Alfoz

Etiquetas:
15/12/2020

O Concello de Alfoz organiza diversas actividades para os nenos e as nenas durante as datas de Nadal.

Este sábado, 19 de decembro, ás 19:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura terá lugar unha representación de monicreques con O Apalpador e a nena sen medo, da Xanela do Maxín. Esta actividade está subvencionada pola Deputación Provincial de Lugo a través do Plan Único.

O domingo 20 ás 19:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura representarase A viaxe do señor López, de Producións Teatrais. A entrada é gratuíta e o aforo será limitado. A actuación está subvencionada pola Área de Cultura da Deputación Provincial.

O 28 de decembro desenvolveranse actividades variadas para nenos e nenas de 3 a 12 anos, en horario de 10:30 a 13:00 horas, dentro do programa Nadal na Biblioteca. O...

leer más
Etiquetas:
11/11/2020

O Concello de Alfoz organiza o XVIII Concurso de Postais de Nadal no que poderán participar todos os nenos e nenas empadroados no municipio, con idades entre os 3 e os 16 anos.

O prazo de presentación das postais remata o 11 de decembro e deberán ser entregadas na Biblioteca Municipal de Alfoz. Cada traballo terá que ir acompañado da ficha de inscrición debidamente cumprimentada e cada participante só poderá presentar unha obra, que terá que ser orixinal e inédita.

A técnica empregada será a do debuxo a lapis, rotuladores, ceras ou collage. As postais estarán feitas sobre cartolina de tamaño A5 (DIN A4, folio normal dobrado pola metade). A temática terá que estar relacionada con motivos do Nadal e quedarán excluídos os traballos cuxo contido poida causar rexeitamento social por ser racista, sexista, xenófobo ou...

leer más
Etiquetas:
10/11/2020

O Concello de Alfoz organiza un obradoiro de Cine en Igualdade, que se celebrará este mércores, día 11 de novembro, e xoves 12. Está dirixido a rapazas e rapaces con idades entre 12 e 16 anos.

Esta actividade é gratuíta e a inscrición debe facerse antes do seu comezo. Poderán participar un máximo de dez persoas e aplicarase o protocolo covid sendo obrigatorio o uso de mascarilla.

O mércores, día 11, abordarase o tema da gravación de vídeos, e o xoves 12 a edición e creación de vídeos. O horario será de 16:30 a 19:30 horas.

Colaboran nesta actividade: Xunta de Galicia, a través de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdad; e Fondo Social Europeo. 

 

09/11/2020

O salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz acollerá o 13 de novembro, venres, ás 20:00 horas a representación da obra de teatro familiar Rosalía, unha produción de Culturactiva. 

É unha hora de teatro para toda a familia na que os asistente poderán gozar do retrato da vida infantil da escritora Rosalía de Castro no momento en que ten que trasladarse desde a aldea á cidade. A obra ofrece unha imaxe da poetisa galega afastada do tópico, como unha nena imaxinativa, divertida, rebelde e que xoga coas palabras.

O acceso é libre e gratuíto ata completar aforo.

Etiquetas:
02/11/2020

O salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz acollerá este sábado, día 7 de novembro, ás 19:00 horas a representación de teatro familiar titulada A viaxe do Sr. López, a cargo de Produccións Teatrais Señor López, unha creación do actor, dramaturgo e docente Rubén Pérez.

É unha representación para todos os públicos, con entrada gratuíta e aforo limitado. Está organizada polo Concello de Alfoz coa colaboración da Deputación de Lugo.

 

Etiquetas:
02/10/2020

Mañana, 3 de octubre, tendrá lugar en Alfoz (Lugo) el acto de presentación del libro “O bispado de Mondoñedo na Idade Media: territorio, comunidade e poder”, autoría del historiador Carlos Andrés González Paz (Alfoz, 1977), investigador del CSIC en el IEGPS.

El libro, publicado por la Editorial CSIC, constituye el número 49 de la serie del IEGPS “Anejos de Cuadernos de Estudios Gallegos”. Se centra en el estudio de la región del obispado de Mondoñedo entre los siglos IX y XIII y su cometido es avanzar, a través de la presentación e interpretación de la información recopilada por su autor, en el conocimiento sobre su trayectoria histórica medieval.

Su presentación tendrá lugar en el marco de las “Xornadas de Estudos Históricos” de Alfoz, que comienzan hoy y en cuya organización colabora el IEGPS con ponencias a...

leer más
Etiquetas:
28/09/2020

A Banda de Música de Foz ofrecerá un concerto en Alfoz o vindeiro domingo, 4 de outubro.
A actuación terá lugar a partires das 12:00 horas no campo da festa de San Pedro de Mor.

En caso de mal tempo trasladarase ao pavillón municipal.

O evento está organizado polo Concello de Alfoz e pola Deputación de Lugo, a través de Vicepresidencia e Cultura.

 

Etiquetas:
22/09/2020

O Concello de Alfoz organiza a A Maxia da Igualdade a cargo de David Méndez. Será este sábado, 26 de setembro, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura.

É un espectáculo didáctico no que, a través dunha escenificación máxica versátil e áxil, a maxia convértese nunha ferramenta de fomento da igualdade, ao facilitar o desenvolvemento de factores como a autoestima, a creatividade ou as habilidades sociais, que poden previr determinados comportamentos. Non se trata dunha fórmula máxica senón dunha ferramenta máis de prevención.

A actividade enmárcase na campaña Ler conta moito a través da Rede de Bibliotecas Públicas. 

 

Etiquetas:
11/09/2020

O Concello de Alfoz preparou para este mes un Ciclo de Cine, que terá lugar os domingos 13, 20 e 27 de setembro con películas para toda a familia. 

Será no salón de actos da Casa de Cultura as 19:00 horas. O día 13 proxectarase a película “Miss Agente Especial”, o día 20 “Mi querido Frankie” e o 27 “Quiero ser como Beckham”. 

Colaboran con esta iniciativa a Unión Europea, a Xunta de Galicia e o Goberno de España. 

 

Etiquetas:
10/09/2020

Alfoz acolle o sábado, 12 de setembro, a obra teatral Relatos negros, de Manuel Maquiña e dirixida por Darío Autrán. 

A cita terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura as 20.00 horas e a entrada será gratuíta cun aforo limitado a 50 persoas. As entradas poderán recollerse no Concello ata o 11 de setembro. En caso de quedar algunha localidade dispoñible o sábado, as entradas poderán recollerse antes da función na entrada da Casa da Cultura.

Dende o Concello recordan que é obrigatorio cumprir coas normas de hixiene e seguridade vixente e será necesario o uso da máscara durante todo o evento.

Organizan: Concello de Alfoz, Rede de Bibliotecas Públicas e a Consellería de Cultura e Turismo.