Gastronomía
O Grupo de Participación Xuvenil do Concello de Viveiro Contra a marea organiza un mercado de Entroido con doces típicos desta época do ano, como biscoito, rosquillas e freixós. Será esta fin de semana: desde o venres 28 de febreiro ata o domingo 2 de marzo.
O mercadiño estará aberto na Sala Multiusos do Concello de Viveiro de 17 a 21 horas os tres días.
Foz celebra ata este domingo, día 23 de febreiro, as xornadas gastronómicas das albóndegas, que organiza AciaFozCCA e nas que participan 10 locais hostaleiros.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, sinalou que “durante estes 3 días os dez negocios participantes servirán pinchos, tapas e racións de albóndegas en diversas elaboracións”.
Nas xornadas gastronómicas da albóndegas danse cita: Augas Santas, Bar 78, Bar Campos, Cafetería Anduriña, Casa Damián, Dandy, Marexada, O Muelle Bar, Tangarte e Xoyma.
E tamén ata este domingo desenvólvese en Foz a campaña especial denominada O teu café ten premio, que está enmarcada no Campionato Internacional de Baristas e de Cata de Cafés que se celebra no IES de Foz.
Aquelas persoas que estes días tomen o café...
leer másTodo está listo para a celebración das xornadas gastronómicas do Antroido de Ribadeo, que terán lugar do 22 de febreiro o 9 de marzo. Están organizadas pola Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo (ACISA) e contan coa participación de 17 establecementos hostaleiros.
A presidenta do colectivo empresarial ribadense, Carmen Cruzado, sinalou que “desde Acisa decidimos apostar, como unha das novidades deste ano, polas xornadas gastronómicas do Antroido de Ribadeo, que se van celebrar do 22 de febreiro ao 9 de marzo, como actividade dinamizadora da nosa hostalería. Con esta iniciativa queremos render homenaxe á gastronomía típica destas datas, que en Ribadeo é tradición celebrar con ceas ou xantares de grupos de amigos e de familias saboreando un bo cocido”.
O xerente de Acisa, Jesús...
leer másDo 21 ao 23 de febreiro terán lugar as xornadas gastronómicas das albóndegas, que organiza AciaFozCCA e nas que participan 10 locais hostaleiros.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, sinalou que “durante os 3 días os dez negocios participantes servirán pinchos, tapas e racións de albóndegas en diversas elaboracións”.
Nas xornadas gastronómicas da albóndegas danse cita: Augas Santas, Bar 78, Bar Campos, Cafetería Anduriña, Casa Damián, Dandy, Marexada, O Muelle Bar, Tangarte e Xoyma.
Paleo indicou que “con esta proposta gastronómica queremos animar este tempo de Entroido na fin de semana anterior ao grande desfile de Foz”.
Colaboran con AciaFozCCA a Xunta de Galicia e o Concello de Foz. Na presentación da campaña participaron o alcalde de Foz, Fran...
leer másEste sábado, día 22 de febreiro, a partir das 12 horas o local da asociación cultural Xebra!, en Burela, acolle unha aula práctica sobre como elaborar pratos típicos da gastronomía caboverdiana, como a cachupa e o cuscuz.
A profesora será Ineida Moreno, que guiará paso a paso sobre a preparación destes pratos, que despois serán degustados en grupo. A actividade está aberta para todas as persoas interesadas e ten un prezo de 10 euros, que inclúe todos os ingredientes e materiais necesarios para a preparación.
Para participar é preciso anotarse antes do xoves 20 de febreiro escribindo ao enderezo electrónico xebraburela@gmail.com ou a través das redes sociais da asociación.
Ata o 14 de marzo está aberto o prazo de inscrición no XVIII Ribadeo de Tapeo, que terá lugar en maio.
A concelleira de Promoción Económica, Marta Saiz, explicou que “poderán participar todos os establecementos hostaleiros e de restauración localizados en Ribadeo: bares, mesóns, restaurantes e cafeterías, que se inscriban e acepten as bases que poden atopar colgadas na web do noso concello: www.ribadeo.gal”.
A edil ribadense dixo que “este evento ten como fin apoiar o desenvolvemento da cultura das tapas e fomentar a calidade da gastronomía de Ribadeo. O XVIII Ribadeo de Tapeo terá lugar do 10 ao 18 de maio. Os participantes poderán presentar 1 tapa: salgada ou doce; ou dúas tapas, que deberán ser unha maridaxe entre salgada e doce. As preparacións poderán ser frías ou quentes...
leer másAciaFozCCA sorteará unha cesta entre os clientes máis cafeteiros de 10 locais hostaleiros. Esta campaña especial denominada O teu café ten premio enmárcase no Campionato Internacional de Baristas e de Cata de Cafés que se vai celebrar no IES de Foz a vindeira semana.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explica que “aquelas persoas que tomen o café en Anduriña, Bar 78, Dandy, Los Dulces de Delphine, Marexada, O Muelle Bar, Tangarte, Coffee Urban Roasters Foz, Xoíña Pizzería e Xoyma entre os días 17 e 23 de febreiro participarán no sorteo dunha cesta especial composta por produtos relacionados co mundo do café”. O sorteo terá lugar en Radio Foz o 26 de febreiro.
Paleo indica que “O teu café ten premio tivo unha boa acollida o ano pasado e neste 2025 agardamos repetir. Os amantes do café teñen unha boa...
leer másA Xunta colabora coa terceira Festa do Cocido de Porco Celta que se celebrará en Carbarcos, no concello de Barreiros, o próximo sábado, 15 de febreiro. O delegado territorial, Javier Arias, participou hoxe na presentación da cita, organizada pola comisión de festas deste núcleo.
A comida servirase baixo unha carpa no campo da festa. O cocido preparado coa carne de Porco Celta estará acompañado de verduras de produtores locais. Tamén haberá postos de venda ao público nos que se ofrecerán alimentos con certificados de calidade presentes na elaboración do menú, como o selo 100% Raza Autóctona Porco Celta; as Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP) Grelos de Galicia e Mel de Galicia; as Denominacións de Orixe Protexidas (DOP) de queixos do Cebreiro e Arzúa-Ulloa; así como os viños da DOP Ribeira Sacra.
Arias...
leer másO Concello de Cervo celebrará o sábado 22 de febreiro a Festa do Mexillón, que vai pola XXXI edición. Ao longo da xornada os dez locais participantes ofrecerán unha ampla degustación de tapas que terán o mexillón como protagonista.
Participarán os establecementos O Noso Lar, A Bodega de Ana, O Faro, A Penúltima, Bar Maruxaina, O Trasgo, Habana, bar El Puerto, A´Brasame Poliño e O Encontro.
A cita foi presentada pola rexedora municipal de Cervo, Dolores García Caramés, e por unha representación dos locais participantes. A alcaldesa puxo de manifesto que esta festa “é sempre un gran reclamo para atraer visitantes, e para animar a vila, a través dun produto que simboliza tamén a nosa conexión co mar”.
A rexedora convidou a veciños e visitantes a participar nesta festa que “é unha mostra do...
leer másEste xoves, día 6 de febreiro, continúa o Sanci Tapeando, ruta de tapas que promove a hostalería de San Cibrao, coa colaboración do Concello de Cervo e que incorpora para os próximos meses novos locais. Así na cita gastronómica participarán ata o xoves 19 de xuño Cervecería A Penúltima, Cervecería Las Titas, Bar O Faro, Terraza O Noso Lar, A Bodega de Ana e Bar Maruxaina.
Cada semana os establecementos participantes nesta iniciativa, que botou a andar xa polo ano 2018, ofrecerán unha tapa diferente e elaborada a un prezo de 2,5 euros. Os clientes dos xoves terán a posibilidade de participar nun sorteo de dous vales, de 200 e de 100 euros, para consumir nos locais participantes.