Publicaciones

Etiquetas:
05/10/2023

O Concello instalou unha caseta de lectura na zona de xogos infantís do parque de San Francisco. Foi deseñada polo obradoiro de emprego Vilas Coidadoras e será un espazo solidario de intercambio de libros que transmita a maxia pola lectura a toda a cidadanía, especialmente ás nenas e aos nenos. 

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, explicou que “o luns instalouse na zona de xogos infantís do parque de San Francisco unha caseta de lectura. É unha iniciativa deseñada polo obradoiro de emprego Vilas Coidadoras, na especialidade de Dinamización, Programación e Desenvolvemento de Accións Culturais. Queremos agradecer ao alumnado e ao profesorado todo o traballo levado a cabo”.

A edil ribadense indicou: “búscase que esta caseta de intercambio de libros gratis se converta nun espazo solidario cheo de contos que...

leer más
Etiquetas:
03/10/2023

O Concello de Foz comeza este domingo, día 8 de outubro, as actividades para conmemorar o Mes da Biblioteca e engade á súa programación clases de baile de verbena.

A Delegación de Cultura, na súa Área de Biblioteca, conmemora este outubro o Mes das Bibliotecas cunha programación especial que se desenvolverá na Casa da Cultura Poeta Manuel María e dará comezo o vindeiro domingo día 8. “Queremos conmemorar o Día Internacional das Bibliotecas con programación durante todo o mes de outubro. Ademais facémolo en colaboración coa Concellería de Igualdade e as actividades están relacionadas con ese ámbito”, explica a concelleira de Cultura, Inés López Couto.

Este domingo, día 8, ás 11.30 horas no salón de actos da Casa da Cultura Pakolas encherá de música o lugar co espectáculo Ramona na órbita. A dona do tempo, un...

leer más
28/09/2023

A asociación Mariña Patrimonio organiza a presentación dun libro do xeólogo e ensaísta asturiano Jaime Izquierdo Vallina que ten como título ‘De función pública. ¿Cómo va el mundo?’, ilustrado polo artista mariñán Xosé Blanco e editado por Krk Ediciones. O acto terá lugar no Pazo de Santomé (Mondoñedo) ás 19:30 horas do día 6 de outubro, venres, e nel intervirán o autor Jaime Izquierdo mailo ilustrador Xosé Blanco.

Mariña Patrimonio explica que “nesta obra, unha recompilación de artigos publicados polo autor en distintos medios de prensa ao longo dos últimos anos, abórdase a situación de abandono que sofre o medio rural, patrimonio natural e cultural imprescindible para garantir o futuro da nosa sociedade. Desde unha perspectiva, tanto científica coma humanista, o autor ofrece as claves que permiten comprender este fenómeno e as posibles...

leer más
Etiquetas:
28/09/2023

A Biblioteca Municipal de Burela acolle o espectáculo 'A igualdade non ten idade', de Luis Vallecillo, como parte do programa Ler Conta Moito

Terá lugar este sábado, 30 de setembro, ás 18:00 no auditorio da Casa da Cultura de Burela. Esta actividade, gratuíta e dirixida ao público familiar, está organizada pola delegación municipal de Cultura do Concello de Burela.

No espectáculo, ambientado nun futuro non moi distante, Luis ten a oportunidade de contar cómo as rapazas e rapaces do seu tempo foron capaces de cambiar o mundo axudando ás persoas maiores a comprender o que verdadeiramente era a igualdade. Nel descubriremos a “Canción” que permitiu converter todas as inxustizas en oportunidades, logrando unha sociedade na que se respeta a todas as persoas, diversas na súa esencia, pero iguais nos seus dereitos. Todo...

leer más
18/09/2023

A novela titulada ‘A montaña do poeta’, escrita por Lionel Rexes, presentarase en Ferreira do Valadouro este venres, 22 de setembro, ás 20:00 horas. O acto, incluído na programación cultural do Concello do Valadouro, será no local social do parque Concepción Arenal e intervirá Lionel Rexes, gañador do premio Lueiro Rey 2021.

A sinopse da novela é a seguinte: “É pouco coñecido o vínculo do escritor Antonio Noriega Varela, alcumado «O poeta da montaña», cunha vetusta construción situada no Alfoz do Castrodouro. Deste feito real parte unha ficción absolutamente contemporánea, unha trama que recrea o ocaso dun rural onde a mocidade loita por atopar oco e onde os anciáns, acompañados dos seus cans, matan o tempo morto legando a bagaxe da vida. No medio desta existencia rutineira, un suceso con esencia ideolóxica sacode a dinámica do municipio...

leer más
Etiquetas:
16/09/2023

O xoves, 21 de setembro, ás 20:30 horas na Libraría Bahía, de Foz, terá lugar un encontro coa escritora vasca  Edurne Portela e o autor galego Xosé Monteagudo.
Este encontro enmárcase no programa Afinidades Electivas, promovido e financiado polo Ministerio de Cultura.

Edurne Portela doctorouse nos EUA oonde exerceu tamén como docente e investigadora. Vive en España dende o ano 2016 onde publica e colabora en prensa e radio. A súa obra, de grande calidade literaria e ao mesmo tempo capaz de chegar ao gran público, constitúe unha indagación nas distintas formas de violencia, os relatos que construímos sobre a mesma e as feridas que deixan no plano individual e social. Publicou o ensaio El eco de los disparos sobre ETA e a violencia no País Vasco, que vai pola terceira edición e as novelas Mejor la ausencia, Los ojos cerrados e Formas...

leer más
Etiquetas:
12/09/2023

O Concello de Viveiro organiza varias actividades na biblioteca pública municipal ao longo dos meses de setembro e outubro. Esta programación, baixo o nome ‘Ler conta moito’, contará coa presenza da poeta Yolanda Castaño ou do artista Magín Blanco. 

A concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, sinala que, cos eventos previstos, o Concello de Viveiro “continúa coa súa aposta por promover a lectura dende a infancia dun xeito lúdico á vez que educativo”. A entrada a estes actos será, en todos os casos, de balde ata completar aforo, podéndose reservar prazas acudindo previamente á biblioteca para coller entradas. 

A primeira cita deste ciclo de actividades terá lugar este venres, 15 de setembro, ás 20:00 horas na sala multiusos do Concello de Viveiro, e está dirixida a un público xuvenil e adulto....

leer más
12/09/2023

O Concello de Barreiros organiza para este sábado, 16 de setembro, ás 20  horas na biblioteca pública municipal a presentación do libro ‘En Brandán’ da escritora barreirense Lucía Ferro.

Segundo conta a autora, “a obra é unha novela negra no que é a estrutura e o seu desenvolvemento argumental. Pero despois, a maiores, ten bastante humor, os personaxes son moi normais, son xente que atopas nun pobo, nunha vila. Entón tamén atopas unhas conversas máis naturais, cun algún tabú que outro que ou ben se fala directamente ou ben se deixa entender. E logo ten tamén de parte curiosa que dá un aire a obra de teatro, porque cando comecei a escribilo fun poñéndome a min mesma o reto de mellorar as conversas. Así que empecei centrándome máis aí e digamos que iso acabou por facer que sexan o que ten máis peso no libro”.
 
Na biblioteca...

leer más
Etiquetas:
12/09/2023

A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias (AFAN), de Burela, abre a súa axenda de actividades do mes do Alzheimer coa presentación en Burela da novela ‘Morir dos veces’, de Alejandro Seral. Será este mércores, 13 de setembro, ás 17:00 horas no auditorio da Casa da Cultura de Burela.

AFAN Burela explica que é “un libro emotivo cun enfoque valente e esperanzador sobre como o autor afrontou o Alzhéimer do seu pai. O acto constará de 2 partes: proxección e comentario dunha reportaxe feita ao autor no Programa ‘Crónica’ de TVE; e presentación da novela con rolda de preguntas”.

Organizan AFAN Burela e Alejandro Seral, coa colaboración das Concellarías de Servizos Sociais e de Cultura do Concello de Burela.
 

05/09/2023

Desde este pasado luns, 4 de setembro, a Biblioteca Pública Municipal de Barreiros modificou o seu horario de apertura ofertando 50 horas semanais, 15 máis que no horario de tempada anterior. Agora está aberta os luns de 10:00 a 15:00 horas e de martes a venres de 10:00 a 19:00 horas.

O Concello de Barreiros explica que “con este novo horario continuo búscase que as persoas usuarias teñan máis flexibilidade á hora de utilizar os servizos que oferta a instalación”.