Música
Este vindeiro domingo Fernando Corujo actuará a partires das 13:00 horas na rúa San Roque para animar a hora do vermú, dos viños e das compras en Ribadeo.
Ata xullo a música chegará tamén á Praza de Abaixo o 16 de xuño e tamén á Zona Vella o 7 de xullo.
“Estamos contentos coa acollida que están a ter estes concertos por diferentes recunchos da nosa vila, porque enchen de ritmo os mediodías dos domingos”, sinalan desde a organización.
Concello e Acisa animan “á xente de toda a contorna a achegarse a Ribadeo a gozar do Domingueo e de todas as propostas que aquí poden atopar en calquera momento”.
O cantautor Emilio Rúa presentará o seu espectáculo titulado “Lendas e Cantares” en Ribadeo co coro ribadense Sagrado Corazón este domingo, 2 de maio. Será no auditorio municipal Hernán Naval ás 20:30 horas.
É unha actividade incluída na programación cultural organizada polo Concello de Ribadeo.
A trixésima primeira edición da Festival Folclórico Infantil que organiza a Agrupación Folclórica O Arco da Vella, de San Miguel de Reinante, celebrarase o día 29 de xuño, sábado, ás 19:30 horas. Será no pavillón do CEIP San Miguel, ata onde haberá un pasacalles dende a Praza do Souto.
Ademais do colectivo anfitrión actuará a Escoliña da Asociación de Música e Danza Tradicional Queiroa, do concello coruñés de Sada.
Este domingo, día 2 de xuño, haberá un novo guateque do programa de actividades Arruguiñas . Estará amenizado polo dúo Primera Línea e será na Casa do Mar, en San Ciprián, desde as 19:30 horas.
Esta actividade está organizada polo Concello de Cervo en colaboración coa Asociación de Xubilados Terra Mar.
A Big Band da Escola Municipal de Música e Danza ribadense dará un concerto no xardín da Escola Oficial de Idiomas de Ribadeo este martes, 28 de maio ás 19:00 horas. Ademais haberá un pincheo.
A organización desta actividade advirte que “en caso de choiva suspenderase o concerto e a merenda terá lugar no soto da escola”.
Este vindeiro domingo o grupo Gemtonics actuará a partires das 13:00 horas na rúa Rosalía de Castro para animar a hora do vermú, dos viños e das compras en Ribadeo.
Ata xullo a música chegará tamén á rúa San Roque o 2 de xuño, á Praza de Abaixo o 16 de xuño e tamén á Zona Vella o 7 de xullo.
Desde o Concello e desde Acisa animan “ás veciñas e aos veciños de toda a contorna a achegarse a Ribadeo e a gozar do Domingueo e de todas as propostas que poderán atopar todos os domingos do ano, ou en calquera outra xornada na nosa vila e nas nosas parroquias”.
Este sábado, 25 de maio, haberá un novo guateque do programa de actividades Arruguiñas . Estará amenizado polo dúo Son de Festa e será no local social da Senra desde as 20:00 horas.
Esta actividade está organizada polo Concello de Cervo en colaboración coa Asociación de Veciños da Senra.
O musical titulado “Unha noite na eira do trigo”, da orquestra La Oca Band, presentarase en Ribadeo este xoves, 16 de maio. Será no auditorio municipal Hernán Naval ás 20:30 horas.
Para esta actividade, que organiza o Concello de Ribadeo, a entrada é gratuíta ata completar o aforo do auditorio.
A Banda Municipal de Música de Ribadeo estreará dúas pezas no concerto das Letras Galegas, que será este venres, 17 de maio, ás 20:30 horas no auditorio municipal Hernán Naval. A entrada é de balde ata completar o aforo.
O director da Banda ribadense, David Ballester Martínez, anuncia que “a Banda Municipal de Música de Ribadeo, despois do seu concerto de Semana Santa, segue coa súa programación e a seguinte actuación que temos e o concerto das Letras Galegas, que este ano se dedican a Luísa Villalta, unha persoa que aparte de ser escritora tamén foi violinista, co cal é para nós un concerto dobremente satisfactorio por dedicalo a unha persoa que escribiu nas letras que todo o mundo coñece e tamén comprendeu as nosas letras musicais”.
Sobre o repertorio para esta actuación, David Ballester explica que “vai ser...
leer másA Coral Polifónica de Burela organiza o seu XXXII Festival das Letras Galegas, onde actuarán tamén a Coral Polifónica de Cariño e o Coro Parroquial de Landrove (Viveiro). Será este domingo, 12 de maio, ás 20:00 horas no auditorio municipal de Burela.
A organización anuncia que será “unha xornada de luxo no que a protagonista é a nosa fermosa lingua. Qué mellor maneira de agasallala que a traveso da música!”.