Burela
As Guerreiras Laranxas estrearán a emoción sobre o parqué este sábado fronte ao Viaxes Amarelle FSF, en cuartos de XV Copa Galicia (18.00 horas). O pavillón polideportivo Sagrada Familia abrirá a cita cun minuto de silencio polo falecemento do presidente e alma máter do equipo anfitrión, Severino Amarelle.
O encontro poderá seguirse en directo a través da canle de Youtube do conxunto herculino.
Neste primeiro termómetro da tempada, o Pescados Rubén Burela, na defensa do trono irmandiño, buscará a clasificación para semifinais. No caso de saír triunfal medirase ao gañador de Mosteiro Bembrive-Ourense Envialia (marcado para a mesma hora ca o duelo laranxa), coa ida prevista o 22 de decembro.
O Amarelle, que este ano volverá contar coa cesión burelista de Cris Lourés nas súas filas, chega...
leer másA cedeirense Guadi Galego presentará o seu último traballo discográfico "Costuras" o 11 de decembro ás 20:00 horas no Auditorio Municipal de Burela.
"Costuras" aúna 10 cancións de Guadi Galego e Carlos Abal que viaxan desde mundos asociados á súa infancia ata o presente máis duro e á vez esperanzador onde a autora se mostra tal como é.
Tres colaboracións compoñen o disco: Coas poetisas Antía Otero e Marina Oural e coa cantante catalá Paula Grande. A produción musical a cargo de Olivera Estudi dá un novo aspecto ás creacións de Guadi entrando en campos electrónicos sen esquecer a parte máis orgánica creando texturas únicas.
Entradas para o concerto proximamente á venda.
O festival musical Osa do Mar celebrarase na Praza do Concello de Burela para 400 persoas sentadas os días 24 e 25 de setembro, venres e sábado.
O cartel do evento inclúe as actuacións de Black Friday (The BF Show), Los Rastreadores (Ortiga e Grande Amore ), Moura, Niña Polaca, Delaporte, Blanco Palamera, The Rapants, Veintiuno y Verto.
Todos os concertos serán no escenario Vibra Mahou Osa do Mar: tres a noite do venres 24 de setembro, dous na sesión vermú do sábado 25 de setembro e catro actuacións a noite do sábado 25 de setembro.
As entradas están á venda en https://entradium.com/es/events/festival-osa-do-mar-2021
O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández, anunciou que “este fin de semana estaremos na Feira Semana Verde de Galicia, que se vai desenrolar en Silleda. Imos ter un stand onde imos promocionar a Feira do Bonito. Quero agradecer a Ledicia, que vai ser a encargada da degustación de bonito que imos facer o domingo, ás doce e media. Xa é a terceira vez que a facemos, sempre foi un éxito e esperemos que este ano tamén siga funcionando, a pesar das restricións sanitarias que nos imos encontrar na feira. A Semana Verde é unha feira á que asiste moitísima xente, penso que é moi interesante para Burela polo público que queremos traer aquí. Imos intentar promocionar tanto a Feira do Bonito como os outros atractivos turísticos que temos”.
O edil burelés engadiu que “seguimos avanzando e cada vez tendo máis xente que ten interese en vir pasar as...
leer másDende hoxe e ata o 17 de setembro permanecerá aberto o prazo de matrícula na Escola Municipal de Música de Burela.
O seu director, Xan Carballal, explica que “como en anos anteriores a escola imparte as especialidades de canto, guitarra, violín, viola, violonchelo, contrabaixo, piano, frauta, clarinete, óboe, fagot, saxofón, trompeta, trombón, trompa, bombardino... así como clases de grupo de diversas formacións coma orquestra ou banda, coro e jazz e música moderna, clases de formación musical para adultos e clases de formación musical para nenos e nenas dende os catro anos”.
Carballal subliña que “para formalizar a matrícula ou resolver calquera cuestión, a escola permanecerá aberta en horario de 10 a 14 horas nas instalacións da Rúa da Igrexa, no edificio da Casa da Xuventude. Pódese atopar tamén información no...
leer másA Asociación de Comerciantes, Industria e Autónomos de Burela lanza a campaña de volta ao cole con dúas ramas: por unha banda, un concurso de fotografía e debuxo en liña para os máis cativos da casa, e por outro lado, o sorteo de seis vales de compra cun importe de 50 euros cada un entre os compradores das tendas asociadas a ACIA Burela que acumulen máis de 10 euros nas súas compras.
O concurso en liña contará con tres categorías por idade: de 5 a 8 anos, de 9 a 12, e de 13 a 16 anos; en dúas modalidades: debuxo e fotografía. Os premios serán de 40, 20 e 15 euros, dependo do posto acadado. Os participantes teñen ata o 15 de setembro para poder participar e os gañadores serán aqueles debuxos ou fotos que máis like’s obteñan nas redes sociais de ACIA Burela (tanto Facebook como Instagram).
Por outra banda, o...
leer másA alcaldesa en funcións, Carmela López, e os concelleiros de Igualdade e Cultura, Noelia Mª Ben e José Díaz, asistiron esta mañá á inauguración da exposición Tecendo rede, tecendo recordos, que se pode visitar na Casa da Cultura de Burela ata o 31 de agosto en horario de 8 a 14 horas.
A mostra está organizada pola Federación de Alzheimer de Galicia (FAGAL) e AFAN Burela e conta coa colaboración do Concello burelés, a través da Delegación de Servizos Sociais.
A exposición amosa o traballo diario e continuado que realizan as 15 asociacións de alzheimer de Galicia para o mantemento e mellora da calidade de vida das persoas usuarias e as súas familias.
A Concellería de Cultura de Burela segue co seu ciclo Cine na Rúa coa proxección da película Detective Pikachu. Será o xoves, 2 de setembro, ás 22:00 horas na praza do Concello.
E o venres, 3 de setembro, a compañía Muu representará o espectáculo Crunch. Terá lugar tamén na praza do Concello ás 20:30 horas. Trátase dunha función de novo circo, clown, malabares, saltos mortais e caídas nun show todoterreo, a cargo dos superheroes Spunk e Scrunch.
Os eventos seguirán o protocolo covid, con máscara, hidroxel e distancia de seguridade entre o público asistente. A entrada é de balde.
A Asociación de Comerciantes, Industria e Autónomos de Burela lanza unha campaña de Fin de Rebaixas para os días 26, 27 e 28 de agosto con grandes descontos nos comercios locais asociados.
Unha magnífica oportunidade para facer as últimas compras da época estival a grandes prezos en produtos da anterior tempada. Esta iniciativa ten dúas vertentes: por un lado, os usuarios dos establecementos de proximidade atoparán prezos irresistibles para mercar os artigos de fin de verán; e, polo outro, os comercios asociados teñen así a oportunidade de darlle saída aos produtos da anterior tempada para así poder traer e expoñer xa os da nova. Polo tanto, esta acción beneficia tanto aos comerciantes como aos visitantes e á veciñanza que pase esta fin de semana pola vila.
Logo deste ano marcado pola pandemia, na que os...
leer másDous tobogáns acuáticos encherán de diversión a Praza do Concello de Burela do 26 ao 29 de agosto. Deste xeito especial quere pechar a Concellería de Deportes as escolas deportivas de verán e a ocioteca. Xoves e venres serán as rapazas e os rapaces destas actividades os que disfrutarán desta proposta. E sábado e domingo estarán abertos a todo o público. Só á preciso anotarse á chegada.
O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, contou que “desde a Concellería de Deportes de Burela imos pechar este verán dándolles un pequeno premio a todos estes nenos e nenas que estiveron participando nas escolas deportivas municipais e a aqueles que estiveron na ocioteca. Imos ter unha actividade onde imos compaxinar o deporte cos tobogáns acuáticos que son espectaculares e imos telos na praza do Concello desde mañá ata o día 29”.
... leer más