Música

03/10/2024

O Concello de Foz, en colaboración con Sanbet Agencia, estrea nova tempada do Baile dos domingos na Sala Bahía. En horario de 20 a 23 horas e cun prezo de cinco euros, esta semana actuará La Clave. O día 13 de outubro será a quenda do dúo Maracaibo, o día 20 actuará o dúo Venus e o 27 pechará Carlos Manteiga o mes de outubro.

A concelleira de Asuntos Sociais, Ana Rojo, anuncia: “comezamos nova tempada, outono-inverno, do baile dos nosos maiores. Unha actividade de divertimento, moi motivadora e gratificante para eles, onde ademais de facer exercicio físico con baile, escoitan música, interactúan e se relacionan. É a mellor das terapias para o seu benestar, físico, mental e emocional, a ben chamada  bailoterapia. Dende o Concello queremos fomentar unha participación  proactiva das persoas maiores, un espazo de encontro onde poidan ampliar...

leer más
02/10/2024

O narrador e músico Caxoto presentará o seu espectáculo titulado “Grandes éxitos: 2004-2024” este sábado, día 5 de outubro, ás 18:00 horas na Casa da Cultura de Burela.

É unha actuación incluída na programación cultural do Concello de Burela, que organiza, dentro do programa Ler Conta Moito, diferentes actividades para promover a lectura. Todas elas son de balde e aptas para un público infantil e familiar e teñen lugar os sábados na Casa da Cultura de Burela.

26/09/2024

A Escola Municipal de Música O Pallarego, de Mondoñedo, organiza un evento con xornada de portas abertas para presentar o curso 2024-25. Será este venres, 27 de setembro, no auditorio Pascual Veiga.

As actividades comezarán ás 19:30 horas, para as 20:15 está programada a recollida de horarios e ás 20:30 horas haberá chocolatada.

24/09/2024

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo unha reunión con representantes do Concello de Mondoñedo e da asociación xuvenil Xoldra aos que lles confirmou o apoio do Goberno galego para a terceira edición do festival BreaSon, que se celebrará na localidade mariñá o venres 8 e o sábado 9 de novembro.

O festival contará coas actuacións de recoñecidas bandas e artistas da música galega actual, como Terbutalina, Cool Nenas, De Ninghures, Brassica Rapa, Ortiga, a Duendeneta ou as Meniñas da Mariña, e tamén da banda municipal Pascual Veiga. Haberá ademais actividades complementarias para todas as idades, como a celebración dun magosto popular.

A Xunta colaborou xa economicamente nas edicións anteriores deste festival, que se celebrou por primeira vez en novembro de 2022 coincidindo coa conmemoración...

leer más
Etiquetas:
24/09/2024

A asociación cultural Airiños do Xunco organiza a primeira Mostra de Cantareiras e Cantareiros para o día 5 de outubro, sábado. Será no salón de actos do Concello de Cervo ás 18:30 horas e actuarán os grupos de cantareiras e de cantareiros de Son D’Aquí (A Coruña), da A.C. Saíñas (Xove) e Cordenaia, de Cervo.

“Logo de moitos anos traballando polo grupo, Airiños do Xunco volve a celebrar a súa mostra anual pero desta vez de cantareir@s. Temos o pracer de convidarvos á I Mostra de Cantareiras e Cantareiros, que se celebrará o sábado 5 de outubro no salón de actos do Concello de Cervo. Contaremos co grupo veciño AC Saiñas e os amigos de Son D’Aquí, que veñen dende a Coruña”, anuncia Airiños do Xunco, que engade: “agardámosvos a todos para desfrutar dunha representación da nosa cultura”.

Etiquetas:
24/09/2024

A asociación cultural Airiños do Xunco organiza a primeira Mostra de Cantareiras e Cantareiros para o día 5 de outubro, sábado. Será no salón de actos do Concello de Cervo ás 18:30 horas e actuarán os grupos de cantareiras e de cantareiros de Son D’Aquí (A Coruña), da A.C. Saíñas (Xove) e Cordenaia, de Cervo.

“Logo de moitos anos traballando polo grupo, Airiños do Xunco volve a celebrar a súa mostra anual pero desta vez de cantareir@s. Temos o pracer de convidarvos á I Mostra de Cantareiras e Cantareiros, que se celebrará o sábado 5 de outubro no salón de actos do Concello de Cervo. Contaremos co grupo veciño AC Saiñas e os amigos de Son D’Aquí, que veñen dende a Coruña”, anuncia Airiños do Xunco, que engade: “agardámosvos a todos para desfrutar dunha representación da nosa cultura”.

20/09/2024

A cantante segoviana de neofolk Isabel Aaiún, que é coñecida polo tema Potra Salvaje, actuará en Mondoñedo o día 19 de outubro, sábado, dentro da programación das festas e feiras das San Lucas. Anunciouno a asociación organizadora dos festexos.

O concerto será ás 22:00 horas na Praza do Seminario e as entradas estarán á venda na oficina de turismo mindoniense a partir do 1 de outubro. O prezo será de 5 euros.

 

 

18/09/2024

Ribadeo acollerá este domingo, día 22 de setembro, a actividade denominada “Na praia, música a esgalla”, con Mano Panforreteiro. É para todas as idades, pero os menores de 12 anos deben estar acompañados.

Será desde as 11:30 horas primeiro na praia do Cargadoiro e despois dentro do forte de San Damián. Trátase de recoller lixo inofensivo e materiais naturais para transformalos en obxectos sonoros e tocar, cantar e crear músicas.

Etiquetas:
12/09/2024

A asociación Gaita Escola de Mondoñedo organiza este sábado 14 de setembro a XII Xuntanza de Cantos de Taberna. O encontro terá lugar ás 20:00 horas onde 13 grupos de diferentes puntos de Galicia cantarán e tocarán polos bares e tabernas. O evento está máis que consolidado e a organización conta con xuntar ao redor 160 participantes entre músicos e cantareiros/as. 

Nesta edición propoñen iniciar a xornada cun obradoiro de iniciación ao baile tradicional que se impartirá ás 17:30 horas na Praza do Concello. É unha actividade aberta a todos os públicos e de balde onde se poñerán en práctica os principais puntos de muiñeira e xota. 

Pero aínda hai máis, Gaita Escola convida a seguir a festa cunha foliada aberta na Praza do Concello a partir das 23:30 horas onde todo o mundo ten cabida para tocar, bailar e gozar coa...

leer más
10/09/2024

A décimo sexta edición da Foliada da Mariña celebrarase na Praza do Concello de Xove este sábado, día 14 de setembro, ás 20:00 horas. Haberá música en directo, foliada libre e sorteos. Pero xa ao mediodía, a partir das 12:00 horas, terán cantos de taberna nos bares de Xove.

Está organizada pola Asociación Cultural Saíñas, que anima a asistir para “celebrar a música, a danza e a cultura galega. Non perdas este evento cheo de tradición e diversión”.