Feira

Etiquetas:
18/06/2018

A V Feira do Libro, que organiza o Concello de Ribadeo desenvolverase do 29 de xuño ao 1 de xullo. Será inaugurada por Marica Campo e a clausura correrá a cargo de Cándido Pazó. A feira terá como base de operacións a vella oficina de turismo e a carón dela, polo paseo do parque, estarán situadas as 10 casetas dos libreiros e libreiras participantes. O concelleiro de Cultura en Ribadeo, Farruco Graña, presentou esta tarde o cartel e adiantou parte do programa de actividades. Xunto a el estiveron os responsables das Librarías Galgo e Vivín e a técnica de Cultura, Neves Paz. 

Graña explicou que “xa son cinco anos, é a quinta edición desta nova fase da Feira do Libro en Ribadeo. É un pracer ver como van pasando os anos e se vai consolidando. Nesta ocasión quixemos dedicar o cartel de promoción ás pinturas de San Pedro de Arante, en especial a...

leer más
Etiquetas:
14/06/2018

A Delegación de Medio Rural do Concello de Foz organiza para este domingo, 17 de xuño, a feira anual de gando cabalar e vacún de A Espiñeira, na parroquia de Vilaronte. Haberá carreiras de cabalos con novidades nos premios e xuíces titulados, actuacións de grupos folclóricos e sesión vermú.

O concelleiro de Medio Rural en Foz, Pedro Fernández Manín, anuncia que “o vindeiro domingo, 17 de xuño, celébrase a tradicional feira anual de gando cabalar e vacún no barrio de A Espiñeira, na parroquia de Vilaronte”.

Fernández Manín lembra que “esta feira foi recuperada no ano 1998 por parte dos veciños e despois de vinte anos segue o Concello organizando esta feira. É un evento emblemático polo punto onde se celebra e é unha feira de toda a vida. Desde o Concello queremos apoiar a todos aqueles que nos acompañan este día....

leer más
Etiquetas:
14/06/2018

O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou hoxe que o pregoeiro da 34 Feira do Bonito será Fernando Romay, famoso ex xogador de baloncesto e comentarista deportivo en varios medios de comunicación. O Concello segue a traballar para conseguir a declaración de festa de interese turístico nacional para este importante evento gastronómico, que se celebra a principios do vindeiro mes de agosto.

O edil declarou que “desde la Delegación de Cultura queremos anunciar el pregonero de la próxima Feria del Bonito, que será la edición número 34, y como en estos últimos tres años estamos ayudando desde el Concello a que la Feria del Bonito tenga mayor repercusión, ayudando a Ledicia, que es la asociación que la organiza todo este tiempo. Intentamos aportar cosas que consigan ese objetivo que tenemos de hacerla de interés turístico nacional. Para ello...

leer más
Etiquetas:
23/04/2018

A cita, organizada pola asociación Cabaleiros do Xunco, en colaboración co Concello, terá lugar no polígono industrial de Cuíña durante toda a xornada.

Así o anunciaron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e os edís de Deportes e Medio Rural, José Ramón Soto e Plácido Pérez, na presentación do evento, na que tamén estivo presente o presidente da asociación Cabaleiros do Xunco, Julián Otero, e varios membros da Xunta directiva deste ente. 

Hai programadas actividades durante todo o día ao redor do gando. Deste xeito, dende as 8:00 horas ata as 14:00 horas, poderanse realizar transaccións comerciais no recinto feiral; ademais, pola mañá programáronse paseos gratuitos para os pequenos sobre cabalos de montura.

Xa pola tarde, a principal atracción estará centrada nas diferentes carreiras:...

leer más
Etiquetas:
09/04/2018

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o Alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias González,e o Presidente da Asociación de Ferreiros,José Manuel Cobo,xunto a outras autoridades,presentaron este luns a XII Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto, que se celebrará o vindeiro domingo, 15 de abril. A presentación tivo lugar na Forxa de Manolo de Viñabella e, durante o acto, tivo lugar unha demostración en vivo de artesanía do ferro.

Campos Conde subliñou“o compromiso do Executivo Provincial con esta cita, coa que mantemos unha estreita colaboración nos últimos anos, posto que se ten convertido nunha referencia na nosa provincia. Deste xeito, achegamos 11.000 euros para a celebración desta décimo segunda edición da feira, que logra atraer a milleiros de persoas ao municipio, dinamizando a economía local e do conxunto da Mariña Lucense,...

leer más
Etiquetas:
03/04/2018

Mañá, mércores 4 de marzo, terá lugar o comezo da XXIV edición da Feira da Ciencia de Ribadeo, no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo.  Nela participarán boa parte dos estudantes do IES como expositores dos seus propios traballos, dende os cursos iniciais que son impartidos no IES ós finais. Os traballos versarán sobre temas de Bioloxía, Xeoloxía, Física e Química.

Estará aberta mércores, xoves e venres en horario de mañá, de 9:20 a 13:10, cun pequeno descanso entre 11 e 11:30.

 

Etiquetas:
16/03/2018

ACIA/CCA de Foz, o Concello e a súa Delegación de Medio Ambiente, Clínica Veterinaria Foz, Fauna e a protectora de animais focense organizarán a 1ª Feira Foz Canina. Xa comezaron as xuntanzas de traballo para levar a cabo este evento.

As datas que se barallan son as do 13 e 14 de outubro. Desde a directiva do Centro Comercial Aberto subliñan que “estamos iniciando os contactos e o traballo para facer unha programación atractiva na que estarán implicadas as propias clínicas, a protectora, os provedores, etc…”. 

Neste evento, que se vai denominar 1ª Feira Foz Canina “haberá concursos, programas, conferencias, campañas de concienciación. Todo o que rodea ao mundo do can, ao mundo das nosas mascotas, estará presente nesta feira”.

30/11/2017

O Presidente da Deputación e Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde,xunto ao Tenente de Alcalde, Francisco Martínez Bermúdez, presentou na oficina de turismo deste municipio a XI Feira de Artesanía e Antigüidades da Pontenova, que terá lugaros días 8, 9 e 10 de decembro. Trátase dunha cita de referencia no sector das antigüidades e da artesanía na que participan profesionais de distintos puntos de Europa. Nesta edición, farano 60 anticuarios e artesáns de España, Francia e Portugal.

O Concello organiza este evento, ao que achega tamén 5.000 euros, contando coa colaboración de establecementos e colectivos da Pontenova, así como da Deputación de Lugo, que destina outros 5.000 euros, leva unha exposición de 120 pezas de olería e bargueños e promove unha ruta reinvidicativa en vespa para a posta en valor da Senda Verde, ademais de contribuír...

leer más
Etiquetas:
10/11/2017

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, xunto ao Alcalde de Muras, Manuel Requeijo; e ao Tenente Alcalde, Mario Rouco, presentaron este venres, na praza do Viveiró, a III Feira do Mel da montaña de Muras. Trátase da cita gastronómica que terá lugar os días 18 e 19 de novembro no municipio de Muras. O Goberno da Deputación colabora coa Feira cunha achega económica de 3.000 euros. Esta colaboración está enmarcada dentro do Plan Estratéxico de Turismo para poñer en valor os produtos autóctonos e contribuír así a desestacionalizar o turismo. 

Vidal Baamonde destacou que “dende o Executivo Provincial colaboramos con esta terceira edición da Feira do Mel, co obxectivo de potenciar e dar a coñecer este produto exquisito e de primeira calidade da nosa provincia, que se elabora no corazón da Serra do Xistral, ao tempo que dinamizamos a...

leer más
Etiquetas:
18/10/2017

O Observatorio da Mariña pola Igualdade e o Concello de Ribadeo organizar a I Feira Feminista de Outono, que terá lugar o 28 de outubro. A xornada acollerá múltiples actividades do ámbito social, cultural e educativo, que terán por escenario principal da praza 8 de marzo. 

A concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, indicou que “a primeira Feira Feminista de Outono está organizada polo Observatorio da Mariña pola Igualdade e coorganizada polo Concello de Ribadeo. Dende o Concello queremos congratularnos, felicitar e darlle as grazas ao Observatorio da Mariña por esta iniciativa pioneira, que é algo moi significativo non soamente no noso concello senón tamén en todo Galiza. Polo tanto é algo moi importante para nós”.

A edil nacionalista dixo que “se desde o Concello de Ribadeo, dende a Área de Igualdade, se...

leer más