Burela
Isla LeTriska chegará a Burela o venres, 27 de agosto, para representar ás 20:30 horas na Praza da Mariña un espectáculo familiar de novo circo e humor. Un número delirante no que combina novas disciplinas circenses como o malabarismo, o pallaso ou o equilibrio xunto con excentricidades e xogos co público.
Un personaxe eléctrico e bastante tolo sorprenderá a todos realizando fazañas como malabares incribles, memorizando centos de nomes, dando novos usos a obxectos cotiáns ou convertendo a un neno nun gran artista de circo. Habilidade, perspicacia, velocidade mental e sobre todo tolemia, moita tolemia.
A entrada será de balde. O evento seguirá o protocolo covid: máscara, hidroxel e distancia de seguridade entre o público asistente.
Cine e música son as propostas da axenda cultural de Burela para esta semana.
Este mércores, 18 de agosto, volverá o cine ao aire libre. Ese día terá lugar unha nova sesión de Cine na Rúa coa proxección da película Abominable. Será na Praza da Mariña a partir das 22:00 horas.
O sábado, 21 de agosto, a Orquestra de Cámara do Festival Bal y Gay presentará O Amor Bruxo de Falla, baixo a dirección de Jaume Santonja e coa cantaora María Toledo. A actuación terá lugar no Auditorio de Burela e dará comezo ás 20:30 horas. A reserva de entradas pódese facer en www.festivalbalygay.com.
Rastrillo Popular Solidario
E o 29 de agosto terá lugar unha nova edición do Rastrillo Popular Solidario, que organiza a Concellería de Cultura. Será na Praza da...
O vindeiro mércores,18 de agosto, volverá a Burela o Cine ao Aire Libre coa proxección en pantalla xigante do filme infantil “Abominable” ás dez da noite na praza da Mariña.
Yi é unha adolescente máis na enorme cidade de Shangai. Un día atópase a un pequeno yeti na azotea do seu edificio. A supostamente “abominable” criatura que se escapou do laboratorio onde estaba encerrada está a ser buscada por toda a cidade. Xunto cos seus enxeñosos amigos Jin e Peng Yi decide axudarlle a fuxir e os catro embárcanse nunha épica aventura para reunir á mítica criatura coa súa familia no pico máis alto do mundo: o Everest.
A duración é de 97 minutos. A entrada será de balde. O evento seguirá o protocolo covid: máscara, hidroxel e distancia de seguridade entre o público asistente.
Con máis ganas ca nunca. Por fin volve a Escola Laranxa para reunir a ilusión das pequenas Xoias en 7 categorías, entre Biberón e Xuvenil. Xa podes reservar a túa praza para o curso 2021-22 doadamente a través da seguinte ligazón: https://burelafs.org/gl/o-club/inscricion-base/
Categorías
-Biberón mixto (2016/17)
-Prebenxamín mixto(2014/15)
-Benxamín mixto (2012/13)
-Alevín masculino (2010/11)
-Alevín feminino (2010/11)
-Infantil masculino (2008/09)
-Infantil feminino (2008/09)
-Cadete masculino (2006/07)
-Cadete feminino (2006/07)
-Xuvenil masculino (2003/04/05)
Matrícula
O importe de cada categoría dividirase en catro cotas (trimestrais). No caso...
leer másO festival Osa do Mar, de Burela, que celebrará a edición deste ano 2021 os días 24 e 25 de setembro, ten xa cinco grupos musicais confirmados: Blanco Palamera, Delaporte, The Rapants, Veintiuno e Verto.
A pasada fin de semana empezou a venda de entradas para os dous días do festival. Os organizadores están pendentes da evolución da pandemia e das restricións sanitarias para decidir o lugar de celebración e outros detalles deste evento musical.
Tirso Paz, de Barcelona, foi o vencedor do V Certame de Pintura Mural Amarte, que se desenvolveu no muro do porto de Burela desde o pasado xoves, 5 de agosto.
Coa súa obra Meiga do Mar, Tirso Paz levou o primeiro premio dotado con 1.500 euros. O segundo premio foi para Ana Repullo, de Barcelona, con Marineros que levou un premio de 750 euros. E o terceiro premio, dotado de 300 euros, foi para Martín Cal, da Coruña, con A nosa Burela.
A entrega de premios tivo lugar este mediodía. O Certame Amarte foi organizado pola Concellería de Cultura de Burela.
Burela rende estes días unha homenaxe á Feira do Bonito que non se pode celebrar do xeito tradicional, debido á situación sanitaria ocasionada pola pandemia do covid. Ata o domingo, 8 de agosto, teñen lugar xornadas gastronómicas, actuacións musicais, o Certame Amarte e unha exposición dos carteis da feira que se pode ver por todo o pobo. O alcalde burelés, Alfredo Llano, convida a achegarse á localidade para desfrutar de toda esta oferta, pero pide que se faga con responsabilidade e prudencia.
O rexedor dixo que “estes días debéramos estar desfrutando dunha Feira do Bonito que lle correspondería ser este sábado pero, derivado da pandemia, este ano ao igual que o pasado non se vai celebrar como se viña celebrando dunha maneira moi recoñecida porque a asociación Ledicia preparaba de formas diferentes o bonito e tiña un éxito total. Era unha...
leer másEste mediodía da comezo no porto de Burela a quinta edición do Certame Internacional de Pintura Mural Amarte que se prolongará ata o vindeiro domingo, 8 de agosto, e no que participarán finalmente oito artistas que plasmarán nese lugar as súas creacións. Como actividades paralelas terán lugar un concurso de selfies e un obradoiro de graffitis para nenas e nenos a partir de 9 anos. Amarte coincide todos os anos coa Feira do Bonito, que de novo neste 2021 non se celebrará no seu formato habitual, pero desde hoxe vinte locais hostaleiros ofrecerán tapas, menús e racións elaborados con bonito de Burela. Ao longo destes días haberá ademais concertos de Luar na Lubre, Tribu Folk e Eladio y los Seres Queridos e tamén ofrecerá actuacións o Mago Antón.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, dixo que “en Burela vamos a hacer desde hoy y hasta el...
leer másNuevo calendario y nuevo reto. El Pescados Rubén Burela FS, defendiendo los tronos irmandiños, tiene como objetivo la llegada a Marín, sede de las finales de Copa Galicia el 17 de mayo.
Con un total de 12 equipos participantes, las Guerreiras Laranxas serán las primeras en estrenarse. Entrarán en cuartos de la decimoquinta edición de la cita, frente al vencedor de Viaxes Amarelle FSF-5 Coruña FS; la fecha estimada será el 11 de septiembre.
El cuadro de Alberto Riquer también accederá a la trigésima edición de la competición en cuartos, pero no será hasta el 9 de febrero, en un calendario con 33 equipos en juego.
Foi inaugurada a exposición da Aula do Mar de A Mariña na sala de Arte da Casa da Cultura do Concello de Burela.
A Aula do Mar, a primeira inclusiva de toda Galicia, é un proxecto de Integración Social para persoas con enfermidade mental crónica que está subvencionada a través do GALP A Mariña-Ortegal, da Consellería do Mar, dentro do marco do Fondo Marítimo de Pesca (FEMP).
Para esta actividade, que redunda tan positivamente na autoestima das usuarias e usuarios da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña, cóntase coa colaboración do Concello de Burela a través da Delegación de Cultura, Educación e Xuventude, “a quen queremos agradecerlle a súa empatía e compromiso coa nosa entidade. Non había máis que ver as caras de ledicia e felicidade dos usuarios e usuarias por amosar os traballos que durante este...
leer más