Eventos
Un bono apoiará a afluencia de público ás obras de entrada máis cara da programación cultural de Ribadeo do vindeiro mes de decembro. A concelleira Pilar Otero subliñou que “en concreto, serán dúas funcións, as dúas concibidas para que vaia ao auditorio municipal toda a familia. Unha de danza, aproveitando a afección que crea a alta matrícula na área de Danza da Escola de Música, e outra de circo. As persoas que compren entradas para os dous espectáculos verán reducido o importe nun 20%”.
A edil de Cultura sinalou que “Mucab Dans, compañía catalá que nace entre Barcelona e Girona presenta Bowling na ponte de decembro, concretamente o día 5, sábado. Trátase dun espectáculo visual, poético e innovador, onde a danza, a música en directo e a tecnoloxía nos convidan a voar por un mundo fantástico, máxico e absurdo. Pola súa banda, a compañía...
leer másO Concello de Ribadeo, a través da Área de Economía, Desenvolvemento Local e Turismo desenvolverá este ano por vez primeira o Mercadiño de Nadal, coincidindo coas datas propias do Nadal. Terá lugar entre o 19 de decembro ao 5 de xaneiro, estará destinado a persoas artesáns, creadoras e produtoras e as casetas estarán situadas nun espazo céntrico da vila.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, explicou que “o Concello de Ribadeo este ano, dadas as circunstancias sanitarias, opta por celebrar este Mercadiño de Nadal, que será mais reducido aínda que máis estendido no tempo coincidindo co Nadal, en lugar do xa tradicional Mercado de Nadal que tiña lugar na ponte de decembro”.
Vizoso Galdo dixo que “a convocatoria está dirixida a persoas artesáns, produtoras con capacidade para exhibir e vender...
leer másAcisa colabora coa agrupación de Cáritas Ribadeo na localidade nunha recollida solidaria de alimentos para Nadal. Máis de 30 establecementos asociados participan nesta iniciativa que se prolongará ata mediados de decembro.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “se trata dunha iniciativa que poñemos en marcha en colaboración coa agrupación de Cáritas de Ribadeo e consiste nunha recollida solidaria de alimentos. A campaña comezou hoxe mesmo e prolongarase ata o segundo fin de semana de decembro”.
O presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, Francisco Iriarte, dixo que “desde Acisa levamos meses pensando na maneira de poder colaborar de forma activa cos máis necesitados. Son momentos difíciles, nos que hai moita xente que agora mesmo non ten ingresos, que perdeu o traballo...
leer másA Concellaría de Cultura promociona a danza contemporánea para o público xeral e para o alumnado da súa Escola Municipal de Música e Danza. Será este domingo, 8 de novembro, ás 17:30 horas no Auditorio Municipal. Sabela Domínguez e Julia Laport, da compañía Elahood, ofrecerán unha función para todos os públicos. A edil Pilar Otero anima á veciñanza a acudir a esta cita.
A concelleira de Cultura declarou que “a pesar de como condiciona a nosa vida a pandemia, e dado que o sector do lecer cultural revélase como dos máis seguros, a Concellería de Cultura de Ribadeo segue cunha programación que se mantén case nos niveis precovid. Así mantén o compromiso que a principios deste ano contraera co colectivo Cara A Unha Escea Plural que, baixo o patrocinio de Agadic, busca que a danza contemporánea teña un lugar fixo nas programacións culturais...
leer másA Concellería de Agricultura, Gandeiría e Montes do Concello de Xove abre o prazo para solicitar árbores froiteiras, árbores forestais autóctonas e plantas ornamentais. Trátase dunha iniciativa que a Concellería ven desenvolvendo dende hai anos co fin de mellorar o medio natural e o entorno das vivendas. A esta iniciativa poden acudir todas as persoas que estean censadas en Xove.
Como novidade este ano, tamén se abre esta solicitude a tódolos propietarios de parcelas ubicadas no termino municipal que non estean censados en Xove, cuxas parcelas estean afectadas pola faixa de protección de incendios de núcleos rurais, vivendas, etc. Neste caso, estes propietarios só poderán solicitar árbores forestais autóctonas.
O prazo de solicitude será do 3 de novembro ao 30 de decembro, ámbolos dous días incluídos. As...
leer másO Concello de Foz mantivo unha reunión telemática con representantes dos distintos grupos e comparsas do Entroido de Foz para preparar unha celebración que será diferente a dos anos anteriores debido á pandemia de COVID-19.
O alcalde focense, Fran Cajoto, explica que “nun contexto complicado de pandemia coincidimos en que hai que manter o espírito do Entroido vivo, polo que saíron a colación na reunión distintas alternativas, como potenciar a revista do Carnaval ou promover mediante o audiovisual distintas accións. Nun ano no que as actividades multitudinarias non son posibles, é de agradecer o entusiasmo e a dedicación que lle seguen poñendo as distintas peñas, valor que debemos potenciar xa que o compañeirismo e o tecido social e asociativo que existe en Foz é unha das nosas principais sinais de identidade e un orgullo para todos os...
leer másKatia Puga Gonzalez é a afortunada do segundo sorteo de panchas que Acisa realizou hoxe, venres, dentro da campaña Domingueo en Ribadeo.
Desde a asociación lembran que “poderá pasar a recoller as súas 40 panchas polas oficinas de Acisa Ribadeo, sitas na rúa San Roque, de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas”.
Os vindeiros sorteos de panchas serán o 30 de outubro e o 6 de novembro entre os usuarios rexistrados na app de Ribadeo Cerca de Ti.
A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe a presentación das XIII Xornadas Abrindo Camiño que se celebran esta fin de semana en Mondoñedo para promocionar a ruta xacobea do Norte. Están organizadas pola asociación do mesmo nome (Abrindo Camiño), coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Mondoñedo. No acto participaron o delegado territorial, Javier Arias; Luís Fernández Ansedes, presidente da entidade organizadora, e a concelleira Patricia Otero.
O Goberno galego patrocina as xornadas, que serven para poñer de manifesto a riqueza cultural, patrimonial e gastronómica da ruta, mediante charlas, visitas guiadas, exposicións ou concertos.
A programación desenvolverase entre o venres 23 e o domingo 25 de outubro. Inclúe exposicións de fotografía, do Museo das Zocas e da artesanía do barrio dos...
leer másDesde o Concello explican que “este ano por mor da pandemia que estamos a sufrir, debemos mudar a programación que víñamos facendo arredor do Samaín e que contribuía a conciliación familiar. Para non perder a vinculación con esta festividade, desde o Concello de Barreiros propoñemos un Samaín participativo desde os fogares e con dúas modalidades: decoración e relato”.
MODALIDADE DECORACIÓN.
OBXECTO: decora cabazas, espazos, comidas, xardíns… con temática de medo ou referente ao Samaín. Fomenta a túa creatividade!
CATEGORÍAS:
- De 3 a 6 anos.
- De 7 a 11 anos.
PRESENTACIÓN: enviar foto da decoración realizada por whatsapp ao número 666-87-59-46 desde o 15 de outubro ata o 29 de outubro do 2020; acompañando texto con título, nome e apelidos, teléfono de contacto e idade.
DETALLE: 1 por categoría para a...