Curso
AciaFozCCA e a Aula da Uned de Foz ofertan un curso de iniciación a Microsoft Excel aplicado ao comercio, que será gratuíto para todos os asociados e asociados que elixan a modalidade presencial.
Serán 10 horas lectivas de formación, que se impartirán na Aula da Uned, de 20:30 a 22:00 horas os días 14, 17, 21 e 24 de febreiro.
Desde a Aula da Uned sinalan que “o uso de follas de cálculo é unha habilidade imprescindible na maioría das actividades laborais. O manexo básico deste tipo de ferramentas é practicamente unha esixencia no proceso de alfabetización dixital”.
Este curso pretende ensinar habilidades básicas, profundando nas funcionalidades das follas de cálculo, facendo fincapé en aspectos profesionais e complexos que lle permitan ao comerciante unha extracción máis áxil e refinada...
leer másO Programa de Inmigrantes da Concellería de Inmigración, Cooperación e Integración de Burela vai organizar unha acción formativa de alfabetización de adultos/as para a aprendizaxe dos idiomas da comunidade galega. Terá lugar o vindeiro luns, 17 de xaneiro.
A edil Noelia Mª Ben explica que “esta acción está financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo. Con esta formación trátase de axudar a lograr unha adquisición lingüística favorable para o bo desenvolvemento tanto na vida social como laboral das persoas estranxeiras, xa que entendemos que o bo coñecemento e o bo uso do idioma é un dos motores principais para a integración integral”.
As persoas interesadas poden solicitar máis información na Casa do Concello ou chamando aos seguintes números de teléfono 982 58...
leer másA Piscina Municipal de Lieiro acollerá esta fin de semana un novo curso de esquimotaxe organizado polo Club de Piragüismo Cidade de Lugo e a Federación Galega de Piragüismo, coa colaboración da sección de piragüismo do Club Deportivo San Ciprián e do Concello de Cervo.
O curso celebrarase o domingo, 16 de xaneiro, en horario de mañá e tarde de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas.
A asociación de veciños San Mamede das Oiras, coa colaboración do Concello de Alfoz, organiza un obradoiro de elaboración de xabón a partir de aceite usado de cociña, así como unha actividade para recuperar a memoria dos tempos dos lavadoiros públicos. Será o luns 27 de decembro e realizarase na Escola das Oiras, a onde os interesados en participar poderán desprazarse nun autobús, que sairá de diante da Casa do Concello ás 17:00 horas e volverá ao remate da actividade, que está previsto que finalice ás 19:00 horas.
Para participar nesta actividade, que é gratuíta e está dirixida a todas as franxas de idade, hai que inscribirse previamente no teléfono 982.558.001 (extensión 3).
A asociación veciñal San Mamede das Oiras tamén ten programada outra actividade, nesta ocasión para lavar á man, o día 29 de decembro,...
leer másAlfoz é un dos Concellos elixidos para levar a cabo o Curso de defensa persoal e autocapacidades, organizado pola Secretaría de Igualdade para a prevención de situacións de violencia de xénero.
Trátase de formación-adestramento tanto físico como psíquico para crear protocolos de actuación cara diversas situacións. Será impartido por monitores e monitoras especialistas en defensa persoal e integrantes da Federación Galega de Loita. Está dirixido a mozas e mulleres cunha condición física normal. O curso é totalmente gratuito.
Realizada unha pre-inscrición para formar grupo, fixouse a data e horario de realización: sábado 15 de xaneiro de 2022, de 10:00 horas a 14:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas no Salón de Actos do Centro Sociocultural e no Pavillón Municipal de Alfoz.
As mulleres e mozas...
leer másO Concello de Alfoz organiza un obradoiro de procura de información en internet para facer traballos. É de balde e está dirixido a alumnado de ESO, BAC e FP. Será na Biblioteca Municipal o día 23 de novembro, martes, ás 17:00 horas.
As prazas son limitadas e para anotarse hai que chamar ao teléfono 982.558.001 (extensión 3) a partir do 8 de novembro.
O Concello de Alfoz explica: “recoméndase traer ordenador ou tablet se se pode, pero de non telos contamos con 3 tablets e 2 ordenadores na biblioteca para usar. Entregarase un dossier con toda a información a cada alumno/a”.
Academia A Mariña, en Burela, organiza un curso para la obtención del carné oficial de aplicador de productos de fitosanitarios nivel básico. Será presencial y tendrá lugar los días 5, 6, 12, 13 y 15 de noviembre.
El título que obtendrán los asistentes será válido en todo el territorio nacional. El curso está avalado por la Consellería de Medio Rural de la Xunta de Galicia.
El curso está destinado a “personas responsables de empresas que utilicen estos productos, establecimientos de venta al público y personas que realicen tratamientos en su propia explotación”, explica Becky Hermida, directora de Academia A Mariña.
Las personas interesadas en obtener más información pueden dirigirse al teléfono de Academia A Mariña (982.58. 50.98) o al correo electrónico formacion@amarina...
Segue aberta a inscrición nas actividades formativas de Apaga (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia) que se desenvolven no último trimestre de 2021. Os días 6 e 7 de novembro terá lugar un curso de soldadura tig.
A fin de semana pasada celebrouse o curso previsto sobre soldadura mig mag. Foi o sábado e o domingo nas instalacións de Apaga en Vilar. A duración foi de 16 horas.
O presidente de Apaga, Álvaro Doural, subliñou que “estas accións formativas foron programadas tendo en conta as demandas das empresas e as necesidades de xente formada. Non podemos asegurar que vaia haber inserción laboral inmediata, pero a xente que verdadeiramente queira traballar neste sector ten moitas posibilidades de poder inserirse laboralmente polos contactos e a relación que nós temos con empresas do sector”.
... leer másO vindeiro domingo, 17 de outubro, terá lugar no Valadouro un curso de iniciación ao mundo dos fungos, que será impartido pola Sociedade Micolóxica Lucus.
De 9:30 a 13:30 horas haberá unha clase teórico – practica na escola de agricultura ecolóxica do Valadouro.
As persoas interesadas en participar deben inscribirse chamando ao 982574000 en horario de 9 a 14 horas. As prazas son limitadas.
A actividade está organizada pola Deputación de Lugo e a Reserva da Biosfera Terras do Miño. Colabora o Concello de O Valadouro.
O 17 de xullo o pavillón Torques de Marzán, en Foz, acollerá un workshop de danza que impartirán os bailaríns Iago Alonso e Pablo del Pozo.
Segundo subliñan desde a Concellería de Xuventude e Deportes “estes dous profesionais achegarannos á danza clásica, moderna, urbana e contemporánea nunha completa xornada que se iniciará ás once da mañá e rematará ás sete e media da tarde”.
As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao teléfono 652 508 534 (Iago).