Entroido
19/02/2015
O alumnado e o profesorado da Escola Municipal de Música e Danza visitarán esta tarde o hospital asilo e o centro de día, segundo ven de anunciar Hugo García, director da EMMeD.
“Antes de que a queima do boneco poña punto e final ao Entroido 2015, o alumnado e o profesorado da EMMeD queren celebrar coas persoas maiores do asilo e do centro de día estas festas. Hoxe pola tarde ás 16 horas levarán o seu espectáculo da charanga de Entroido a estes dous espazos”, indicou García.
O director da EMMeD dixo que “desde hai uns anos vivimos con moita forza o Entroido na Escola e queremos trasladar esa paixón a todas as persoas que, por uns motivos ou outros, non poden vivilo nas rúas. Por elo lles achegaremos a nosa música e o noso baile”....
leer más 18/02/2015
A Asociación Mulleres Rurais As Espalladoras e o Concello de Cervo presentaron hoxe o cartel e o programa do Entroido de San Román que terá lugar este sábado. No acto estiveron presentes o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Xuventude, Yolanda Pedreira, a de Cultura, Begoña Alonso, a presidenta das Espalladoras, Inés Cobas e a tesoureira, Raquel Ferreira, entidade que organiza os eventos e coa que colabora o Concello así como a Asociación de Montes de San Román e a Fundación Alcoa.
En canto ás actividades, comezarán ás 22:30 horas no pavillón da parroquia co desfile de disfraces e o concurso, no que se repartirán ata 1.500 euros en premios repartidos nas categorías individual, parellas, grupos, comparsas (máis de 10 persoas) e charangas (con instrumentos musicais...
leer más 17/02/2015
Están á venda no Bar Central e no Rincón de Mondoñedo as tarxetas para asistir á cea baile do vindeiro sábado, 21 de febreiro, no Círculo Recreativo Casino de Mondoñedo. Os asistentes degustarán: sopa de cocido, cocido, orellas e roscas, os viños serán albariño e rioja e haberá tamén café e chupitos. O prezo por comensal é de 20 euros.
Desde a organización informan que haberá dous premios en cada unha das seguintes categorías: grupos, parellas e individuais. A festa estará amenizada polo dúo Diamantes.
16/02/2015
O vindeiro domingo, día 22, será o día grande do Entroido 2015 en Lourenzá coa celebración do tradicional desfile de Piñata, no que se repartirán 4.000 euros en premios. O evento foi presentado hoxe pola alcaldesa, Emma Álvarez Chao, e representantes da xunta directiva da asociación de comerciantes, industriais e autónomos de Lourenzá (ACIAL).
A rexedora municipal explicou que “o desfile, como nos anos anteriores, está organizado pola asociación de comerciantes de Lourenzá e polo Concello. Repartiranse 4.000 euros en premios, dos que 2.000 son aportados polo Concello e os 2.000 restantes pola asociación de comerciantes. Os premios divídense entre infantís, adultos, charangas e comparsas. Son 1.190 euros para os nenos, 1.325 para adultos, 600 para charangas e 750 para...
leer más 13/02/2015
Vista Alegre prepárase para vivir mañá o Entroido Laranxa coa 22ª xornada de Primeira División LNFS que enfrontará o CD Burela FS Pescados Rubén e o DLink Zaragoza, a partir das 18.30 horas. A entrada será gratuíta para os afeccionados que acudan disfrazados e haberá agasallos para o mellor disfrace adulto e infantil.
A bomboneira acollerá o duelo entre a décima praza dos da Mariña (26 puntos) e a duodécima (22) dos aragoneses, que chegan con boas sensacións tras o empate fronte ao FC Barcelona (4-4) da semana pasada. “Creo que está no seu mellor momento, ao mellor non o acompañan os resultados todo o que deberían pero iso é lóxico porque tamén está nun tramo de calendario complicado” opinaba Juanlu, facendo fincapé nas singularidades do DLink: “É un rival complicado, cun estilo que se nos resiste a moitos equipos. A súa defensa de zona obriga os rivais a...
leer más 12/02/2015
A asociación Conde Santo, de Lourenzá, celebrará o vindeiro día 16 o seu terceiro luns de Entroido. O evento terá lugar no recinto do Mercado Gandeiro e contará cunha temática central para os disfraces baseada nas distintas culturas e nacionalidades do mundo. Os nenos gozarán de música e xogos especiais a partir das cinco da tarde e poderán participar nunha chocolatada, organizada polo Concello, ao remate da festa infantil, que será gratuíta. Os adultos poderán acceder a outra festa, que terá lugar no mesmo recinto xa pola noite, a partir das 23 horas, cun custe de 5 euros por persoa. Nela outorgaranse premios aos mellores disfraces en catro categorías distintas: individual, parellas, grupos e o máis chistoso.
O presidente da asociación, Noé Recalde, explicou que “este é...
leer más 12/02/2015
A cidade de Mondoñedo celebra o Entroido o sábado dia 21 de febreiro e repartirá perto de 3.000 euros en premios.
Haberá premios para comparsas e charangas, grupos de máis de 10, grupos de 3 a 10, parellas, individuais e tamén na categoría infantil.
O concurso de desfile de disfraces percorrerá as rúas da cidade de Mondoñedo, a partir das 5 da tarde, e ao finalizar haberá ambientación musical na Praza do Concello.
Para participar hai que inscribirse, o sábado dia 21, no Campo dos Paxariños dende as 16:00 horas ata ás 17:00 horas.
11/02/2015
A comisión organizadora do Entroido de Ribadeo estrea mañá, 12 de febreiro, un concurso nas redes sociais para elixir aos mellores disfraces que percorrerán as rúas e establecementos ribadenses ata o 18 de febreiro. Con esta iniciativa a nova comisión pretende converter o Entroido ribadense nunha actividade moito máis dinámica e interactiva, na que as redes sociais teñan unha forte presenza. Os ribadenses poderán subir as súas fotos disfrazados a través da nova APP que se acaba de crear no Facebook oficial Entroido Ribadeo: https://www.facebook.com/entroidoribadeo. As instantáneas participantes concursarán en catro categorías (mellor disfrace individual, mellor disfrace en parella, mellor disfrace en grupo e mellor local/profesional/camareir@ caracterizad...
leer más 11/02/2015
Airiños do Xunco e o Concello traballan nos últimos detalles dos Entroidos de Cervo e San Ciprián respectivamente, nos que se mesturan as actividades infantís cos desfiles e concursos de disfraces. No caso dos actos para os nenos e nenas, en Cervo teñen preparado o tradicional playback infantil (sábado, 18:30 h., Casa do Concello), mentres en San Ciprián poderán participar nun baile de disfraces (luns, 18 h. Casa do Mar).
En canto aos desfiles, o primeiro será o de Cervo durante o Domingo de Entroido (18 h.) que partirá do pavillón do CEIP e discorrerá polas rúas da vila rematando na praza do Souto, onde se entregarán os premios. En San Ciprián celebrarase o Martes de Entroido (18 h.) con saída e remate na praza dos Campos. Ademais, ese mesmo día haberá música coa...
leer más 10/02/2015
A comisión organizadora do Entroido de Ribadeo última os preparativos para a celebración dos actos festivos que se desenvolverán ao longo dos vindeiros días na vila. O sábado terá lugar a primeira gala de Entroido, Que non cha conten!, coa lectura do pregón a cargo de Piti Alonso, acompañado de Coté Ventura, Inés Nécega e membros da Escola Municipal de Música de Ribadeo. Será a partir das 21 horas no Cine Teatro.
O presidente da comisión ribadense do Entroido, David Martínez, explicou que “xa queda pouco para o Entroido de Ribadeo, así que esperamos que toda a xente teña xa preparados os seus disfraces e veña a gozar desta festa connosco. Recordamos que o sábado temos unha preciosa gala de Entroido cun montón de sorpresas e moito humor. Esperamos que veña todo o mundo e...
leer más












