Burela
A Concellería de Cultura programa para este venres, 4 de maio, unha representación teatral que correrá a cargo do Grupo de Teatro Andanzas, de Viveiro, que porá en escena a obra Las Entretenidas de Miguel Mihura.
A cita terá lugar mañá no auditorio da Casa da Cultura de Burela ás 21:00 horas. A entrada é libre e para todos os públicos.
A comedia de Miguel Mihura Las Entretenidas estreouse o 12 de setembro de 1962 no Teatro da Comedia de Madrid, e inclúese entre outros dos seus grandes éxitos como Tres sombreros de copa e Melocotón en almíbar.
Ademais este domingo, 6 de maio, a Casa da Cultura de Burela acollerá o Festival de Primavera organizado pola asociación Arume.
O evento dará comezo ás 18:30 horas e os grupos invitados serán Amado Lar e Osorio Gutiérrez. A...
leer másDo 9 ao 13 de xullo Burela acollerá un novo campus de verán do CD Lugo para nenos e nenas nados entre os anos 2001 e 2011. Na presentación, que tivo lugar hoxe na capital da provincia, participou o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, que agarda que o evento sexa un éxito.
O edil burelés explicou que “fomos invitados polo Club Deportivo Lugo á presentación do campus do CD Lugo que se vai celebrar por segundo ano en Burela. É unha cousa que nos enche de satisfacción que ese club elixa Burela para ampliar o seu ámbito de acción e para facer este campus. Será do 9 ao 13 de xullo. O ano pasado tivo moito éxito e esperamos que este tamén sexa moi exitoso. Seguimos colaborando co Club Deportivo como o estamos facendo desde o Concello de Burela e unha parte importante desa colaboración é debida ao grandes lazos de amizade que unen ao...
leer másDesde o vindeiro luns, 30 de abril, os xubilados empadroados en Burela poderán anotarse para participar no XX Día do Xubilado que se celebrará o 13 de maio organizado polo Concello. As inscricións faranse nas dependencias municipais en horario de 08:00 a 15:00 horas. O evento foi presentado hoxe polo alcalde, Alfredo LLano, e pola concelleira de Servizos Sociais, Patricia Otero.
Para conmemorar o XX Día do Xubilado do Concello de Burela terá lugar unha recepción aos xubilados na Casa da Cultura e posteriormente unha comida amenizada con música de orquestra. O Concello fará entrega aos asistentes dun detalle conmemorativo da xornada, e habilitará autobuses para o desprazamento desde a Casa da Cultura ao recinto onde terá lugar o xantar.
A concelleira de Servizos Sociais, Patricia Otero, lembrou que “este equipo de...
leer másAs XXV Xornadas Técnicas Expomar, que se desenvolverán os días 3 e 4 de maio, serán inauguradas pola conselleira do Mar, Rosa Quintana, e clausuradas polo presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos. Nesta cita abordaranse temas como a política pesqueira comunitaria e os hábitos de consumo, nutrición e trazabilidade. O alcalde de Burela e presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano, fai unha chamada ao consumidor a asistir á mesa redonda do venres, debido aos temas que se abordarán: a importancia do peixe na dieta nutricional, a trazabilidade, o etiquetado e a información ao consumidor, entre outros. Paralelamente o venres, día 4, tamén se celebrará o Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras.
Llano subliñou que “este ano ten a particularidade de ser o 25 aniversario, o cal ven indicar que hai interese desde a Fundación...
leer másDentro das actividades programadas para este curso e incluídas nos actos conmemorativos do 20º aniversario da fundación da Escola Municipal de Música de Burela, a aula de chelo, formación básica, violas e coro infantil ofrecerán mañá, xoves 26 de abril, ás 19:00 horas na sede do centro un concerto de alumnos destas especialidades.
Anunciouno o director da escola de música, Xan Carballal, quen especificou que neste concerto interpretarán obras de Suzuky, Mozart e Mendelsohn, entre outros compositores.
Neste acto participarán 40 alumnos con idades comprendidas entre os catro e os 16 anos.
A Delegación de Medio Ambiente organiza un taller de horta familiar ecolóxica que terá lugar o 15 de maio. Desenvolveras na Praza de Abastos en horario de tarde da 16:00 á 20:00 horas.
O número de prazas é limitado a 20 alumn@s, e as persoas interesadas poden inscribirse na oficina de Medio Ambiente ou no teléfono 982 580 867.
A concelleira de Medio Ambiente, Noelia María Ben, anima a participar neste taller no que “terán prioridade os veciños e veciñas de Burela”.
A edil burelesa salienta que “o obxectivo é presentar os primeiros pasos para crear ou transformar unha pequena horta ecolóxica destinada ao autoconsumo así como a resolver as inquedanzas máis habituais”.
Este taller será coordinado polo espazo agroecolóxico A Estruga e impartido polo...
leer másDe Burela sairá a carreira popular Banco Mediolanum o vindeiro 10 de xuño e o 21 de xullo terá lugar a terceira edición da Burela Bonita. Así o anunciou esta tarde o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey.
O edil burelés explicou que “onte foi un día duro de traballo na Concellería de Deportes de Burela, onde tivemos dúas reunións para cerrar dúas probas de atletismo que para nós son moi importantes. Unha que se vai celebrar o día 10 de xuño, que é a carreira que organiza o banco Mediolanum. Tivemos unha reunión coa dirección técnica da carreira e xa podemos confirmar que o día 10 de xuño con saída desde Burela vamos ter a carreira popular Banco Mediolanum de Burela a Foz. Este ano cámbiase a chegada, que será en Foz, pois ano pasado fora en Burela”.
E seguiu a relatar: “ademais diso tivemos unha reunión...
leer másA Concellería de Medio Ambiente convoca o III Concurso de Fotografía Coidemos a Terra. O prazo de presentación de traballos vai do 21 de abril ao 20 de maio.
Neste certame poden participar todas as persoas que o desexen, residentes en Burela. Aquelas que sexan menores de idade, no momento da inscrición, deberán contar coa autorización do seu pai/nai ou titor legal, debendo indicar os datos na ficha de inscrición.
O concurso establece as categorías Infantil (ata 12 anos), Xuvenil (de máis de 12 anos e ata os 17), e Adulto (maiores de 18 anos).
As fotografías deberán ser orixinais e inéditas, e realizadas con calquera tipo de cámara fotográfica. Terán que ser de praias de Burela –xa que a temática é As praias de Burela-, e indicar o lugar onde foron tomadas, e cada persoa poderá enviar un...
leer másA Concellería de Cultura de Burela programa para a vindeira fin de semana dúas representacións teatrais e a actuación de Leo Bassi, o domingo 22 de abril, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura.
O venres, día 20, a asociación dramatúrxica Pico do Castro de Foz representará a obra Matías está tolo. Será ás 21:00 horas na Casa da Cultura de Burela. A entrada será de balde.
A historia conta como Matías esperta no seu apartamento cunha estraña muller que di chamarse Patricia e que asegura que el a convidou a aloxarse por uns días. A situación complícase aínda máis coa aparición de Xiana, a moza que lle interesa, da que está namorado e que ademais é a súa veciña. Matías está decidido a entregarlle todo o seu amor pero súa nai, sobreprotetora en grao extremo, trata de impedilo. Entradas e saídas permanentes caracterizan...
leer másO Concello de Burela colabora cunha Ruta Ciclista que organiza o IES Perdouro o 19 de abril. Será un percorrido de pouca dificultade, de case 13 km, por Burela. Participarán alumnos deste IES así como calquera persoa que o desexe. Acudir é libre. Os que asistan só teñen que ir con bici e casco ás 12:20 ao IES Perdouro, xa que este será o punto de saída.
Colabora tamén Cerezo Bikes, que prestará axuda en caso de pinchazo ou avaría. Dende a Delegación de Deportes, Ramiro Fernández Rey, anima a participar nesta Ruta Ciclista por Burela o vindeiro xoves, 19 de abril.