Gastronomía
A campaña Galicia sabe Amar, da Xunta de Galicia, chega á Pontenova este sábado, día 30 de novembro.
O Concello da Pontenova anuncia que haberá degustación gratuíta de petiscos elaborados con produtos do mar no aparcamento da Praza dos Fornos de 12:00 a 15:00 e de 19:00 a 22:00 horas.
A Fundación Expomar volve poñer en valor a importancia da cultura mariñeira de Burela coa celebración do segundo “Día do Orgullo Mariñeiro”, que volverá combinar o próximo xoves 5 de decembro a divulgación nas escolas, a exaltación da cultura mariñeira e a gastronomía do mar para chegar a tódolos públicos.
“Despois do éxito da primeira edición, este ano mantemos a mesma estrutura da xornada, pero engadindo a participación da hostalería de Burela para que a festa chegue cada vez a máis xente”, asegura a presidenta da Fundación Expomar e alcaldesa de Burela, Carmela López.
“Orgullo Mariñeiro nas Escolas”
O día comezará de novo nos comedores escolares de oito colexios públicos da Mariña Lucense, onde máis de 700 nenos e nenas comerán ese día filetes de “Merluza de Burela” nos seus menús.
Os días 29 e 30 de novembro e 1 de decembro celebrarase o habitual concurso de tapas da cidade episcopal. O evento, organizado pola hostalería de Mondoñedo, conta coa colaboración do Concello de Mondoñedo e da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo.
O Concello de Mondoñedo anuncia que “vén de presentarse un habitual da gastronomía da provincia de Lugo dos finais de novembro, o concurso de Tapas Cidade de Mondoñedo, para que podas “Rematar novembro e comezar decembro tapeando en Mondoñedo! Un ano máis a hostalería da cidade episcopal ten lista unha nova edición do concurso de tapas de Mondoñedo no que combinan o produto local de primeira calidade coa creatividade da cociña mindoniense. As datas de celebración serán o venres día 29 de 20 a 23 horas, sábado 30 de novembro de 12 a 15 horas e de 20 a 23 horas e...
leer másDe torreznos e chiquitos por Ribadeo é a nova xornada gastronómica de Acisa para despedir o mes de novembro. Está organizada pola asociación en colaboración con Asoporcel, Celtagal e Azpilicueta. Nesta actividade participan 19 establecementos asociados a Acisa.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, contou que “do 29 de novembro ao 1 de decembro terá lugar De torreznos e chiquitos por Ribadeo, unha cita gastronómica na que participarán 19 locais hostaleiros asociados a Acisa, que van ofrecer algo moi tradicional e apetecible, un combinado de tapa de torreznos de porco celta e un chiquito de viño. Grazas á colaboración de Asoporcel e Celtagal puidemos desde Acisa organizar esta nova xornada. Celtagal facilítanos de forma gratuíta preto de 35 quilos de touciño de porco celta, que imos distribuír entre os locais participantes”,
... leer másAMODO, Conversas arredor da gastronomía na Mariña é un encontro vinculado á gastronomía, organizado pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense coa colaboración, na secretaría técnica, de Jorge Guitián e Anna Mayer -profesionais no ámbito de proxectos gastronómicos- e do Colectivo de Gastronomía da Mariña.
Este evento nace do Plan Director de Turismo Gastronómico da Mariña, presentado o pasado mes de xuño en Viveiro, no contexto do Plan de Sostibilidade Turística na Mariña Lucense que xestiona a Mancomunidade, e que está cofinanciado entre esta entidade, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.
A presidenta da Mancomunidade de Concellos da Mariña, Rocío López, subliñou que “o obxectivo desta convocatoria é posicionar ao territorio da Mariña como un espazo creativo e innovador que reflexiona...
leer másA Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar, no concello de Cervo, organiza un magosto que se celebrará este sábado, día 9 de novembro, a partir das 19:00 horas no Local Social do colectivo.
Haberá degustación de castañas e panceta.
A Asociación de Veciños e Veciñas de Santa Comba da Órrea, no concello de Riotorto, organiza un magosto este sábado, día 2 de novembro. Será desde as 20:00 horas no local social.
Haberá degustación de castañas, liscos e chourizos fritos. Os gastos cubriranse “seguindo o estilo de Ribadeo”, explica a organización, que tamén anuncia que para participar é necesario anotarse previamente no Whastapp 650.558.750. O prazo remata este mércores, 30 de outubro.
A terceira edición das Xornadas de Recuperación da Memoria Gastronómica Tradicional Galega Touporroucaldo celebraranse en Foz o día 2 de novembro, sábado, a partir das 13 horas nos Calexóns da Viela e na Praza Pardo de Cela.
O menú inclúe caldo, compango, taza, pan, queixo con marmelo e viño ou auga e o prezo é de 10 euros. Haberá sesión vermú amenizada polo grupo de música de A Subela.
En caso de mal tempo este evento, que está organizado por Touporroutou Teatro, trasladarase ao pavillón do colexio Martínez Otero.
Todo está listo para la celebración de la séptima edición de las jornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo, que tendrán lugar del 25 al 27 de octubre. Están organizadas por la Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios y Autónomos de Ribadeo (Acisa) y cuentan con la participación de 16 establecimientos hosteleros.
La presidenta del colectivo empresarial ribadense, Carmen Cruzado, indica que “con esta iniciativa queremos rendir homenaje a nuestras vecinas y vecinos asturianos, que muchos fines de semana del año se acercan hasta Ribadeo a tomar los vinos y los vermús, a comer, a cenar, a pasear o a comprar en el comercio local. La presencia de quienes se desplazan desde Asturias es muy importante para nosotros y por eso decidimos seguir organizando estas jornadas, que llegan a su séptima edición”.
El...
leer más