Concerto
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu primeiro concerto deste ano despois de retomar os ensaios en agosto. A actuación, titulada Concerto da normalidade, terá lugar este venres, día 4, as 20:00 horas no campo de herba artificial do colexio ribadense Gregorio Sanz.
O director da Banda de Ribadeo, David Ballester, explica que “despois de retomar os ensaios no mes de agosto tras a situación que vivimos polo covid-19, chegamos á conclusión de que era o momento de seguir como estábamos ata antes de que pasase todo isto. Entón decidimos facer un pequeno concerto este venres, 4 de setembro, ás oito da tarde, que chamamos Concerto da normalidade, no colexio público Gregorio Sanz.”
David Ballester engade que esta actuación “farase no recinto do Gregorio Sanz, no campo de herba artificial, sobre todo porque...
leer másO Concello do Valadouro organiza para este fin de semana actividades de cine e música, dentro do seu programa Cultura na Rúa.
Este sábado, 22 de agosto, ás 21:00 horas na Praza de Santa María, ofrecerá un concerto o grupo de acordeonistas da Mariña.
Tamén mañá, sábado, ás 22:30 horas na Praza de Santa María, dentro do ciclo Valadouro Cine de Verán, proxectarase a película Padre no hay más que uno.
A Deputación de Lugo colabora na organización destas actividades.
Todos os eventos organizados polo Concello do Valadouro cumprirán coas medidas e recomendacións de seguridade e saúde establecidas por mor da pandemia do Covid-19.
O sábado, 22 de agosto, ás 21:30 horas no parque de San Francisco, actuará Sarabela Teatro poñendo en escena a obra Crónicas do Paraíso. Creada e dirixida por Gonçalo Guerreiro, baséase na Crónica de Sochantre de Álvaro Cunqueiro. Está interpretada por Sabela Gago, Fernando Dacosta, Fina Calleja, Fran Lareu e Elena Seijo. A función representarase no auditorio se vai mal tempo, e conta co patrocinio da AGADIC e da Rede Galega de Teatros e Auditorios. En caso de mal tempo a representación trasladaríase ao Auditorio Municipal.
E o luns, 24 de agosto, ás 20:30 horas no Auditorio Hernán Naval, de Ribadeo, ofrecerá un concerto de Ensemble Bal&Gay, dentro do VII Festival Bal y Gay. A formación créase co fin de difundir o repertorio sinfónico ou formas instrumentais de cámara pouco habituais nun espazo de plena ilusión, de compromiso e de...
leer másO grupo Arcos Iris ofrecerá un concerto este domingo, día 16, na Praza do Conde Santo, en Lourenzá.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, explica que “esta actuación está enmarcada dentro do programa do VII Festival Bal y Gay, que se celebra en varios concellos da Mariña. Será un concerto didáctico para toda a familia que nos levará a coñecer as distintas músicas do mundo. O punto de partida será Andalucía, pasando por Bos Aires, Brasil, América do Norte, Oceanía, Oriente Medio, Rusia e rematando en Europa. A actuación terá lugar ás 20 horas na Praza do Conde Santo”.
O Concello de Foz programa 16 actuacións de Cultura na rúa desde este venres ata o luns, día de San Lourenzo, que é festivo local.
Este venres, día 7, na avenida da Mariña ás 12:00 e ás 18:00 horas actuará o DJ Poppy García. Ás 21:00 horas na praza Conde de Fontao haberá un concerto do coro Tempus Fugit, de Viveiro. E ás 22:30 horas proxectarase a película Superlópez na parroquia de Cangas, concretamente na pista da festa.
O sábado 8 o grupo Muddy Doll actuará na praia da Rapadoira ás 13:00 horas e na praza Conde de Fontao ás 21:30 horas. E o DJ Poppy García estará na avenida da Mariña ás 12:00 e ás 18:00 horas.
O domingo, día 9, haberá dous concertos do grupo Música de sofá: ás 13:00 horas na praia da Rapadoira e ás 21:30 na praza Conde de Fontao. E ás 20:00 horas actuará a Banda de...
leer másA Concellería de Cultura de Burela confirma a cancelación do concerto que Los Secretos ía ofrecer na localidade o vindeiro 25 de abril. O Concello estuda buscar outra data cara finais de ano. Desde ataquilla.com procederán a devolución automática do importe das entradas adquiridas. O concelleiro José Díaz fai referencia tamén ás dificultades para poder celebrar as festas patronais de Burela, previstas para finais de maio e principios de xuño.
O edil de Cultura declarou: “queremos informar desde la Delegación de Cultura de la cancelación del concierto que teníamos aquí previsto de Los Secretos para el día 25. Dado que el estado de alarma se prolonga hasta el día 26 evidentemente lo hace todavía más claro”.
José Díaz subliñou que “vamos a intentar reprogramarlo para el mes de noviembre porque, como todo el mundo...
leer másO grupo A Banda da Loba presenta este venres, 28 de febreiro, o seu disco Fábrica de Luz. A actuación terá lugar no Teatro Pastor Díaz ás 20:30 horas. O prezo da entrada é 7 euros na billeteira o propio día do concerto, a partires das 19:00 horas.
A formación está integrada por cinco mulleres e destaca a creación dun repertorio propio baseado tanto en letras da súa autoría como en musicalizacións de poetas célebres ou outros textos tomados dos poemarios de escritoras contemporáneas. Todo isto baixo un estilo ecléctico e heteroxéneo que bebe do pop, do rock ou do folk. Fábrica de Luz é un traballo de creación, reflexión e homenaxe en torno á idea de nai entendida nun sentido amplo. A lingua e a terra son as primeiras nais, fábricas de luz, como as nosas nais.
Tamén o Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá este...
leer másA Delegación de Cultura de Cervo programa para este venres, 7 de febreiro, un concerto que ofrecerá a Orquesta de Corda do Conservatorio de Viveiro.
A actuación terá lugar no auditorio da Casa da Cultura, ás 19:30 horas. A entrada será libre.
A formación, integrada por xóvenes músicos, está dirixida por Juan Cabalar.
A Orquestra de Corda do Conservatorio Profesional de Viveiro, dirixida por Juan Cabalar, ofrecerá o concerto proviaxe Italia Danta di Cadore-Venecia-Florencia. A cita terá lugar este venres, día 24 de xaneiro, ás 20:00 horas, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro. O prezo da entrada é a vontade.
A actuación será a estrea en Viveiro da nova obra de David Catá, Presentimiento. Estará presentada por Roque Barreiro Fanego.
A Banda da Escola Municipal de Música de Burela ofrecerá un concerto este sábado, 18 de xaneiro, no auditorio da Casa de Cultura ás 20:00 horas. A entrada é gratuíta.
A Banda interpretará un programa moi variado con obras do repertorio clásico ata modernas e populares:
Getawaymarch- Arr.: Luís IglesiasVázquez/Bruno Álvarez Gómez
Yo quesé!- Andrés Fernández Cortés
Divertimend forbad - Arranxo: Luís Iglesias Vázquez
Excalibur- Arranxo: Luís Iglesias Vázquez
Starwars- Arranxo: Luís Iglesias Vázquez
Bella ciao - Arranxo: Bruno Álvarez Gómez
Thegood thebad and theungly- Arranxo: Luís Iglesias Vázquez
Sway- Arranxo: Luís Iglesias Vázquez
A formación está dirixida polo profesor da Escola Bruno Álvarez Gómez coa colaboración de Luís Iglesias Vázquez e...
leer más












