Mondoñedo
Ven de presentarse o XXXII Mercado Medieval de Mondoñedo que terá lugar os vindeiros días 9, 10 e 11 de agosto de 2024 no centro urbano da cidade episcopal.
O programa contará con máis de un cento de actividades repartidas nos tres días e serán pregoeiros do mesmo María Teresa Sanz Martínez e Pablo Zarzalejo Santamaría, que foron os primeiros en casarse na Voda Medieval do ano 2009.
O programa desenrolara máis de un cento de actividades que abranguen desfiles de cabaleiros, ruadas musicais e de atraccións, torneos medievais, contacontos, monicreques, cetrería, unha voda medieval e, por suposto, a Cea Medieval do sábado.
No acto de presentación estiveron presentes voluntarios/-as, colaboradores/-as, representantes de asociacións colaboradoras, así como o Alcalde de Mondoñedo, o Delegado...
leer másA programación infantil de verán do Concello de Mondoñedo inclúe diversas actividades que empezan o 19 de xullo e rematan o 16 de agosto.
Este venres, día 19, ás 20:30 horas na Praza do Concello haberá o espectáculo de contacontos “Planeta LGTBIQ”, ofrecido por Caxoto.
Para o 26 de xullo, tamén venres, ás 20:00 horas na Praza do Concello está programado un espectáculo de maxia con Dani Polo.
O 2 de agosto ás 20:30 horas na Praza da Catedral Caxoto ofrecerá “Conto para escoitar mentres bailamos un vals”.
O xoves 8 de agosto ás 20 horas na Praza da Catedral terá lugar o espectáculo titulado “Os Bolechas volven a Mondo”.
E o 16 de agosto, venres, ás 20:30 horas na Praza da Catedral haberá xogos, con Puzzle Animación.
... leer másA parroquia de Couboeira, no concello de Mondoñedo, celebra a festa na honra de Santa María Magdalena e San Antonio este domingo, día 21 de xullo.
As actividades comezarán ás 13:00 horas con misa solemne, seguida de procesión e sesión vermú amenizada pola orquestra Alianza, que tamén actuará na verbena.
A organización destaca que haberá amplos aparcamentos e foguetes de artificio.
San Martiño e Figueiras, no concello de Mondoñedo, celebrarán as festas na honra de Santa Isabel esta fin de semana, o sábado 6 e o domingo 7 de xullo.
As actividades comezarán o sábado ás 13:00 con misa solemne, seguida de procesión e sesión vermú, amenizada pola orquestra Salsarena, que tamén actuará na verbena xunto ao dúo Venús.
E o domingo ás 13:00 horas haberá misa solemne e a continuación procesión e sesión vermú, co dúo Venús.
O campo da festa estará cuberto con carpa.
A cuadraxésimo quinta edición da Rapa das Bestas de Campo do Oso, no concello de Mondoñedo, celebrarase este domingo, 30 de xuño.
Para as 10:30 horas está programada a saída dos xinetes para a baixada dos animais ó curro, que será ás 11:30 horas; e ás 12:15 empezará a rapa e marcado dos animais. Ás 14:00 horas haberá sesión vermú, ás 15:00 empezará o xantar popular e a partir das 17:00 horas terá lugar o baile de tarde.
Haberá xornadas de degustación de carne de poldro de balde e a festa estará amenizada por Verónica Cambón.
A parroquia de Argomoso, no concello de Mondoñedo, celebrará as festas na honra a San Pedro esta fin de semana, o sábado 29 e o domingo 30 de xuño.
As actividades comezarán o sábado ás 13:00 horas con misa solemne, seguida de procesión e sesión vermú, amenizada polo grupo Fama, que tamén actuará na verbena xunto ao dúo Cover.
E o domingo ás 13:30 horas haberá misa solemne e despois procesión e sesión vermú larga co grupo Lume.
As asociacións Barrio dos Muíños e O Pasatempo, de Mondoñedo, organizan a festa do San Xoán, que se celebrará nesa zona mindoniense este domingo, 23 de xuño.
As actividades empezarán ás 14 horas cunha sesión vermú, ás 15:00 horas comezará un xantar popular, desde as 17 horas haberá colchonetas e ás 18 horas terá lugar unha “sesión bailoteo”. A música correrá a cargo do solista José Anido.
Ás 21:00 horas farase a Queima do Folión e rematará a festa con máis música.
Mondoñedo acollerá unha xuntanza de vehículos clásicos este sábado, 22 de xuño. É a décima edición deste evento organizado pola asociación Clásicos Mindoniense.
As actividades empezarán ás 10:00 horas coa recepción e inscrición dos vehículos, entrega de tickets para a comida e sorteo de regalos. Ás doce do mediodía comezarán unha ruta e ás 15:00 horas será a comida e ao rematar o xantar farase entrega de premios e sorteo de agasallos. E ás 20:00 horas os participantes degustarán pinchos.
A Escola Municipal de Música O Pallarego, de Mondoñedo, celebrará o Día Europeo da Música o mércores 19 de xuño e dará un concerto de fin de curso ao día seguinte, o xoves 20.
A conmemoración do Día Europeo da Música será o mércores ás 12:20 horas na Praza do Concello e contará coa participación do centro escolar mindoniense CEIP Álvaro Cunqueiro Mora.
E concerto de fin de curso será o xoves 20 de xuño ás 20:30 horas no auditorio Pascual Veiga. Participará o alumnado da Escola de Música e o do obradoiro infantil.
O lugar do Valiño, na parroquia mindoniense dos Remedios, celebrará a súa festa na honra a San Antonio de Padua este sábado, 15 de xuño.
As actividades empezarán ás 12 do mediodía con misa e despois haberá procesión e sesión vermú, co dúo Crazy, que tamén amenizará a verbena xunto ao grupo Fusión Latina.