Desfile
O Sábado de Piñata haberá pasarrúas a partir das 12:00 horas, da comparsa invitada deste ano, Os Fandangueiros.
O desfile dará comezo ás 17:30 horas no Campo dos Paxariños e percorrerá a avenida San Lucas, Obispo Sarmiento, Andrés Baamonde, Progreso, Alfonso VII, Lodeiro Piñeiroa, Fray Antonio de Guevara, Andrés Baamonde, Progreso e Praza da Catedral. A organización sinala como lugares preferentes para ver o desfile a Alameda dos Remedios, avenida San Lucas, O Cristo, Praza do Concello, Estatura Álvaro Cunqueiro e Praza da Catedral.
Os premios na categoría Adulto son: 425 euros para o primeiro das comparsas, 280€ o segundo, 180€ o terceiro, 150€ o cuarto e 100€ o quinto. O primeiro das charangas recibirá 300 euros e 200€ o segundo. Nos grupos de percusión e batucadas hai 200 euros para o primeiro e 100€ para o...
leer másA celebración do Domingo de Piñata en Lourenzá, co desfile de Entroido, ocasionará cambios no tráfico este día. Así o anuncia a alcaldesa, Rocío López García, a través dun bando.
A rexedora explica que este vindeiro domingo, día 5 de marzo, “permanecerán cortadas ao tráfico dende o comezo do desfile, ás 16:30 horas, ata o remate do mesmo as seguintes rúas: Ponte de Cuñas, dende a saída do Mercado Comarcal Gandeiro, Avenida do Val, Rego Vilazo, Doutor Rubiños, Campo da Feira, Praza Linares Rivas, Avelino Montero Villegas, Travesía da Mariña, Francisco Fernández del Riego, Muíño do Frade e Secretario Luis Iglesias. Así mesmo comunícase que se prohibe aparcar dende as 9 da mañá do mencionado día 5 de marzo nas mencionadas rúas, en Casas Novoa e na estrada que vai por detrás do Mercado Comarcal Gandeiro e comunica coa que leva a Trabada. A parada de autobús ese día trasládase á...
leer másO programa do Entroido de Xove terá lugar do 18 de febreiro ao 4 de marzo. O desfile será o 25.
Estas actividades van comezar esta semana, concretamente o sábado 18 de febreiro coa apertura da exposición de fotogrfía Homes e bestas, que recolle preto de 50 fotografías realizadas polo fotoperiodista José María Alvez e por Sergio López, este último fundador de Foto Sergio de Burela, finado hai xa uns anos. Esta mostra estará aberta ata o 4 de marzo, diariamente en horario de 18:00 a 21:00 horas na Sala de Exposicións do Centro Cívico.
O 24 de febreiro a Concellería de Servizos Sociais organiza o Festival de Entroido da Escola Infantil de Xove, que terá como prólogo un desfile polas rúas de Xove para rematar co propio Festival no Salón de Actos do Centro Cívico a partires das 11:00 horas.
...
leer másAs actividades do Entroido en Ribadeo desenvolveranse desde o 18 de febreiro ata o 4 de marzo.
Os días 18 e 19 de febreiro, sábado e domingo, celebrarase a Festa do Freixó. Nas dúas xornadas a partir das 12 do mediodía haberá degustación de freixós no Teatro. O sábado 25 celebrarase a Gala do Entroido no Teatro a partir das 21 horas cun pregón a cargo do Grupo de Teatro de Ribadeo. O domingo 26 ás 12 do mediodía sairá a Comparsa do Cocho e pola tarde haberá dous bailes, un infantil e o outro xuvenil.
O gran desfile do Entroido na vila ribadense celebrarase o martes día 28 de febreiro a partir das 17 horas. Sairá da avenida Rosalía de Castro e rematará diante da Casa do Concello. Haberá premios en metálico para adultos e premios infantís en vales de compra para utilizar nos establecementos asociados a ACISA Ribadeo...
leer másEn Barreiros o Desfile e Baile de Entroido terá lugar o vindeiro 3 de marzo, organizado polo Concello.
Ás 21 horas dará comezo o desfile polas rúas do pobo coas actuacións de Os Fandangueiros, A Folixa, Habelas Hainas e Os Macanudos. O percorrido será o seguinte: praza do Concello, Rúa Veiga, vivendas sociais, Camiño de Covas, Estrada da Praia, Rúa Urbanización Pedrós, Rúa Vila e remate na praza do Concello.
E ás 22:30 horas nunha carpa instalada na propia praza do Concello haberá a cea, que será servida por Chao dos Navais. O menú inclúe: entrantes fríos, churrasco, postre, pan, bebida e café por 12 euros persoa. Os interesados en acudir poden reservar no seguinte número de teléfono: 647 65 32 88.
Segundo explican desde o Concello “despois da cea será a entrega de premios e o Baile de...
leer másO Concello de O Valadouro a través da súa Concellería de Cultura organiza o desfile de Entroido o domingo 26 de febreiro. Repartiranse máis de 1.500 euros en premios nas seguintes categorías: infantil individual, infantil parella, infantil grupo, adulto individual, adulto parella e adulto grupo. O desfile dará comezo ás 17 horas.
As actividades programadas por esta Concellería continuarán no mes de marzo coa celebración do Mercado Tradicional Anual de Primavera o día 25.
Neste Mercado ademais das típicas vendas e degustacións dos produtos tradicionais, a hostalería da vila tamén presentará unha variada oferta de tapeo. O Mercado Tradicional Anual de Primavera compleméntase cunha mostra de artesanía e actividades divulgativas sobre a produción agraria do val.
Con esta cita o Concello...
leer másCoa cea de coroación da raíña arrinca este sábado, 11 de febreiro, o Entroido 2017 en Foz, “un dos mellores de Galicia”, segundo o alcalde, Javier Jorge Castiñeira, que este mediodía compareceu a carón da concelleira de Cultura, Silvia Blach Cuesta, para dar a coñecer o programa de actividades. O día grande será o sábado, 25 de febreiro, coa celebración do XXXVI Desfile do Entroido, que repartirá 7.000 euros en premios. A festa continuará ata o 3 de marzo, xornada na que terá lugar a Queima do Entroido.
O rexedor contou que “vimos de presentar unha nova edición do Entroido de Foz, e podemos dicir que quizais é un dos mellores de Galicia. Estamos contentos porque o programa está cheo de multitude de actos, que comezarán este sábado, 11 de febreiro, coa festa de coroación da raíña, onde máis de 600 persoas nos xuntaremos para darlle a...
leer más
A alcaldesa, Elena Candia, acompañada dos deseñadores Manuel Pampillón e Remedios Espantoso; do estilista Óscar Novo e da cantante Lucía Pérez, anunciou os detalles da gala benéfica, denominada 'La Moda y Tú' que se celebrará na localidade mindoniense o próximo domingo, día 8 de xaneiro, a partir das 19:00 horas no Auditorio Pascual Veiga.
O evento organízase co obxecto de recadar fondos para a investigación sobre o cancro infantil. O recadado destinarase íntegro para a asociación Nico Contra el Cáncer Infantil. Nas últimas horas foi presentado o cartel do evento.












