Música
A catedral de Mondoñedo acollerá un concerto de Nadal, titulado Panxoliñas no Camiño, a cargo da Escola Municipal de Música O Pallarego o 26 de decembro, martes, ás 20:30 horas.
É unha actividade organizada pola asociación Sendeiriña, que conta coa colaboración da Diocese Mondoñedo-Ferrol e da Área de Cultura da Deputación de Lugo.
O proxecto musical e literario Na Casa Deles presentarase en Mondoñedo cun concerto do cuarteto vocal Son de Corda este venres, 22 de decembro, coincidindo co 112 aniversario do nacemento de Álvaro Cunqueiro. Será ás 20:00 horas no auditorio municipal Pascual Veiga, con entrada libre.
Son De Corda (Esperanza Iglesias, soprano; Carmen Prendes, contralto; Fernando G. Jácome, tenor; e Antón Castro, baixo) interpretarán poemas de Darío Xohán Cabana, Álvaro Cunqueiro, Manuel María, Uxío Novoneyra, Luís Pimentel e Lorenzo Varela, e unha peza de literatura de tradición oral. Estarán acompañados por Raúl Rodríguez ao piano e Aldara Palmeiro co violín.
Dentro do Programa de Nadal deste ano, un dos seus pratos fortes vai ser o Concurso de Karaoke, que celebra a súa XI edición o venres, 29 de decembro, no pavillón municipal de deportes.
Este Concurso presenta tres categorías: peques para menores de 12 anos; iunior de 12 anos ou máis e menores de 18; veteranos para maiores de 18 anos. As bases, ficha de inscrición e a relación de cancións para participar pódense consultar nas Oficinas Xerais do Concello, no Departamento de Cultura e na Web do Concello. Tamén podemos enviar toda esta documentación por email (Bases, Ficha de Inscrición e Relación de Cancións), se así nolo solicitan.
A inscrición neste Concurso, que xa está aberta, é de carácter totalmente gratuíta. A mesma pódese facer de varias maneiras, ben presencialemente nas oficinas do Concello, máis...
leer másEl gran anuncio de cartel de Resurrection Fest Estrella Galicia 2024 ha llegado con uno de los line ups más grandes y ambiciosos que el festival jamás haya tenido. Un total de ochenta y nueve bandas se suman al primer anuncio del capítulo XIX de Resurrection Fest Estrella Galicia. Más de sesenta de ellas jamás han actuado en el festival y diecisiete jamás han visitado nuestro país. Un anuncio con muchos de los más grandes nombres del metal, del punk, del rock y del hardcore a nivel mundial repartidos en sus cuatro escenarios.
Una de las bandas más demandadas por los fans del festival a lo largo de su historia: los americanos Avenged Sevenfold estarán por fin en Viveiro. M Shadows y los suyos descargarán uno de los conciertos más espectaculares que hay hoy en día en el mundo sobre el Main Stage del festival gallego. Éxitos como “Nightmare...
leer másConfirmados os primeiros grupos que pasarán polo festival Osa do Mar, que se celebrará en Burela do 6 ao 8 de setembro de 2024. Trátase de Cala Vento, Futuro Alcalde, Jordana B., Mondra, Tanxugueiras, The Rapants…
Para celebralo a organización sortea 4 bonos “entre os que lle den ao corazonciño, compartan a publicación e comenten algo nela”.
As entradas están á venta en www.osadomar.com con prezos e descontos especiais ata o 29 de febreiro. Os empadroados no Concello de Burela teñen un desconto de 10€ nos bonos introducindo o código BURELA, farase comprobación posterior no rexistro oficial.
Estes son os prezos ata o 29 de febreiro:
-bono adulto: 40€
-bono xuvenil (16 e 17 anos): 30€, poden ir sen acompañante, pero necesitan...
leer másA Escola Municipal de Música O Pallarego, de Mondoñedo, ofrecerá un Concerto de Nadal o día 21 de decembro, xoves. Será ás 20:30 horas no auditorio Pascual Veiga.
O auditorio da Casa da Cultura da Pontenova acollerá o Concerto de Nadal da Escola Municipal de Música pontenovesa este domingo, 17 de decembro, ás 19:00 horas.
A Banda de Música O Landro de Viveiro ofrecerá un concerto de Nadal o sábado 23 de decembro ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro.
Esta actuación leva por título “Polo Nadal, solistas!” e a entrada é de balde.
Está organizado pola Banda de Música O Landro de Viveiro coa colaboración da Concellería de Educación do Concello de Viveiro.
O XXXII Concerto de Panxoliñas organizado pola Coral Polifónica de Burela celebrarase este domingo, 17 de decembro, ás 20:00 horas no auditorio da Casa da Cultura burelesa.
Ademais da organizadora actuarán a Coral Polifónica de Ribadeo e a Coral Polifónica Alborada, de Viveiro.
O Concello de Alfoz organiza un Concerto de Nadal para o día 9 de decembro ás 19:00 horas no salón de actos da Casa de Cultura.
Os asistentes poderán gozar do repertorio de Nadal da Banda de Música de Lourenzá.
A entrada é libre e de balde.