Curso
O Concello de Mondoñedo arranca a terceira edición do programa As TIC Na casa, iniciativa que se empezou a desenvolver en todas as parroquias despois do confinamento, para achegar aos maiores o uso das novas tecnoloxías. Nesta edición levarase a cabo en Mondoñedo centro, Oirán, Sasdónigas e Viloalle. O programa comeza agora e durará ata finais de setembro.
O envellecemento da poboación é unha das maiores preocupacións dos galegos. Para abordar a relación das persoas maiores coas TIC, o programa As TIC na Casa emprega dúas perspectivas: como usuarios activos que as usan para realizar tarefas de todo tipo (lecer, formación, xestión administrativa etcétera), ou como usuarios perceptores de servizos de apoio á súa vida diaria, cunha necesidade de interacción mínima coa tecnoloxía ou mesmo sen interacción algunha. Por outro lado, apoia á...
leer másO salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá acollerá do 4 ao 6 de setembro un curso de verán sobre Francisco Fernández del Riego na cultura galega do século XX.
A organización explica que “o obxectivo do curso é analizar a traxectoria, a obra e a achega de Francisco Fernández del Riego, como activista, intelectual, estudoso e escritor, nos seus sucesivos contextos históricos, e en relación cos fenómenos sociais e os proxectos políticos e culturais en que se implicou: a IIª República (movemento estudantil universitario e Partido Galeguista), a guerra civil, a ditadura franquista (resistencia política e cultural, Editorial Galaxia, Fundación Penzol e revista Grial, relación coa diáspora galeguista) e a autonomía”.
O director do curso é Henrique Monteagudo e da secretaría ocúpase Alejandro Alonso Nogueira. Terá...
leer másDo 30 de xuño ao 2 de xullo celebrarase en Ribadeo a décimo primeira edición do Curso de Iniciación ó Jazz e Música Moderna organizado pola asociación Bruar.
A actividade será impartida por Hansel Díez co vento, Carmen Rey coa voz, Javier Constenla ao piano, Chus Pazos á batería e Virxilio da Silva á guitarra.
Este curso terá lugar na Escola Municipal de Música e Danza do Concello de Ribadeo.
As persoas interesadas poden obter máis información no número de teléfono 677 734 084.
Este ano Concello de Ribadeo e Acisa, organizadores do Ribadeo Indiano, comezan as actividades deste evento cun obradoiro de cócteles para os profesionais do sector. Terá lugar o 5 de xuño pola tarde no Parador de Turismo.
Dende a organización preténdese estimular á cidadanía e aos profesionais do sector e ir creando xa a atmosfera propia das xornadas festivas que máis tarde nos acompañarán. Tamén se persegue con esta nova iniciativa aportar ao sector ideas novidosas para que poidan ofrecer á súa clientela novos combinados propios dos países de ultramar.
Esta actividade, o obradoiro de cócteles para a hostalería, terá lugar o luns 5 de xuño ás 16.45 horas no Parador de Ribadeo, e será impartido por Marcos Martínez Iglesias. Este profesional do sector foi galardoado como mellor cocteleiro en 3 campionatos galegos...
leer másO vindeiro martes, 23 de maio, ás 16:30 horas.terá lugar no Edificio Multiusos un curso sobre Exercicio Físico e Ocio para maiores. Este curso realízase en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns e vai dirixido a toda a poboación.
Esta actividade ten como obxectivo proporcionar coñecementos sobre a importancia dun estilo de vida saudable e o desenvolvemento de actividades físicas que atrasen o envellecemento e a perda de masa corporal favorecendo a prevención de enfermidades.
Todas aquelas persoas interesadas en participar nesta actividade poden anotarse chamando ós teléfonos 982559109/677489457
A Aula CeMIT do Concello de Ribadeo acollerá un curso presencial de ciber seguridade. Será o 23 de maio en horario de 11:30 a 13:00 horas.
Desde a Aula CeMIT indican que “para participar é preciso inscribirse. As reservas comezan dende hoxe e poden facerse no teléfono 982120732 ou no correo cemit.ribadeo@xunta.gal. O prazo de inscrición telefónica estará aberto ata o 5 de maio. No correo poderás facer a túa solicitude de reserva ata o último día”.
E explican que “conscientes do reto que supón para gran parte da poboación o avance da dixitalización, queremos que saibas que podes contar con nós para superar as barreiras que atopas no teu día a día e, o máis importante, que o fagas con seguridade. No curso daremos unha visión global sobre a actualidade da dixitalización,...
leer másA data de inicio está programada para o 15 de maio, cunha duración de 4 meses
As inscricións pódense tramitar na Oficina de Emprego de Burela.
O Concello de Cervo organiza un Curso gratuíto de Socorrismo en espazos acuáticos naturais con certificado de profesionalidade.
A data de inicio para este curso está programada para o 15 de maio, e terá unha duración de 4 meses, rematando o 11 de setembro.
As clases impartiranse en horario de 16H a 21H de luns a venres.
A inscrición estase a tramitar na Oficina de Emprego de Burela e hai un total de 15 prazas.
O curso está orientado a persoas e en situación de desemprego pero poderase cubrir ata un máximo de 30% de persoas en activo.
Para...
leer másA XXXII edición do Curso de Formación Orquestral de Xove, que se celebrará do 1 ao 5 de abril, foi presentada no Salón de Plenos do Concello coa presenza do alcalde, Demetrio Salgueiro; a concelleira de Cultura Dolores Meitín; e o director do evento, Xan Carballal.
Entre as actividades do curso inclúense un concerto de cámara, que se vai desenvolver o 4 de abril, e o concerto de clausura será o 5 de abril.
Os profesores invitados son Nazaret Canosa, Diego Segade, Nara Carballal e Antía Fernández.
Está organizado por Prestoxove e patrocina o Concello de Xove.
O Concello de Trabada organiza o próximo día 8 de marzo, co gallo do Día Internacional da Muller, un curso de Autodefensa para Mulleres ante Situacións Violentas.
A Escola de Vilapercide acolle esta actividade, que se desenvolverá en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
A inscrición pódese formalizar xa nas oficinas do Concello de Trabada ou a través do teléfono 982.135.011.
O obxectivo deste curso de defensa persoal feminina é “procurar que as mulleres do concello de Trabada aprendan técnicas de autoprotección e protocolos básicos para mellorar a seguridade”.
Dentro do Programa de Dinamización das Parroquias o Concello de Alfoz organiza dous cursos de primeiros auxilios para o vindeiro mes de marzo. Serán os domingos 12 e 26 de marzo nas escolas de Bacoi e de Chao (O Pereiro), respectivamente, de 17:30 a 19:30 horas.
Estes cursos serán impartidos por persoal sanitario e a participación é de balde. Están abertos a todas as persoas interesadas en aprender técnicas que poden salvar vidas, recoñecer os síntomas dun ictus ou dun infarto, facer a reanimación cardiopulmonar, cómo actuar nun atragantamento ou ante unha hemorraxia.
Para inscribirse só hai que chamar ao teléfono 982.558.001 (extensión 2) ou pasar polo Concello.












