Eventos
Volve de novo o Entroido ao Valadouro con forzas renovadas. Despois da paréntese forzosa pola situación sanitaria, regresa unha das máis celebradas tradicións festivas no val onde a imaxinación desbordante, as gañas de diversión e de festa dos veciños e visitantes enche as rúas da vila.
O 27 de febreiro será o desfile, o 1 de marzo terá lugar o Entroido infantil e o 5 de marzo haberá coplas e celebrarase o enterro da sardiña.
Lourenzá acollerá o día 27 deste mes, domingo, o primeiro rexistro de exemplares de cabalos de raza marchador galego. Este evento está organizado polo Concello de Lourenzá e a Asociación de Criadores do Cabalo de Pura Raza Galega (PURAGA) e foi anunciado hoxe, venres, pola alcaldesa de Lourenzá, Rocío López.
O xestor do proxecto do cabalo marchador galego impulsado por PURAGA, Nacho López, explica que “dentro do proxecto de recuperación do cabalo marchador galego temos programadas varias quedadas ao longo do ano. A primeira decidimos facela en Lourenzá porque foi onde se fixo o ano pasado a presentación deste proxecto. Trátase de seguir coa nosa idea de reivindicar o cabalo marchador galego, o cabalo tradicional de andadura de Galicia”.
En canto ás actividades, Nacho López anuncia: “faremos pola mañá unha ruta...
leer másO Concello de Ribadeo e a Agrupación Cultural Francisco Lanza organizan un recital poético, que se celebrará o 23 de febreiro, Día de Rosalía de Castro. O acto dará comezo ás 18:00 horas e terá lugar na rúa Rodríguez Murias.
A música correrá a cargo de Andrés Bermúdez ao piano e colabora a Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo.
Preténdese xuntar moitas voces dispares unidas polo amor ao idioma e faise un chamamento á participación comunicando aquelas persoas que o desexen o poema da súa preferencia antes do vindeiro martes, día 22, ás 14:00 horas no teléfono 982 131 565.
A organización do Entroido de Foz continúa avanzando e abre as inscricións para o seu desfile, que se celebrará o sábado 26. Ata o día 22 de febreiro ás 14.00 horas tod@s aqueles que queiran desfilar poderán anotarse no correo electrónico desfileentroidofoz22@gmail.com ou na Delegación de Cultura do Concello de Foz.
Para desfilar será necesario cumprimentar a documentación relativa a participantes (de todas as idades), vehículos e presentar os certificados COVID para que a organización os valide, no momento da presentación da documentación ou ben o día do sorteo de postos. En ningún caso se permitirán inscricións o mesmo día do desfile, xa que por motivos organizativos faise imposible. As dúbidas dos posibles participantes serán resoltas no teléfono 982.14.00.27, extensión 3 (Cultura)....
leer másAs inscricións ao Concurso de Disfraces do Desfile de Entroido ábrense este xoves
O Concello de Viveiro anuncia os detalles do programa do Entroido 2022, cuxos eventos comezarán o próximo xoves 24 de febreiro e rematarán o mércores 2 de marzo. O goberno local recupera así esta festa, tras a mellora epidemiolóxica, contando de novo co tradicional Concurso de Disfraces do Desfile de Entroido, cuxas inscricións abren este venres.
O programa de actividades retoma as Alpuxarradas e o enterro da sardiña, ademais de obradoiros e inchables para a infancia, un scape room e diferentes eventos con música en directo.
A programación comezará o xoves 24 co “Juepeo especial de comadres”, nos locais de hostalaría do Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro. O sábado 26 será o momento da “Troula de...
leer másA Concellería de Festexos presentou hoxe o cartel do Entroido 2022. Os actos programados desenvolveranse do 25 de febreiro ao 2 de marzo.
O Entroido burelés arrincará o venres, 25 de febreiro, coa celebración do xogo Busca do Tesouro, que sairá da praza de abastos ás 19:00 horas. Está organizado polo Grupo de Participación Adolescente e a inscrición previa pódese facer no teléfono 676 816 090 ou en info@branqueasociacioncurtural.com. Os grupos terán un máximo de cinco persoas, que deberán ir disfrazadas e os menores de 12 anos terán que ir acompañados de adultos.
O domingo, 27 de febreiro, celebrarase o Desfile de Carnaval que comezará ás 17:00 horas na rúa do Ril para rematar na Praza do Concello. As inscricións pódense facer na Casa da Xuventude ata o 25...
leer másA asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha viaxe á Alberca por terras salmantinas, que terá lugar do 14 ao 17 de maio.
A saída será o sábado 14 ás 6:00 horas de Foz e ás 6:15 horas de Ferreira.
As persoas interesadas en participar poden anotarse ata o día 6 de marzo, nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou en ossendeiros@yahoo.es. Os prezos son: 276 euros para os socios federados; 286 euros para os socios non federados e 291 euros para os socios temporais. Inclúe pensión complete en habitación dobre.
As rutas teñen un nivel de dificultade medio e o guía da viaxe será Santos Cordovilla, con quen se visitarán cinco conxuntos históricos como San Martín del Castañar e Mogarraz e de regreso visitarase o Canal de Castilla, obra de enxeñería do...
leer másA comisión de festas o Noso Foz e o Concello de Foz continúan traballando para que a edición 40 do seu desfile sexa a máis especial a pesar das medidas sanitarias e o COVID. O programa, que está pechando os seus últimos detalles, é amplo e inclúe diversos actos.
O próximo sábado 19 ás 15.00h será a comida de coroación na que sobre ás 17.30h Roberto Gómez (Alfalfa) recibirá a coroa de Andrea García Mondelo.
Os actos continuarán o xoves 24, día no que ás 18.30 se inaugurará a exposición do Entroido no Cenima, que estará adicada aos Pé do Molete, e acto seguido ás 20.00h na carpa da Sala Bahía estrearase o documental conmemorativo deste 40 aniversario.
O venres 25, será a quenda para o pregón ás 20h que darán os Pé do Molete e á súa finalización Dani Irimia levará a batuta das coplas,...
leer más












