Curso
O Concello de O Vicedo organiza un curso de iniciación ao kaiak que se desenvolverá do 5 ao 9 de xullo de 17 a 19 horas.
Esta actividade está dirixida a nenos e nenas desde os 10 anos e que estean empadroados no Concello do Vicedo. Hai dez prazas, que serán asignadas por orde de inscrición. Esta debe facerse a través do teléfono 982.59.01.95.
A organización explica que é “unha actividade gratuíta para gozar da costa, das praias, da ría, do río Sor e de todo o entorno natural do municipio. Desenvolverase en diversas zonas, que irán variando en función das condicións meteorolóxicas”.
A Escola Municipal de Música de Burela organiza o XI Curso de Verán que se desenvolverá do 30 de xuño ao 16 de xullo. Os primeiros días os rapaces e rapazas participarán no xogo musical Na búsqueda do Torques e do 12 ao 16 de xullo terán lugar os Cursos de Banda e de Jazz. A programación da Escola de Música de Burela foi presentada esta mañá e ao acto asistiron, entre outros, o alcalde, Alfredo Llano, o concelleiro de Cultura, José Díaz, e o director da Escola, Xan Carballal.
O director da Escola Municipal de Música de Burela, Xan Carballal, anunciou que “as actividades para este verán se van desenvolver na primeira quincena do mes de xullo e están divididas en dúas partes. A primeira parte será do 30 de xuño ao 4 de xullo e consistirá nun xogo baseado nun traballo que desenvolvemos fai anos A viaxe de Brandán. Agora démoslle unha volta a...
leer másO Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta da Auga, de Ribadeo, acollerá este venres, día 18, unha demostración sobre a aplicación dun novo revestimento simil pedra chamado Tor Piedra. Está organizada polo Departamento de Edificación e Obra Civil do centro e correrá a cargo de profesionais da firma Tor Pinturas.
Esta actividade está aberta ao público en xeral, pero é dirixida especialmente a traballadores do sector. Debido á pandemia a aforo está limitado a 50 persoas e polo tanto os interesados en participar teñen que inscribirse previamente chamando ao CIFP Porta da Auga (teléfono 982.128.894) ou en calquera das tendas de Tor Pinturas na Mariña.
Desde o departamento de Edificación e Obra Civil do CIFP Porta da Auga explican que “a actividade, que será eminentemente práctica, desenvolverase nunha...
leer másMondoñedo acollerá os vindeiros 25 e 26 de xuño un curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela baixo o título de I Encontros Álvaro Cunqueiro. O camiño de quita e pon (1981-2021). O curso, no que colabora tamén o Concello de Mondoñedo e a Casa-Museo Álvaro Cunqueiro, conta amais coa axuda do Vicerreitorado de Coordinación do Campus de Lugo. Estes I Encontros Álvaro Cunqueiro terán lugar no Auditorio Pascual Veiga, onde se reunirán ao longo de dúas xornadas unha trintena dos mellores especialistas na figura do grande escritor mindoniense.
Estes encontros han analizar a actualidade e a vixencia do legado de Álvaro Cunqueiro, do que agora que se cumpren os corenta anos do pasamento, os trinta anos da celebración do Día das Letras Galegas a el dedicado e os cincuenta anos da publicación de Xente de aquí e de acolá, entre outras...
leer másEl próximo lunes, 19 de abril, dará comienzo la segunda edición del curso de interpretación de planos en el sector naval que organiza Apaga (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia) con la colaboración del astillero asturiano Gondán.
La primera edición del curso, para la que se presentaron 43 solicitudes, arrancó el pasado 5 de abril en las instalaciones de Apaga, en Ribadeo, y concluye en el día de hoy. Quince fueron los alumnos que recibieron 30 horas de formación a lo largo de las dos últimas semanas de la mano de un técnico del astillero de Castropol.
El presidente de Apaga, Álvaro Doural, señala que “debido al gran número de solicitudes presentadas para asistir a este curso y con el objetivo de atender toda la demanda ponemos en marcha ya la segunda edición que se celebrará de lunes a viernes del...
leer másEn este curso se darán a conocer cuidados higiénico-sanitarios básicos aplicados a perros; así como conceptos básicos de estimulación en el cachorro y aplicación de primeros auxilios en urgencias toxicológicas, digestivas y parada cardio respiratoria.
El curso tendrá lugar del 8 de abril al 7 de mayo de 2021 (jueves y viernes), de 16:30 a 20:00 horas.
Esta actividad permite al estudiante participar con asistencia presencial (aforo limitado), online en directo o en diferido.
Las personas interesadas pueden obtener más información en la UNED-Aula Universitaria de Foz: foz@lugo.uned.es o en los teléfonos: 982 133 699 / 604 034 549
O Concello de Xove presentou a XXX edición do Curso de Música de Semana Santa. No acto estiveron presentes o alcalde, Demetrio Salgueiro, acompañado da concelleira de Cultura, Dolores Meitín, e do director do curso, Xan Carballal.
O curso vaise desenvolver dos días 27 ao 31 de marzo en horario de mañá e tarde. O concerto final celebrarase o mércores, día 31, no pavillón municipal de deportes de Xove, a partires das 18:00 horas.
Tanto para o curso como para o concerto haberá aforo limitado, segundo a normativa actualizada do Covid-19.
O curso, organizado por PrestoXove, será impartido polos profesores Nazaret Canosa e Saúl Canosa e consiste na aprendizaxe por medio do traballo dentro da orquestra, ofrecendo a posibilidade de que alumnos de diferentes niveis poidan participar, xa que se...
leer másApaga presenta nova oferta formativa e no mes de abril vai impartir un curso de interpretación de planos no sector naval. Poderán asistir quince persoas e o prazo de presentación de solicitudes remata o 29 de marzo. Desde a organización sinalan que “unha vez superado o curso os asistentes poderán optar a postos de traballo que ofrecen as empresas navais tanto en Asturias como en Galicia”.
O presidente de Apaga, Álvaro Doural, declarou que “desde principio de ano estivemos traballando, dada a situación da pandemia e de determinados sectores, e consideramos que desde a nosa asociación tamén podíamos aportar algo e xerar algunha actividade de formación que puidera paliar en gran medida esta situación que se está dando. Pensouse en traballar en tres liñas de actuación. Unha sería o sector naval, outra a de comerciantes e pequenas empresas e...
leer másApaga organiza este sábado, 13 de marzo, en Ribadeo un curso sobre sistemas avanzados de asistencia á condución. A inscrición está aberta e poden asistir técnicos de empresa, profesores e alumnado de FP, universitarios ou persoas interesadas nesta temática. Na xornada, en sesión de mañá e tarde, falarase da detección ou avisador de ángulo morto, do control de cruceiro adaptativo, da alerta sobre tráfico cruzado, do sistema LDW, do sistema de detección de peóns e do freo autónomo de emerxencia.
O presidente da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, Álvaro Doural, contou que “seguindo co plan de formación que temos previsto para o 2021 este sábado, en sesión de mañá e tarde, imos realizar no noso centro de formación un curso de sistemas avanzados de asistencia á condución. Comprende desde a detección no visor de ángulo morto,...
leer másO Concello de Muras organiza un curso básico de informática para maiores de 55 anos empadroados no municipio.
Impartirase dous días á semana pola mañá e unha vez formados os grupos decidirase a hora e o lugar. É para grupos reducidos, de 2 persoas, cumprindo todas as medidas de seguridade.
Os participantes recibirán formación en trámites informáticos básicos, como a petición de citas previas ou funcionamento da sede electrónica do Concello.
Os interesados poden inscribirse a través do teléfono do Concello (982.50.00.01) ou do correo electrónico cristina.martinez@muras.gal.