Eventos

30/12/2020

O Concello de Viveiro informa da suspensión desde esta mesma tarde de toda a programación cultural que estaba prevista para o Nadal, debido á situación do peche perimetral e as restricións impostas pola Xunta de Galicia.

O Concello mantén unicamente aberto o belén Viveiro ante o Berce por ser nun espazo aberto e ao aire libre no que se conta cun protocolo Covid.

A Concellaría de Cultura traballa para que o Día de Reis haxa algunha sorpresa, pero sempre con total seguridade e dentro do protocolo e das medidas establecidas, co fin de poder manter a maxia dese día para todos os nenos e nenas.

Etiquetas:
29/12/2020

As Casas Reais dos Magos de Oriente e o Concello de Foz asinaron un convenio interadministrativo para facilitar a entrega de agasallos ás nenas e nenos focegos neste Nadal 2020 a pesar das restricións horarias pola pandemia.

Nun contexto especialmente duro pola crise sanitaria, que provocou moitas dificultades ás pícaras e pícaros focegos, e tendo en conta que o comportamento das nenas e nenos de Foz foi excelente, salvo casos moi puntuais e en contadas ocasións, as Administracións asinaron este acordo para facilitar a entrega de agasallos.

Os asinantes analizaron e trataron en profundidade as dificultades do horario de restrición de mobilidade ás 23 horas e as escrupulosas medidas sanitarias para evitar a expansión do COVID, que ralentizan a entrega de agasallos en todo o mundo. Por este motivo o Concello de Foz...

leer más
Etiquetas:
29/12/2020

O Mago Rafa actuará no salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz o luns, 4 de xaneiro, a partires das 18:00 horas.

O espectáculo leva por título A Nova Maxia-Lidade e naceu na soidade do local de ensaio do Mago Rafa onde pasou oitenta días confinado desenvolvendo unha montaxe para a volta á nova normalidade, pero nada é normal. Trátase dunha función para o desfrute familiar e comprometida cunha cultura segura e exemplar.

Esta actuación, organizada polo Concello de Alfoz, está subvencionada pola Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.

 

Etiquetas:
29/12/2020

Debido ao alto número de casos de Covid-19 que neste momento ten Xove, e tendo en conta as medidas adoptadas pola Xunta de Galicia neste sentido, o Concello de Xove decidiu cancelar  a recepción das Súas Maxestades os Reis Magos, que estaba prevista no pavillón municipal de deportes para o vindeiro martes, 5 de xaneiro. Desde o Concello subliñan que “loxicamente, con esta medida tratamos de preservar a saúde de todos, que para nós é o máis importante”. 

A maxia do Nadal non pode desaparecer. A pesares do Covid-19, os Reis Magos van estar igualmente con nós, pasando por todas as casas dos nenos e neas de Xoveo na medianoite do 5 para o 6.  Polo tanto, desde o Concello animan a todos e todas  a que esperen con ilusión esa máxica noite.

Etiquetas:
29/12/2020

O Concello de O Vicedo continúa coa súa programación de Nadal coa actuación do Mago Deimi, que terá lugar o vindeiro domingo, 3 de xaneiro, ás 18:00 horas na Casa da Cultura.

Trátase dun espectáculo de maxia variada e divertida, moi dinámica e cun toque de humor e desenfado que encaixa á perfección co público familiar. Destaca a técnica deste mago con moita experiencia e dilatada traxectoria en cartomaxia, manipulación, escapismo, mentalismo, levitacións, aparicións e desaparicións, maxia con lume e transformacións, entre outros. Toda a montaxe está acompañada de grandes doses de retranca e música de fondo para marcar o ritmo dun espectáculo no que é fundamental a participación do público.

Manteranse as medidas establecidas por Sanidade e o aforo estará limitado a 60 persoas ás que se lles vai ir asignando butaca...

leer más
26/12/2020

Debido ao alto número de casos de Covid-19 que neste momento ten Xove cun incremento continuo, o Concello decidiu suspender as actividades do Programa de Nadal previstas para estes vindeiros días. Desde o Concello subliñan: “loxicamente, tratamos de preservar a saúde de todos, que para nós é o máis importante. Polo tanto, suspendemos a  vídeo proxección da curtametraxe de Xacio Baño Augas Abisais, que estaba prevista para este sábado, 26 de decembro, e tamén suspendemos a función de teatro de Pico do Castro O Terapeuta, que estaba prevista para este domingo, día 27”.

Etiquetas:
26/12/2020

Dentro dos condicionantes que se impoñen nestes tempos, o Resort Thalasso Las Sirenas de Viveiro (Lugo) non perde a súa festa de despedida do ano, nesta ocasión con máis gañas ca nunca, xa que na noite do 31 de decembro acollerá a súa tradicional cea de fin de ano.

Dadas as restriccións de horario marcadas polas autoridades, nesta ocasión o protagonismo da noitevella será máis para a gastronomía e menos para a festa, que durará pouco tempo tra-las badaladas.

O menú que se ofrecerá para despedir o ano inclúe Salpicón de Lumbrigante; Vieira en dúas preparacións; Pescada do pincho de Burela rechea de marisco, cama de panadeira e salsa de porros; Sorbete de mojito; e Solombo de Ternera Gallega albardado, foie micuit, pataca bastón e atado de trigueiros.

Ademais da cea de fin de ano, o Hotel...

leer más
Etiquetas:
24/12/2020

As nenas e os nenos de Burela disfrutarán de inchables e xogos do 28 ao 30 de decembro no pavillón dos institutos, segundo deu a coñecer hoxe o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey. 

O edil explicou que “a intención era facer esta actividade na praza da Mariña, pero como a previsión do tempo para eses días é de auga decidimos trasladalas ao pavillón dos institutos. De todos os xeitos, si algunha xornada fose seca poderíamos levar os inchables ao exterior”. 

Unha das maiores atraccións será un tobogán deslizador con efecto neve: “é a primeira vez que se conta con el na Mariña. Está destinado a todas as idades, para os nenos e as nenas e os seus pais e nais. Este inchable é para toda a familia. Hai outros que só son para @s nen@s”. 

Fernández Rey dixo que “será necesario...

leer más
Etiquetas:
23/12/2020

A Concellería de Cultura de Burela programa para os vindeiros días de Nadal, a actuación da charanga Louband, que terá lugar o 25 de decembro. O 26 ás 18:00 horas, no Auditorio Municipal proxectarase de novo o documental Honra, de Breixo Llano, Xabi Piñeiro e Adrián Canoura que conta o ascenso do Cefire Burela á División de Honra no ano 1999. A entrada será de balde e a reserva de butaca pódese facer mandando un correo cos datos persoais a documentalhonra@gmail.com. Ademais o domingo 27 ás 19:30 horas, tamén no Auditorio Municipal, Katarsis Teatro representará Malas palabras, protagonizada por Estíbaliz Veiga, en homenaxe a Carvalho Calero a quen se dedicou este ano o Día das Letras Galegas. Tamén, ata o día 5 de xaneiro seguirá desenvolvéndose o xogo infantil interactivo Burela salva o Nadal.

... leer más
Etiquetas:
21/12/2020

Os Reis Magos de Oriente, en colaboración con operarios municipais do Concello de Foz, procederon á colocación de 12 buzóns para facilitar a achega de cartas ás nenas e nenos de todo o municipio.

O rei Melchor incidía na importancia de que os buzóns estean preto das casas, repartidos por todo o concello, para que os desprazamentos sexan os mínimos debido aos protocolos polo COVID que hai que cumprir este ano. Así, dispuxéronse catro buzóns repartidos polo casco urbano e outros oito, un por parroquia, para que todos os rapaces teñan a posibilidade de enviar as súas peticións.

O rei Gaspar aplaudía o ben que están a levar as medidas todos os pequechos, xa que puido observar que sempre saen á rúa coa máscara posta. E Baltasar lembrou que terán en conta os comportamentos durante todo o ano, pero tamén as dificultades...

leer más