Alfoz
A ANPA do CEIP Castro do Ouro de Alfoz organiza a Cabalgata de Reis que terá lugar o sábad, 5 de xaneiro, e que sairá da Casa da Cultura ás 15:45 horas.
A comitiva real visitará a vivenda comunitaria ás 15:50 horas, e posteriormente parará na igrexa das Oiras, na igrexa do Pereiro, na capela do Santiago e na escola da Pinguela. Ás 16:45 horas visitará o campo de fútbol, e despois deterase en Reirado ás 17:10 horas, en Vilaude ás 17:20 h., na igrexa de Bacoi ás 17:35 horas, no Trece ás 17:45 h., na igrexa de Carballido ás 17:55 h. e na igrexa de Adelán ás 18:10 h. A cabalgata dos Reis Magos de Oriente visitará ademais o Castelo ás 18:25 horas, parará na Seara ás 18:45 h. e ten prevista a chegada ao pavillón ás 18:55 horas. A organización informa que os horarios previstos son aproximados.
No pavillón municipal, a...
leer másO Concello de Alfoz convoca o II Concurso “A túa decoración de Nadal” que consiste en fotografar decoracións de Nadal propias e compartilas na páxina de FacebookCultura Turismo ALFOZ. Cada participante poderá presentar un máximo de dúas fotografías e o traballo debe levar título e o nome do autor.
O prazo para participar e votar as fotografías será dende o xoves 20 de decembro ata o venres 4 de xaneiro ás 00:00 horas. A medida que cada participante comparta a súa fotografía, a páxina Cultura Turismo ALFOZ irá engadindo ao álbum II Concurso de Nadal: “A túa Decoración de Nadal” todas as fotos e soamente dende aí se poderán votar. Contabilizaranse os “me gustas” recibidos en cada foto do álbum.
Poderán participar todas as persoas maiores de 18 anos que lle teñan dado a “me gusta” á páxina Cultura Turismo ALFOZ e...
leer másO Concello de Alfoz finaliza o programa `Rutas de Outono`, que se celebrou nos meses de outubro, novembro e decembro, este domingo 16 coa ‘Ruta dos Castelos’.
A ruta guiada sairá ás 9:30 horas do Castelo do Castrodouro. A dificultade é alta (haberá servizo de bus), ten unha distancia de 8´9 quilómetros e a duración aproximada é de tres horas.
As persoas interesadas poden obter máis información e realizar as reservas no número de teléfono 657 849 200 e na dirección de correo electrónico ofreixodoslobos@gmail.com.
O Concello de Alfoz, a través da Biblioteca Pública Municipal, convoca o XVI Concurso de Postais de Nadal Alfoz 2018.
As bases do certame recollen que poden participar todos/as rapaces/as que o desexen, a temática é o Nadal e a técnica a empregar será a do debuxo a lapis, rotuladores, ceras ou collage, sempre e cando non leven elementos que sobresaian. As postais serán feitas sobre cartolina de tamaño aproximado DIN A4 dobrado pola metade.
O prazo de presentación de traballos remata o 12 de decembro, debendo ser entregados polos seus autores na Biblioteca Pública Municipal. O fallo do xurado darase a coñecer días posteriores.
O primeiro premio consistirá a reprodución da postal como felicitación oficial do Concello de Alfoz para o Nadal 2018, elixida entre todas as categorías: Infantil A...
leer másO Concello de Alfoz organiza o Ciclo de Teatro de Outono que comezará o venres, 26 de outubro, coa sesión de contacontos a cargo do grupo A Biblioteca Secreta, con Marisa Irimia como narradora. Será ás 15:00 horas e inclúese no programa Ler conta moito da Xunta de Galicia.
O sábado, 27 de outubro, o grupo A Peneda representará a obra A cea dos idiotas. Terá lugar ás 19:00 horas, dentro do ciclo Buxiganga da Deputación de Lugo.
O 2 de novembro o grupo Elefante Elegante presentará a obra Asubíos, ás 19:00 horas, e incluído no programa Falaredes da Xunta de Galicia.
O 3 de novembro, o grupo Unidade do Zono representará a obra Tren a Nápoles, ás 19:00 horas, dentro do ciclo Buxiganga da Deputación de Lugo.
O 10 de novembro o grupo Os pícaros de Lagoa, presentará a...
leer másO Concello de Alfoz organiza as Rutas de Outono que se celebrarán nos meses de outubro, novembro e decembro.
Darán comezo o domingo, 21 de outubro, coa Ruta dos Castelos, que sairá ás 9:30 horas do Castelo do Castrodouro. A dificultade é alta (haberá servizo de bus), ten unha distancia de 8´9 quilómetros e a duración aproximada é de tres horas.
O 1 de novembro terá lugar a Ruta da Fervenza do Escouridal, que sairá ás 9:30 horas da Casa da Cultura de Alfoz. O nivel de dificultade é medio-baixo cunha distancia de 5´2 quilómetros e unha duración de dos horas e media.
No mes de novembro, o día 18 farase a Ruta do Río Ouro, que sairá ás 9:30 horas da área recreativa da Pontenova. A dificultade é baixa (ideal para nen@s), ten unha distancia de 3´6 quilómetros e unha duración aproximada dunha...
leer másA Delegación de Servizos Sociais do Concello de Alfoz organiza o XXVII Festival da Terceira Idade o 7 de outubro.
A festa está dirixida a todas aquelas persoas que teñan máis de 65 anos ou sexan pensionistas, que poderán ir acompañadas dos seus cónxuxes.
O programa de actividades para esa xornada dará comezo ás 12:30 horas, cunha misa na igrexa parroquial de San Pedro de Mor. A continuación celebrarase unha comida de confraternidade na Finca Galea.
As persoas interesadas en asistir a esta festa deberán inscribirse na Oficina de Servizos Sociais do Concello. O prazo remata o 3 de outubro.
O Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA) presenta este sábado, 1 de setembro, o número 2 da súa revista Candea Branca. O acto terá lugar na Casa da Cultura de Alfoz ás 20:00 horas.
Esta segunda entrega abarca desde xaneiro de 2017 ata xullo de 2018 e presenta traballos literarios e de investigación de autores mariñáns. Neste número hai colaboracións de Arturo Mogo, Antonio Reigosa, Andrés García Doural, Xoan Ramón Fernández Pacios, Lola Sánchez Orol, Paco Piñeiro, Xosé Isidro Fernández Vilalba, Fran Bouso, Claudia Pena, Pablo Mosquera, Beatriz Yáñez, Rita Morrigan, Alfonso Otero Regal, Pedro Rubal, Isaac Ferreira, Ramón Hermida, Alberto Geada, Lionel Rexes, Xavier Pardiñas, Pepe Blanco, Susi Paz e Miguel Vila.
A publicación recolle ademais a sección de noticias do SEVA coas actividades organizadas polo...
leer másA obra teatral ‘O palco e as lúas’ do autor e director Manuel Lourenzo será representada na quinta edición do Teatro no Castelo, que terá lugar o vindeiro sábado 25 de agosto ás 21.00 horas nas inmediacios do Castelo do Castrodouro en Alfoz.
O Clube Teatral Elsinor será o encargado da representación na que actuarán Manuel Lourenzo, Cristina Fuentes, Margot R. Alvarade, Carme Martinez, Xosé Martínez, Xulia Miguel e Xabier Esteller.
SOBRE O DIRECTOR
Manuel Lourenzo, nado en Ferreira do Valadouro, é actor, dramaturgo, director teatral, tradutor e dinamizador de diferentes iniciativas teatrais.
Manuel Lourenzo cursou estudos de Maxisterio. Entre 1962 e 1964, viviu en Alemaña. Volta a Galiza e, en 1965, xunto con Francisco Pillado, o Grupo de Teatro O Facho, grupo ligado á Agrupación...
leer más












