Desfile
A ACD As Minas organiza o desfile de Entroido na Pontenova, que terá lugar o 18 de febreiro no Local das Sociedades. A asociación conta coa colaboración do Concello da Pontenova. Ás once da noite dará comezo o baile, á unha e media da madrugada será o desfile de concurso e para as tres está prevista a entrega de premios. A velada estará amenizada por Puzzle Animación.
Para os grupos establécense tres premios. Primeiro premio: 350 euros; segundo premio: 150 euros e terceiro premio: 100 euros. O primeiro premio das parellas estará dotado con 100 euros e o segundo con 60 euros. E na categoría individual haberá un primeiro premio de 60 euros e un segundo de 30 euros. As bases poden consultarse nas redes sociais da ACD As Minas.
Desde as oito da tarde desenvolverase unha ruta de tapas polos bares do pobo: Puente,...
leer másDesde o Concello de Xove informan que Con respecto a anos anteriores, a edición deste ano conta cunha novidade xa que o venres 17 de febreiro, premio ao gran Desfile, imos ter no Pavillón Municipal uun BAILE INFANTIL DE DISFRACES amenizado pola DISCO MÓBIL CONXURO.
O sábado 18 de febreiro imos desenvolver as actividades centrais do Entroido, co seguinte programa:
-17:00 horas.- DESFILE DE ENTROIDO polas rúas de Xove, con saída do entorno do Campo Municipal de Fútbol e chegada no Centro Cívico. Durante o desfile e ao remate do mesmo contaremos coa amenización e actuación da MEKÁNIKA ROLLING BAND.
-Unha vez rematado o Desfile e a actuación da Mekánika Rollíng Band, imos ter festa rachada no Pavillón ata altas horas da madrugada. Esta festa rachada, que vai ser tamén un baile de...
leer másA asociación cultural O Picato convocou o concurso para o cartel anunciador do Entroido de Trabada. Para participar hai que presentar os traballos no Spar Express de Trabada e o prazo remata o 3 de febreiro, venres, ás 20:00 horas.
Cada participante no concurso pode entregar un máximo de dúas obras e o premio para o gañador é de 50 euros, que recibirá o 4 de marzo, durante a entrega de premios do desfile de Entroido, que se celebrará ese día.
Todas as obras que se presenten ao concurso serán expostos na Casa da Cultura de Trabada.
Desde o Concello sinalan que “este ano podemos recuperar unha das citas socioculturais máis peculiares do Vicedo. Trátase do desfile de Samaín, que vai celebrar a súa edición número 18 xa, e que conta coa axuda imprescindible da APA do Vicedo para poderse facer”.
Será o vindeiro luns, 31 de outubro, a partir das 19:30 horas saíndo da Casa da Cultura, pasando por varias rúas do Vicedo e regresando á Casa da Cultura para compartir todos os participantes unha chocolatada, ofrecida pola APA.
“Unha novidade deste ano será o obradoiro de lámpadas terroríficas que organiza a APA o luns pola mañá para nenos e nenas de Primaria, do que informará máis ampliamente a propia asociación. Lembramos a importancia de seguir a tradición deste desfile de portar traxes brancos (sexa sabas ou camisetas moi longas) para que os...
leer másA Asociación Cultural Xuvenil O Castelo organiza o desfile de Entroido de Alfoz, que se celebrará o luns da vindeira semana, 28 de febreiro, ás 21:00 horas no pavillón municipal.
As inscricións realizaranse de 19:30 a 21:00 horas, o aforo será limitado e a máscara e o certificado de vacinación serán obrigatorios.
Repartiranse 1.500 euros en premios. Haberá tres categorías en Infantil e Adultos, nos apartados de Individual, Parellas e Grupos, ademais de Comparsas e Charangas. Os premios en Infantil Individual serán: 40 euros para o 1º, 30€ para o 2º e 20 euros para o 3º; en Infantil Parellas: 60 euros para o 1º, 50€ para o 2º e 40 euros para o 3º; e en Infantil Grupos: 90 euros para o 1º, 70€ para o 2º e 50 euros para o 3º. Os premios en Adultos Individual serán: 60 euros para o 1º, 50€ para o 2º e 30 euros para o...
leer másO Concello de Viveiro comeza a súa programación de Entroido este sábado, 26 de febreiro, coa celebración das Alpuxarradas ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz. A reserva de entradas pódese facer no teléfono 982 560 162, de luns a venres, ou no correo rbg.cultura@viveiro.es. Os participantes no certame, no caso de non poder manter a distancia interpersoal de seguridade establecida en 1´5 m., terán que levar a máscara posta ou ben un test de antíxenos ou PCR. O público asistente terá que estar sentado e coa máscara.
O martes, 1 de marzo, terá lugar o desfile ás 17:30 horas. O prazo de inscrición é ata o 27 de marzo no rexistro municipal ou na sede electrónica, xa que por motivos organizativos non se anotará o día do desfile. O uso da máscara será obrigatorio para os participantes e para o público...
leer másXa está aberto o prazo de inscrición para participar no gran desfile de Entroido, que se celebrará o 1 de marzo e que repartirá máis de 4.000 euros en premios, segundo informan o Concello de Ribadeo e Acisa.
Dende a organización indican: “para obter información sobre a maneira de inscribirse recomendamos chamar aos teléfonos 982 128 689, 982 131 565 ou 982 120 565 ou ben consultar as webs do Concello ou de Acisa Ribadeo”.
E explican: “para participar no desfile, pode realizarse a inscrición en persoa no rexistro das oficinas municipais ou a través do correo electrónico turismo@ribadeo.org. As bases e ficha de inscrición atópanse no taboleiro de anuncios da sede electrónica do portal www.ribadeo.gal e na web...
leer másVolve de novo o Entroido ao Valadouro con forzas renovadas. Despois da paréntese forzosa pola situación sanitaria, regresa unha das máis celebradas tradicións festivas no val onde a imaxinación desbordante, as gañas de diversión e de festa dos veciños e visitantes enche as rúas da vila.
O 27 de febreiro será o desfile, o 1 de marzo terá lugar o Entroido infantil e o 5 de marzo haberá coplas e celebrarase o enterro da sardiña.
A organización do Entroido de Foz continúa avanzando e abre as inscricións para o seu desfile, que se celebrará o sábado 26. Ata o día 22 de febreiro ás 14.00 horas tod@s aqueles que queiran desfilar poderán anotarse no correo electrónico desfileentroidofoz22@gmail.com ou na Delegación de Cultura do Concello de Foz.
Para desfilar será necesario cumprimentar a documentación relativa a participantes (de todas as idades), vehículos e presentar os certificados COVID para que a organización os valide, no momento da presentación da documentación ou ben o día do sorteo de postos. En ningún caso se permitirán inscricións o mesmo día do desfile, xa que por motivos organizativos faise imposible. As dúbidas dos posibles participantes serán resoltas no teléfono 982.14.00.27, extensión 3 (Cultura)....
leer más