Libros
Foz acolle do 17 ao 20 de agosto a súa Feira do Libro na Praza Conde Fontao con horario de 17.30 a 22 horas. O programa conta con moitas actividades diferentes en torno aos libros, os escritores e os lectores. O evento conta coa colaboración de diferentes entidades como a Xunta, a Federación Librarías de Galicia ou o Concello de Foz.
Participarán o Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo, Libraría Aguirre, A Gata Tola, Libraría Pedreira, Libraría Bahía, Libraría Aenea e A libraría de Rosa – Nobel Boiro. Todas elas ofrecen un 10% de desconto nos seus libros.
Hoxe foi o pregón a cargo do escritor Lionel Rexes, acompañado da actuación musical da asociación cultural O Feitizo. E a continuación houbo un encontro sobre as obras de Xita Rubert e Luisa Castro no que participaron as autoras xunto coa escritora...
leer másDo 18 ao 20 de agosto terá lugar unha nova edición das Letras no Campo, a Feira do Libro de Ribadeo.
Do 18 ao 20 de agosto terá lugar a IX feira ribadense do libro Letras no Campo. Durante eses días haberá presentacións de libros, exposicións e actividades para as crianzas e as súas familias, segundo deu a coñecer a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo.
A edil ribadense explicou que “do 18 ao 20 de agosto teremos no parque a Feira do Libro Letras no Campo. Dará comezo o venres pola tarde co pregón de Lois Pérez, autor de A gruta da torre, que desenvolve a súa trama en Ribadeo. Haberá presentacións de diversos libros, uns divulgativos e outros máis intimistas, uns de narrativa e outros de poesías, uns de ficción e outros non, algúns de autores ribadenses e outros chegados de fora”.
Sanjurjo contou que “as casetas dos diferentes libreiros ofrecerán un 10% de desconto nos libros que se merquen na feira. Quero...
leer másO Concello de Viveiro celebra desde hoxe día 12, e ata o martes 15 nos Xardíns Noriega Varela a súa Feira do Libro 2023, cunha ampla oferta cultural, actividades para nenos e encontros con diferentes escritores e escritoras.
“Durante catro días, Viveiro será a capital do libro en Galicia e asistiremos ao encontro entre os escritores e escritoras que participarán na feira e os seus lectores, un momento sempre máxico”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.
Os establecementos e entidades participantes nesta Feira do Libro de Viveiro son a Libraría Porta da Vila; Lar Libros-Editorial Canela; Libraría Cartabón; Libraría Aguirre; A Gata Tola; Libraría Pedreira; Librería Lume; Libraría Aenea; Librería Uróboros, e os stands do Seminario de Estudos Terra de Viveiro e da Deputación de Lugo.
A...
leer más
A Libraría Bahía acollerá o xoves, 20 de xullo, ás 21 horas a presentación do libro Consciencia: a ciencia que nos rescatou da pandemia, de Sonia Villapol. A autora é neurocientífica, procedente de A Pastoriza mais afincada en Houston, onde investiga e dirixe o Centro Médico de Texas.
No seu libro, conta as consecuencias e incluso beneficios da reacción mundial fronte á COVID a hora de idear coas vacinas en tempo récord para que cesasen as mortes e que a vida puidera volver ao seu cauce habitual o antes posible.
A Libraría Bahía, situada na Avenida da Mariña, 42, de Foz, ofrece a posibilidade de adquirir o libro tanto alí como na súa páxina web.
Xa está na rúa o sétimo número de A Gaceta Ribadense, o xornal que edita Faro Norte Comunicación con motivo da celebración do Ribadeo Indiano. Desde hoxe, mércores, estase a distribuír entre os negocios e institucións participantes, ademais de nos principais puntos de venda de xornais da vila ribadense.
En A Gaceta Ribadense, con 32 páxinas e unha tirada de 4.000 exemplares, poderán ler artigos elaborados especialmente para esta publicación por Manuel Silveira, Alberto Paraje Méndez, Xosé Carlos Rodríguez Rañón, Patricia Pérez Leal, Carlos Álvarez Lebredo, Pablo Rodríguez (Vivin), María José Fernández Azpeitia e Beni Mántaras. Atoparán tamén unha entrevista de Carmen Cruzado ao pregoeiro da festa, Santiago Jaureguizar, escritor e xornalista moi vinculado a Ribadeo, onde residiu durante a súa infancia e mocidade.
E...
leer másO mércores, 5 de xuño, ás 20:30 horas Lionel Rexes presenta a súa novela A Montaña do Poeta na Librería Bahía de Foz.
O escritor de Alfoz Lionel Rexes, ven de gañar o premio Lueiro Rey por esta novela na que partindo da relación histórica máis pouco coñecidado poeta da montaña Antón Noriega Varela cunha vella construción do Alfoz de Castrodouro, recrea un rural que declina e que se ve sacudido por un acontecemento extraordinario.
Desde o pasado 22 de xuño e ata o vindeiro 1 de setembro a Biblioteca Municipal de Alfoz abrirá en horario de mañá, de luns a venres, de 10:00 a 15:00 horas.
Desde o Concello sinala: “lembra que se queres devolver un libro fóra deste horario podes usar o buzón de devolucións do exterior da Casa da Cultura. Comeza o verán...a disfrutar e ler moitos libros!!”.
O vindeiro mércores, 21 de xuño, ás 20:30 horas estará na Libraría Bahía, de Foz, Brais Lamela para falar o seu traballo Ninguén queda.
Con esta obra Brais Lamela acaba de gañar o premio da crítica, que recae unha vez máis nun libro escrito en galego.
Trátase dunha obra que mestura crónica e novela. Unha xoia narrativa escrita arredor dos poboados de colonización da Terra Chá do franquismo, ocupados pola xente que tivo que deixar as súas casas na montaña de Fonsagrada pola construción dun embalse. Este episodio está a ser investigado por un rapaz novo que a día de hoxe está escribindo a súa tese na cidade de Nova York e que se obsesiona polo paradoiro dunha muller que aparece nos documentos e que logo desaparece sen deixar rastro.
A obra explora o desarraigamento, a colonización física...
leer másO Concello de Burela procedeu á dixitalización dos libriños antigos das festas, que poderán ser consultados na web municipal a partir do vindeiro luns, 19 de xuño, segundo deu a coñecer hoxe o concelleiro de Cultura, José Díaz.
O edil burelés contou que “a partir del próximo lunes estará disponible en la web del Concello www.burela.org un acceso a los libriños antiguos de las fiestas patronales digitalizados. Esto se produce después de la exposición que hicimos aquí entre los días 1 y 12 de junio. Decidimos digitalizar esos libros y colgarlos en la web del Concello para que cualquiera los pueda ojear”.
Díaz explicou que “están desde 1947 hasta 1984, son 11 en total. No son todos los que podrían ser, pero si que animo a cualquier vecino que tenga libros de fechas distintas a...
leer másElena Gallego Abad, recoñecida escritora e xornalista galega cunha dilatada traxectoria en medios de prensa e radio de Galicia, presenta mañá en Viveiro a súa novela 'El legado de la niña de la sal'.
Será mañá, 12 de xuño, ás oito da tarde no salón de actos do Conservatorio de Música de Viveiro.
Elena Gallego estará acompañada por Miguel Sande, delegado de La Voz de Galicia na Mariña.