Curso
Hoxe presentouse no Concello o X Curso Interdisciplinar da Escola Municipal de Música de Burela, que se desenvolverá do 1 ao 5 de xullo. No acto participaron o alcalde, Alfredo Llano, o concelleiro de Cultura, José Díaz, e o director da Escola, Xan Carballal.
O auditorio da Casa da Cultura acollerá o 5 de xullo o concerto de clausura a partir das 20 horas.
A Escola de Adestradores da Real Federación Galega de Fútbol organiza un curso de monitor de fútbol sala que se celebrará en Burela e dará comezo o día 5 de xuño.
Este curso rematará o 6 de xullo e desenvolverase os luns, mércores e xoves, en horario de 20:00 a 23:00 horas, e os sábados de 9:30 a 14:30 h.
A inscrición xa está aberta e pode realizarse online a través do apartado da Escola na web www.futgal.es. Tamén se pode contactar coa Escola de Adestradores no número de teléfono 981 900 600 ou no correo electrónico escueladeentrenadores@futgal.es.
El Concello de O Vicedo organiza un curso de teatro que se celebrará del 6 de julio al 6 de agosto en la Casa da Cultura. Estará dirigido por Vittorio Capotorto de Italytime New York.
Podrán anotarse las personas mayores de 18 años y no se requiere experiencia previa en teatro. El curso tendrá lugar si se reúne un mínimo de 5 participantes.
En el curso se afrontará la selección del guión, la lectura y explicación de textos y personajes, la asignación de personajes y la puesta en escena y representación final.
El precio es de 100 euros, y las personas interesadas pueden obtener más información y anotarse en el número de teléfono 610 993 286, hasta el 10 de junio.
A asociación Prestoxove organiza, coa colaboración do Concello de Xove, a XXIX edición do Curso de Música Semana Santa 2019 que se desenvolverá os días 15, 16, 17, 18 e 19 de abril.
Dirixido por Xan Carballal, será impartido polas profesoras de violín Nazaret Canosa e Rebeca Maseda, o profesor de violonchello Iván Siso e o profesor de trompa Benxamín Iglesias. O programa desenvolverase en sesións de mañá e tarde, entre as 10:00 e as 18:00 horas.
Entre as actividades previstas, o xoves 18 de abril, haberá un concerto coa participación do Coro Mestre Pacheco de Mondoñedo. Terá lugar no salón de actos do Centro Cívico de Xove, a partires das 18:00 horas.
O concerto de clausura celebrarase o venres 19 de abril, ás 18:00 horas, no salón de actos do Centro Cívico de Xove.
Acisa Ribadeo impartirá o 25 de abril un curso de redes sociais para empresas. Trátase dunha actividade gratuíta, aberta a todo o público interesado. Terá lugar no salón de actos do edificio de sindicatos (Av. De Galicia 20 – Bajo – Ribadeo) a partir das 20.30 horas.
Segundo explica o xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, Jesús Pérez, “o obxectivo do curso será o de dotarnos de ferramentas para o uso das redes sociais desde un punto de vista profesional, separándoas das persoais e para sacar o máximo partido dos recursos ao noso alcance. Abordaremos contidos específicos como a linguaxe propia das RRSS, o traballo de marca dixital ou o mundo dos influencers. Ademais intentaremos aproveitar o curso ao máximo. Os interesados poderán preparar dúbidas con anterioridade para que a persoa formadora as meta no...
leer másCervo acollerá un curso nacional de Aikijujutsu Kobukai, que terá lugar o 22, 23 e 24 de marzo no pavillón do CEIP Península da Paz. Está organizado polo delegado técnico de Galicia deste departamento, Miguel Ángel Rojo, coa colaboración do Concello de Cervo.
O curso será impartido por Jan Janssens, 8º Kyoshi Aikijujutsu Kobukai, alumno directo do Gran Mestre Minoru Mochizuki.
Os horarios serán os seguintes:
- Venres, de 17:00 a 19:00 horas. Ao finalizar a sesión haberá exames de Cinto Negro.
- Sábado, de 10:30 a 13:30 horas, e de 16:30 a 19:30 horas
- Domingo, de 10:30 a 13:00 horas.
O Concello de Cervo organiza un curso de iniciación á fotografía e vídeo dixital que se desenvolverá desde o 9 de marzo ata o 27 de abril.
A actividade, impartida por Julio Noche, terá lugar todos os sábados, en horario de 17:30 a 20:30 horas e está dirixida a maiores de 12 anos, cun máximo de 15 persoas.
As inscricións poden facerse vía whatsapp no 691 656 600, na Casa da Cultura ou en dinamización@concellodecervo.com.
Para asistir será necesario: cámara de móbil con controis manuais ou cámara dixital e ordenador os días 23 de marzo e 15 de abril con Adobe Photoshop e Adobe Premier.
A Concellería de Servizos Sociais organiza un curso de Bailes de Salón que dará comezo o 12 de marzo. O vindeiro luns, 25 de febreiro, abrirase o prazo de inscrición.
As persoas interesadas deberán anotarse de xeito presencial na Casa do Concello. As prazas son limitadas e outorgaranse por orde de inscrición. Para obter máis información poden dirixirse ao seguinte número de teléfono: 982 58 06 09.
A actividade empezará o 12 de marzo e rematará o 9 de xullo e terá lugar os martes na Casa da Cultura. Haberá tres quendas en horarios de 18:45 a 20:00 horas, de 20:00 a 21:15 horas. e de 21:15 a 22:30 horas.
A Delegación de Medio Ambiente do Concello de Burela, dirixida pola concelleira Noelia María Ben, organiza un curso teórico práctico de iniciación á poda e ao enxerto, que se desenvolverá o día 22 deste mes, venres.
A edil explica que “hai 30 prazas, terán preferencia @s veciñ@s de Burela empadroados no noso concello e é gratuíto. A inscrición comeza o vindeiro luns, 4 de febreiro, e pode facerse na Oficina de Medio Ambiente, sita na Praza de Abastos, ou ben por teléfono, no 647.13.66.73. Terá unha duración de oito horas lectivas, de 9:30 a 13:30 e de 15:30 a 19:30, no que dun xeito ameno os participantes aprenderán as técnicas e épocas de poda máis adecuadas para cada tipo de froiteira ou especies ornamentais. E repasaranse os distintos tipos de enxertos. Constará de clases teóricas no salón de conferencias municipal e de clases prácticas...
leer másO Goberno local do Concello de Mondoñedo colabora coa celebración dun curso de xadrez que se desenvolverá no Casino e que organiza a Asociación Sendeiriña coa axuda do Círculo de Recreo de Mondoñedo.
A actividade será impartida por Pascual Ares, que foi campión galego na categoría xuvenil. Desenvolverase os días 26, 27 e 28 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro en horario de 18:30 a 20:30 horas.
A inscrición é de balde e pode facerse no mesmo Casino. Non é necesario anotarse previamente.