Desfile
A parroquia de Cervo celebrará o Entroido a vindeira fin de semana, o 10 e 11 de febreiro.
A cita foi presentada polo rexedor, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e en representación de Airiños do Xunco, Carlos Sanz e Azucena Cabodevila.
O sábado, ás 18:30 horas, terá lugar o tradicional Play-Back Infantil na salón de actos do Casa do Concello; e o sábado será a quenda do desfile de Entroido.
Os participantes deberán concentrarse ás 17:00 horas no Pavillón de Cervo para formalizar a inscrición no desfile.
Xa ás 18:00 horas está prevista a saída do mesmo polas rúas de Cervo. A continuación terá lugar a entrega de premios aos mellores disfraces individuais, parellas, grupos e comparsas; que recibirán figuras de cerámica e unha cesta de...
leer másO Concello de Cervo programa o tradicional desfile de Entroido, para o martes, 13 de febreiro.
Así o anunciaron o rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, durante a presentación do evento, na que tamén estivo presente, Pilar Prieto, en representación do Centro de Iniciativas Turísticas (C.I.T.), que se encarga de organizar a Cea de Entroido.
O desfile partirá ás 18:00 horas da carpa instalada na Praza dos Campos, e os disfraces percorrerán a Avenida da Mariña, chegarán ata a Ría e ata o Pedregal, para rematar no punto inicial.
A Charanga Os Macanudos amenizará a Festa xa dende as 17:30 horas; e ao remate do desfile haberá venda de bolos preñados a cargo da Asociación A Rebolaxe; e a música correrá a cargo do Grupo Kalimea.
...
leer másTras o éxito da cea de coroación do Rei do Entroido focense a festa continúa o xoves, 8 de febreiro, coa celebración do Xoves de Comadres nunha cea-baile no Restaurante Leytón ás 21:30 horas, organizada por AFFAMER e a Asociación de Amas de Casa de Foz.
O venres, 9 de febreiro, terá lugar o Pregón do Entroido 2018 a cargo de Fálame Sempre. Será na Sala Bahía ás 20:00 horas. De seguido desenvolverase o Concurso de Coplas a partires das 20:30 horas tamén na Sala Bahía.
O sábado, 10 de febreiro, ás 10:00 horas será o fogonazo e durante todo o día actuará Perkusiona Escolas de Batukada. Ás 17:00 horas dará comezo o Desfile de Entroido no que se repartirán máis de 7.000 euros en premios. Ao remate haberá unha chocolatada no Campo da Cabana. Ás 23:30 horas terá lugar un Gran Baile na Sala Bahía coas orquestras Gran...
leer másO programa de Entroido organizado polo Concello de Burela desenvolverase dende 11 ata o 14 de febreiro.
O domingo, día 11, será o Día do Desfile que dará comezo ás 17:00 horas con saída dende a rúa do Ril. As inscricións para participar poden realizarse na Casa da Xuventude, por correo electrónico en acasadaxuventude@burela.org, no local social da S.C.R. Ledicia sito na rúa do Ril número 4 ou o propio día do desfile entre as 16:00 e as 16:45 horas.
Ao remate do desfile, na carpa instalada na Praza do Concello, haberá unha chocolatada coa actuación dun dj e procederase á entrega de premios.
Os premios na categoría de Carrozas serán de 500 euros para o primeiro e 250€ para o segundo, ao igual que nas modalidades de Charangas e Comparsas. Na...
leer másO 11 de febreiro terá lugar o Festival de Entroido Infantil e Xuvenil 2018, que organiza o Concello barreirense a través da Concellería de Cultura e da Oficina Municipal de Infomación Xuvenil.
Ese día de 17:30 a 20:15 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro haberá baile, música e desfile de disfraces infantil e xuvenil con premios para os disfraces individuais, parella e grupo e tamén agasallos para todos os participantes. Os rapaces e rapazas asistentes gozarán tamén da actuación de Chrystian Magic. A festa contará coa animación e o acompañamento dos cabezudos.
Desde o Concello animan a nen@s e rapaces a asistir a esta cita co Entroido en Barreiros.
Mondoñedo celebra o seu tradicional desfile de Entroido o sábado 17 de febreiro. O edil de Educación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, Alberto García; e o de Deportes, Industria e Promoción Económica, Manuel Tapia, presentaron o cartel anunciador dos festexos deste ano, durante os que se repartirán 5.000 euros en premios, con seis galardoados na categoría de comparsas e cinco na de grupos, ademais dos individuais.
Alberto García asegurou que dende o Goberno local “amosámonos anualmente comprometidos coa celebración do Entroido e coa importancia de incluír novidades e cambios na súa programación, que permitan dinamizar e impulsar o tradicional desfile da nosa cidade, ao que acoden participantes chegados de diferentes puntos da comarca e mesmo de fóra da Mariña”.
Pola súa banda, o edil de Deportes, adiantou que as...
leer másA inscrición para o desfile do Entroido de Viveiro será ata o 9 de febreiro ás 13:00 horas, no Teatro Pastor Díaz, e non se fará no momento do desfile.
O Concello de Viveiro establece as categorías de carrozas, comparsas, grupos, parella e individual. Entenderase carroza como vehículo con plataforma e un mínimo de catro participantes.
Poderán participar no concurso e ser beneficiario das axudas calquera particular, asociación ou entidade legalmente constituída así como os “grupos ocasionais” que cumpran as condicións previstas nas bases. Neste último caso, os seus integrantes deberán nomear un representante debidamente autorizado para actuar no nome do grupo. Os participantes poderán inscribirse unicamente nunha categoría: carrozas, comparsas, grupos, parellas e individual.
Non estará...
leer másO 9 de febreiro a Concellería de Servizos Sociais organiza o FESTIVAL DE ENTROIDO da Escola Infantil de Xove, que terá como prólogo un desfile polas rúas de Xove para rematar co propio Festival no Salón de Actos do Centro Cívico a partires das 11:00 horas.
Os actos centrais do Entroido, que a Concellería de Cultura preparou para este ano, vanse desenvolver o sábado, 10 de febreiro. O Programa para este día é o seguinte:
-16:00 horas.- Pasacalles por Xove a cargo da “CHARANGA A CHOCA” de Ribadeo.
-17:00 horas.- DESFILE DE ENTROIDO polas rúas de Xove, con saída do Campo Municipal de Fútbol e chegada no Centro Cívico. Do Desfile, premios e da forma de inscribirse no mesmo, falamos nun apartado a continuación.
-18:30 a 20:30 horas.- BAILE INFANTIL DE DISFRACES coa DISCOTECA MÓBIL DECIBELIOS no Pavillón de Deportes...
O Entroido burelés repartirá un total de 3.810 euros en premios, unha cifra que se incrementa de xeito considerable respecto á do ano pasado. Como novidade establécense dúas novas categorías: charangas e comparsas. A gañadora de cada modalidade recibirá 500 euros como premio e as segundas 250 euros. A carroza gañadora tamén obterá un premio de 500 euros e o grupo de adultos que resulte gañador 300 euros.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, manifestou que “tenemos ya unas líneas de trabajo elaboradas desde el Concello de lo que sería nuestra planificación para este Entroido de 2018 donde quisimos hacer un par de cambios, siempre basándonos en experiencias de años anteriores intentamos mejorar las cosas que se puedan”.
Díaz anunciou: “dos novedades importantes creo son por un lado el aumento de la cuantía de los...
leer másConcello e Acisa asumen neste 2018 a organización do Entroido, ante a falla dunha comisión veciñal que se faga cargo deste evento. Contan coa colaboración dun pequeno grupo de voluntarios, que a título individual lles queren botar unha man. Hoxe presentouse o cartel do festexo, que xirará entorno a Hollywood. O programa, que incluirá a gala inaugural, o desfile do martes e a Queima do Entroido será presentado dentro duns días. Os organizadores traballan para pechalo canto antes. Os premios do desfile serán da mesma contía que en anos anteriores.
O alcalde, Fernando Suárez, sinalou que “estamos aquí para presentar algo inédito para nós, tanto para Acisa como para o Concello de Ribadeo, porque as dúas partes estamos presentando o Entroido 2018 de Ribadeo. Isto é así porque este ano lamentablemente non demos conseguido unha comisión de homes...
leer más












