñas, que promete poñer ritmo á velada.

A Festa do Colesterol está organizada pola asociación Normanda Foz coa colaboración do Concello focego e Tradigalu.

 

Etiquetas:
17/07/2024

Este sábado, día 20 de xullo, a partir das 12 do mediodía terá lugar na Praza do Concello de Xove a décimo primeira edición da Festa do Percebe.

A xornada vai estar amenizada pola charanga Os Charangos e unha disco móbil e o pregón correrá a cargo do conselleiro do Mar, Alfonso Villares.

O evento está organizado pola Asociación de Festexos A Medorra e o Concello de Xove e na presentación participou a concelleira de Agricultura, Gandería, Montes, Educación e Cultura, María Dolores Meitín Guerreiro.

17/07/2024

Este sábado, día 20 de xullo, ás 19:00 horas dará comezo a primeira festa do mexillón organizada polo Club de Fútbol Celta Barreiros. Será no campo de fútbol O Cascabeiro, en San Cosme de Barreiros.

Os organizadores anuncian que haberá “música en directo co grupo En faldas y a lo loco e despois actuará o gran Dj Puzzle. Aparte dos mexillóns haberá empanadas e xamón cocido para que non pasedes fame”.

Etiquetas:
14/07/2024

Os meses de xullo e agosto son abondosos en festas e romarías por toda Galicia, non quedando vila nin cidade sen o seu acontecemento. 

No verán da Mariña de Lugo destaca, gastronómicamente, a Feira do Bonito de Burela que a falta de pequenos detalles ten o programa de actividades pechado. Arte, deporte e música serán o complemento perfecto a dúas xornadas gastronómicas dedicadas a ensalzar o Bonito de Burela, o Príncipe Azul do Cantábrico. 

Desde Ledicia sinalan: “e non só o produto en sí, senón tamén un modo de vida e a historia da flota boniteira de Burela; así o pensou a persoa que será o pregoeiro desta XXXVIII Feira do Bonito: Julio López Quiroga, quen se define a si mesmo como un namorado do seu pobo e sempre, sempre, formalmente informal. Julio, nun intenso traballo de campo, recompilou datos para recordar...

leer más
11/07/2024

Este venres, día 12 de xullo, na Praza dos Campos, de San Ciprián, haberá unha Mexillonada Popular. Está organizada pola asociación Amigos da Maruxaina coa colaboración do Concello de Cervo.

Este evento gastronómico empezará ás 20:00 horas e a partir das 22:00 horas haberá música a cargo de DJ OVO.

Etiquetas:
06/07/2024

A cafetería do centro social de Foz, que foi adxudicada polo pleno da corporación municipal o 27 de xuño a Manuel Mostazo Moldes, abriu hoxe, sábado. Neste primeiro día de actividade recibiu a visita do alcalde, Fran Cajoto, e dos concelleiros Inés López, Ana Rojo, Ángel Fernández e Elena Martínez.

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, lembrou os investimentos feitos para poder levar a cabo esta apertura: “a cafetería levaba varios anos pechada cando entramos a gobernar. No ano 2021 ampliamos por 54.500 euros  a aula de seguridade viaria do peirao de Foz; deste xeito creamos unhas instalacións axeitadas para a Asociación de Discapacitados Virxe do Carme, independentes e con espazo ao aire libre, e liberamos a cafetería para a súa reforma. Unhas obras adxudicadas tamén no ano 2021 por 43.200 euros, que se completaron con 35.200 euros para a...

leer más
Etiquetas:
27/06/2024

Do 30 de xuño ao 13 de outubro terá lugar unha nova edición do Mercado dos Domingos, que foi presentado hoxe en Ribadeo. 

A concelleira de Comercio e Promoción Económica, Marta Saiz, manifestou que “coa chegada do verán, retómanse actividades e tradicións propias desta época. Unha delas é o Mercado dos Domingos, que xa vai pola vixésima terceira edición e que se desenvolve nas inmediacións da Praza de Abastos de Ribadeo cada domingo de verán. A nova tempada dará comezo este mesmo domingo, 30 de xuño, e rematará o 13 de outubro”.  

O Concello de Ribadeo organiza este mercado en colaboración coa Asociación de Produtores da Horta A Sucadoira. Saiz dixo que “se trata dun  mercado de proximidade de produtoras e produtores da zona, sen intermediarios, onde se poden atopar produtos da horta, pan, ostras, queixo,...

leer más
Etiquetas:
25/06/2024

En  Viveiro foron presentados o Plan Director de Turismo Gastronómico da Mariña e o Colectivo de Gastronomía da Mariña, xurdidos ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística xestionado pola Mancomunidade de Concellos da Mariña. 

A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, dixo que “o Plan Director de Turismo Gastronómico na Mariña é un proxecto que xurde no contexto do Plan de Sostibilidade Turística xestionado pola Mancomunidad de Concellos e cofinanciado pola Xunta de Galicia, a Secretaría de Estado de Turismo e pola propia entidade coa colaboración tamén da Deputación de Lugo”. 

López contou que “con este acto, que celebramos hoxe en Viveiro, pretendemos darlle visibilidade ao traballo realizado nos últimos meses no ámbito do impulso e promoción do turismo gastronómico na Mariña. Un destino, que pola súa...

leer más