Burela
O Concello ofrecerá unha recepción ás Guerreiras Laranxas mañá, 27 de xuño, despois de térense proclamado campioas de Liga esta pasada fin de semana.
A alcaldesa de Burela, Carmela López, explicou que “ás sete da tarde un tren turístico vai recoller ao equipo no pavillón Vista Alegre para percorrer as principais rúas da nosa vila e ás oito recibirémolas aquí na Praza do Concello”.
A rexedora convidou “a todos os veciños e veciñas a participar nesta homenaxe ás Guerreiras Laranxas. As rapazas do Pescados Rubén Burela FSF proclamáronse campioas de Liga esta pasada fin de semana, despois de ter conseguido a Copa da Raíña, a Supercopa de España e a Copa Xunta de Galicia esta tempada. Son unhas heroínas e esta homenaxe é mais que merecida, polo que supoñen para Burela e polos valores que transmiten sobre todo ás máis...
leer másBurela celebrará este venres por segundo ano consecutivo a noite do San Xoan Castrexo con unha festa organizada pola Asociación Burela Castrexa, que tamén se encarga dos actos conmemorativos da “X Festa Castrexa”.
A noite de San Xoan celebrarase con unha parrillada popular a carón da praza do Concello, con sardiñada e churrascada ao prezo de 10 euros cada ración. A venda anticipada dos tickets remata este mércores 21 de xuño ao prezo reducido de 8 euros cada ración, e pódense adquirir en Gráficas Arfe, Perruquería Campón, Suministros Rol e Óptica Afflelou Burela.
A programación do venres de San Xoán comeza ás 20:30h co concerto gratuíto de “A Banda da Loba” na praza do Concello, e rematará de madrugada coa actuación da Orquesta Origen e de Dj Litainer.
Para amenizar a cea celebrarase unha...
leer másDo 3 de xullo ao 23 de agosto terá lugar unha nova edición da ocioteca de verán, que organiza o Concello de Burela. Hoxe foi presentada polo alcalde, Alfredo Llano, e polas monitoras da Aula Medio Ambiental Gaia.
O rexedor explicou que “o obxectivo é facilitarlle aos nenos e ás nenas de Burela un tempo de lecer de calidade, desenvolvendo valores como a cooperación, o respecto e a tolerancia”.
O horario da ocioteca será de 9 a 13:30 horas. As actividades levaranse a cabo nas instalacións do Ceip Virxe do Carme.
O número de prazas ofertadas é de 50 para o grupo de infantil e 1º de Primaria e de 25 prazas para a rapazada de 2º e 3º ciclo de Primaria. O prazo de inscrición será do 19 ao 21 de xuño na Oficina de Gaia, situada na praza de abastos. A listaxe de admitidos darase a coñecer o...
leer másEste mediodía presentouse no Pazo de San Marcos unha nova edición do torneo de fútbol sala base “Memorial Rodrigo Maseda Lozano”, que reunirá na Mariña equipos de base de todo o Estado en memoria do policía burelés que perdeu a vida ao intentar rescatar un mozo na praia coruñesa do Orzán en 2012 xunto a outros dous compañeiros - José Antonio Villamor e Javier López-.
O torneo disputarase do 23 ao 27 de xuño en Burela (Vista Alegre e Monte Castelo), San Cibrao (A Veiga), Xove (Pavillón Municipal), Viveiro (Pavillón Municipal) e Foz (Torques de Marzán), unha sede compartida que procura extender pola comarca o espectáculo deportivo e o dinamismo social e económico deste tipo de citas, así como a lembranza de Rodrigo Maseda Lozano.
A Fundación Indecum, que organiza o evento co apoio económico da Vicepresidencia da...
leer másO Concello de Burela procedeu á dixitalización dos libriños antigos das festas, que poderán ser consultados na web municipal a partir do vindeiro luns, 19 de xuño, segundo deu a coñecer hoxe o concelleiro de Cultura, José Díaz.
O edil burelés contou que “a partir del próximo lunes estará disponible en la web del Concello www.burela.org un acceso a los libriños antiguos de las fiestas patronales digitalizados. Esto se produce después de la exposición que hicimos aquí entre los días 1 y 12 de junio. Decidimos digitalizar esos libros y colgarlos en la web del Concello para que cualquiera los pueda ojear”.
Díaz explicou que “están desde 1947 hasta 1984, son 11 en total. No son todos los que podrían ser, pero si que animo a cualquier vecino que tenga libros de fechas distintas a...
leer másO VII Torneo Marosa Cup de fútbol reunirá a máis de 40 equipos en Burela os días 24 e 25 de xuño. O evento deportivo foi presentado nas últimas horas.
O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, contou que “se trata dun torneo que xa está máis que asentado no calendario de torneos que se fan nestas datas en Galicia. Van participar máis de 40 equipos este ano, co que pega un salto de calidade importante nesta edición, que conta co apoio do Concello de Burela e da Deputación de Lugo”.
O edil burelés subliñou que “o Concello está a disposición do Porto de Burela e da SD Burela como organizadores, para axudarlles a que todo salga o mellor posible. Queremos agradecerlles ás directivas o traballo que fan por manter este gran torneo, que sabemos que supón pola súa parte un grandísimo esforzo”.
... leer másEsta mañá presentouse no CENIMA (Foz) a quinta edición do 15K da Mariña Banco Mediolanum, que se desenvolve este domingo entre Foz e Burela nun circuíto totalmente costeiro.
Nela participaron o alcalde e a concelleira de Deportes de Foz, Francisco Cajoto e Gema Méndez, o alcalde e o concelleiro de deportes de Burela, Alfredo Llano e Ramiro Fernández, así como diferentes FamilyBankers do Banco Mediolanum e Serafín Martinez, director do evento.
Serafín Martínez, indicou que ademais da xa tradicional Andaina, este ano incorpórase como novidade a posibilidade de inscribirse na distancia de 5 kms para aqueles participantes que decidan optar por un percorrido menos esixente.
A saída da carreira de 15K terá lugar o domingo 11 de xuño ás 11:00 horas dende a praia de Llas para rematar no concello...
leer másConcello de Burela e comisión organizadora das festas propóñenlle ás atraccións do recinto feiral que funcionen sen música durante unha hora, de seis a sete da tarde, do 2 ao 5 de xuño para facilitar o disfrute das persoas afectadas por alteracións do espectro autista.
A concelleira de Festexos e presidenta da comisión organizadora, Toñi Eijo, explicou que “desde o Concello e desde a comisión organizadora das festas para facilitar que as persoas afectadas por alteracións do espectro autista, que padecen de problemas sensoriais, solicitamos ao recinto feiral de atraccións que ofreza os días 2, 3, 4 e 5 en horario de seis a sete da tarde o funcionamento desas atraccións sen música para que estas persoas disfrutar dos nosos festexos”.
Eijo engadiu que “todas e todos temos o dereito de poder gozar das nosas festas...
leer másEl próximo 26 de junio arrancará una nueva edición, y ya van 10, de la Escuela de Minitalentos, que organiza Academia A Mariña para niños y niñas con edades comprendidas entre los 3 y los 13 años. Se trata de un proyecto educativo pionero en Galicia, que trabaja la autoestima, la motivación y las inteligencias múltiples. El plazo de inscripción está abierto.
La directora de la Escuela de Minitalentos, Raquel Hermida, destaca que “la Escuela de Minitalentos es un programa de desarrollo infantil para fomentar el talento de los niños y las niñas. Nuestros objetivos son llenar las mochilas de los niños y niñas de experiencias nuevas, contenidos y fortalezas, fomentando la autoestima y su motivación. Además otro objetivo es el de potenciar sus capacidades y habilidades para que siempre puedan contar con ellas. Aprendemos a trabajar en equipo...
leer másO vindeiro xoves, 25 de maio, ás 20:00 horas será inaugurada na Biblioteca Pública Municipal a exposición "Burela a través dos libros das festas" onde se poderán visualizar exemplares que datan desde o ano 1950 ata o 1999.
A mostra permanecerá aberta ata o 12 de xuño e poderá ser visitada de luns a venres de 9:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 horas.
Xa o venres, día 26, ás 21:00 horas será a misa na honra da Virxe do Carme e a procesión desde a igrexa da Vila do Medio ata parroquial, que estará acompañada da Banda de Gaitas Dambara.
O sábado, día 27, terá lugar o pregón a cargo de Albano González Cancio na Casa da Cultura, e actuación da Escola de Música de Burela. Ao seu remate está prevista a actuación tamén do dúo Manopuesta.
E o domingo 28 será o día infantil con inchables na praza do Concello ao longo da tarde. Esa xornada celebrarase tamén unha nova...
leer más












