Gastronomía
A xunta directiva de Acisa ultima os detalles das campañas que se desenvolverán en Ribadeo ata finais de ano. Do 2 ao 4 de novembro terá lugar unha nova edición das xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo e do 22 ao 25 dese mes celebrarase o Black Friday.
Na reunión mantida esta semana pola xunta directiva de Acisa acordouse continuar cun traballo intenso para tentar que o peche do ano sexa positivo e fíxose balance da repercusión que o turismo tivo para o comercio e a hostalería ribadense: “aínda que o mes de xullo foi bastante frouxo con respecto a anos anteriores, agosto cumpriu coas expectativas que nos realizamos, sobre todo para os hoteis e restaurantes da nosa vila. Setembro tamén estivo ben, pero debemos traballar para mellorar o impacto turístico no comercio e nos bares. É certo que puidemos ver as rúas de Ribadeo ateigadas...
leer másNa tarde de onte abriu as súas portas Foz Market 2018, na explanada portuaria, con grande asistencia de público. Polo recinto pasaron o alcalde, Javier Castiñeira, o presidente de ACIA/CCA, José Carlos Paleo, o concelleiro de Comercio, Ánxel Paleo, e o organizador do evento, Ángel Rojo. Ata o domingo as propostas gastronómicas das doce food trucks que participan en Foz Market 20018 serán as protagonistas. Tamén haberá actividades infantís polas tardes e concertos en directo polas noites.
O alcalde focense declarou na inauguración de Foz Market que “temos detrás estes anos de experiencia e á xente encántalle. É unha combinación estupenda tanto a parte gastronómica das food trucks, que é un dos enganches importantes desta feira, como a parte dos nenos. Todo o ocio que hai, poder estar nun recinto onde combines gastronomía e ocio, e tamén a...
leer másRibadeo gozará esta semana de diversas actividades que darán comezo este martes, 14 de agosto, coa actuación da compañía Lila Teatro que presenta Duncan de Palleiro. A representación dará comezo ás 20:30 horas e terá lugar no parque San Francisco (se chove no Teatro).
Ata o 26 de agosto continúa, no forte de San Damian Mariñarte, coas Conversas entre Lucía Vila e Cris Basanta. O horario de visita é de 11:30 a 13:30 horas, e de 18:30 a 20:30 horas. A exposición permanecerá pechada este xoves 16 pola mañá e o venres 17 durante toda a xornada.
O xoves, día 16, a Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o tradicional concerto de San Roque a carón da igrexa, unha vez rematada a misa. O sábado 18 ás 21:00 horas a Banda de Música volverá actuar no auditorio de Cabanela.
Tamén o sábado, 18...
leer másA 2ª Festa do Ovo Frito celebrarase o vindeiro martes, 14 de agosto, no campo do Cascabeiro, en San Cosme de Barreiros. O obxectivo é recadar fondos para o Celta Barreiros e pasar unha boa noite de festa. A cita dará comezo ás oito da tarde e por seis euros será posible degustar patacas, un par de ovos fritos, un chourizo, pan e bebida. A noite contará con animación musical. O evento foi presentado este mediodía no Concello de Barreiros coa presenza do alcalde, Alfonso Fuente; do primeiro tenente de alcalde, José Manuel Gómez Puente; e do presidente do Celta Barreiros, José Manuel García Cela, entre outros.
O presidente do club de fútbol barreirense manifestou que “é a Festa do Ovo Frito que celebramos no campo de fútbol do Cascabeiro, en San Cosme de Barreiros. Xa organizamos o ano pasado a primeira edición para recadar fondos como axuda para o Celta Barreiros de fútbol e...
Trabada acolle a celebración a 1ª Festa Gastronómica da Enfariñada. A cita terá lugar o domingo, 6 de maio, na Praza do Concello.
Dará comezo ás 13:30 horas e a organización anuncia que haberá moitas sorpresas durante a festa.
O evento pretende poñer en valor a riqueza patrimonial e natural do concello xunto á súa riqueza gastronómica.
Organizan o Concello de Trabada, Trabada Camiño natural, Trabada Futsal e a Asociación de Mulleres Rurais Marco da Pena Verde.
O Concello de Ribadeo, coincidindo coa celebración da décimo terceira edición do Ribadeo de Tapeo, organiza o vindeiro 16 de maio a partir das 20.30 horas nos locais participantes, a I GastroXincana.
Trátase dun xogo por equipos que consiste en superar unha serie de probas a través de pistas e que está dirixido a maiores de 18 anos. Os equipos estarán formados por un mínimo de 5 e un máximo de 10 compoñentes e o grupo que acade unha maior puntuación gañará unha cea para todos os membros do seu equipo.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse a través do correo gastroxincanaribadeo@gmail.com, onde se deberá informar do número de participantes, os nomes e un teléfono ou correo de contacto. As bases poden descargarse na web do Concello de Ribadeo na...
leer másLa primavera, el buen tiempo y las temperaturas agradables parecen haber llegado a Ribadeo. Es la época ideal para acercarse a esta bella localidad y disfrutarla sin masificaciones. Es el momento de planificar un fin de semana para venir a Ribadeo, para perderse por sus calles comerciales, por sus rincones camino del puerto, para ver como se pone el sol desde el paseo del faro, para recorrer su pasado indiano… y para saborear la amplia oferta gastronómica que la hostelería prepara con esmero cada día.
Voy a poner unos cuantos ejemplos. En A Dorada do Cantábrico se celebran las Jornadas de los Arroces hasta hoy, 22 de abril; en el Voar están en marcha sus primeras Jornadas de las Carnes a la Brasa; en O Cabazo sirven menús especiales de fin de semana y también un sabroso menú degustación para acercarnos a algunos de los sabores de esta...
leer másO Presidente da Deputación, Darío Campos Conde; o Alcalde da Pastoriza, Primitivo IglesiasSierra, e o Presidente da Asociación de Amigos da Feira de Bretoña, Luís LindínLoisanos, presentaron este luns no CENTRAD, a X Edición da Festa de bola de liscos e das freces da Pastoriza, que se celebrará os días 21 e 22 de abril, na que colabora o Goberno da Deputación cunha achega de 3.000 euros. Ademais nesta ocasión, tamén haberá unha exposición dun selecto grupo de materiais de artesanía como pezas de olería, traxes tradicionais e cestería.
Campos Conde avanzou“que o Executivo Provincial é a unica administración, xunto co Concello, que promove económicamente este evento, no que colaboran diversas asociacións da vila.Esta pasada fin de semana vimos de apoiar a festa dos Ferreiros de Riotorto coa que tamén colaborou o Goberno da Deputación, a...
leer másO restaurante Texturas Galegas, de Ribadeo, que rexenta o cociñeiro Javier Montero, acolle desde mañá, 28 de marzo, e ata finais de abril unha exposición de Celso Dourado titulada Botánica. O artista barreirense pretende render homenaxe ás plantas, ás flores e ás verduras, produtos que Javier Montero emprega para elaborar os pratos que se poden saborear no seu establecemento.
Celso Dourado explicou que “dados os meus lazos familiares co cociñeiro Javier Montero e a miña amizade con el, tras unha conversa un día nunha cea, decidimos facer unha colaboración eu como artista e el como cociñeiro, cun referente que son as plantas, as utilizadas na cociña e a planta como motivo artístico”.
O artista de Barreiros detallou que “é unha serie que leva por título Botánica, consiste nuns dez cadros, e estará exposta no...
leer más