Eventos
Tras a semana de Noiteboa, o Concello de Viveiro continúa co seu programa de Nadal estes días.
Para mañá, martes, 28 de decembro, o programa inclúe un espectáculo de maxia ás 20:30 no Teatro Pastor Díaz. Cómpre reservar a entrada no teléfono 982560162 ou no e-mail: rbg.cultura@viveiro.es
O mércores, 29 de decembro, organízase o pasarrúas da Banda Naval de Viveiro, a partir das 19:00 horas nas rúas da vila.
O xoves, 30 de decembro, celébrase o concerto da Banda de Música de O Landro, ás 20:30 horas na Igrexa de San Francisco.
E para despedir o ano o venres, 31 de decembro, organízase a troula de fin de ano con “Los Alcántara”, na Praza Maior de 13:30 a 15:30.
O martes 28 ás 17:00 horas, na OMIX, terá lugar o escape room virtual El robo del Toisón, dirixido á rapazada a partir de 6º de Primaria. A inscrición pódese facer no centro xuvenil ou chamando ao 982 57 18 16, antes do día 28. Tamén o martes 28, de 18:00 a 20:00 horas, no salón de actos do centro cívico, celebrarase un baile infantil de disfraces por Nadal.
O mércores 29 ás 18:00 horas, no salón de actos do centro cívico, o Mago Charlangas presentará @Temporal. O xoves 30, ás 19:00 horas, no salón de actos do centro cívico, ofrecerá un concerto Sons de Celeiro. O venres 31 ás 11:00 horas, no pavillón municipal de deportes, haberá unha festa infantil de fin de ano....
leer másO Concello de A Pontenova organiza un campamento de Nadal para nenas e nenos de 3 a 14 anos do 27 ao 31 de decembro en horario de 10 da mañá a dúas da tarde. O prezo para os empadroados é de 30 euros e para os non empadroados de 50 euros.
Ademais haberá outras actividades para todos os públicos como o teatro que tivo lugar o pasado 19 de decembro; a cabalgata de reis prevista para o 5 de xaneiro ás 17:30 horas e o Playback que se celebrará o día 8 ás 20:00 horas.
O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acollerá o 28 de decembro unha Gala da Maxia.
A gala dará comezo ás 20:30 horas e contará coa participación dos magos Alejandro Revuelta, Martilda, Mago Paco e Mago Rafa. O prezo da entrada é de 5 euros e 3 euros para estudantes e xubilados. A reserva de entradas pódese facer a través do teléfono 982 560 162 ou rbg.cultura@viveiro.es.
O mentalista Alejandro Revuelta presenta un espectáculo baseado na nova visión do mentalismo, a través da palabra e do verso, e ven de ser galardoado en certames como Mundeca 2014.
Martilda mostra un espectáculo para toda a familia non falto de humor e reivindicación.
O Mago Paco é un dos magos galegos especializado en maxia infantil e presenta...
leer másPapá Noel visitará Lourenzá este xoves, 23 de decembro, acompañado pola música da Asociación Cultural Osorio Gutiérrez.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, anuncia que Papá Noel “recibirá aos nenos e nenas laurentinas nos baixos do Concello de 17 a 19 horas. Previamente visitará o Centro de Día e irá acompañado da música da Asociación Cultural Osorio Gutiérrez, que reaparece despois do parón obrigado pola pandemia”.
O programa súmase aos concertos e obradoiros xa anunciados, así como ao Belén “Viveiro ante o Berce”
O Concello de Viveiro presenta a súa programación para estas festas de Nadal, ofrecendo opcións para todas as idades. Este programa súmase aos primeiros espectáculos xa anunciados para esta fin de semana, así como aos obradoiros propostos para a infancia.
“Este ano decantámonos por un programa de pequeno formato, que nos permita manter a atención á evolución sanitaria pero sen perder a maxia e a ilusión que caracterizan estas datas”, subliña Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura.
A programación de Nadal comezará o próximo martes 21 de decembro, co concerto de Petit Band do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, e estenderase ata o próximo 8 de xaneiro.
... leer másO Concello de Cervo programa para estas festas de Nadal unha completa axenda de eventos e actividades dirixidas a todo tipo de público; que foi presentada na tarde de onte polo alcalde Afonso Villares, o edil de Turismo, David Rodríguez, a concelleira de Cultura, Dolores García, a concelleira de Medio Ambiente, Mali Méndez, e polos representantes das diferentes asociacións que promoven e colaboran coa organización de varias das citas previstas - Fervenza de Sargadelos, Airiños do Xunco, Escola de Artes Marciais de Cervo, grupo de teatro Bordelo e a asociación de veciños de San Román-.
A programación xa deu comezo onte, sábado con diversas actividades como o mercado de Nadal, deportes e música.
Para o martes 21 de decembro, recibiremos pola mañá a visita anticipada de Papá Noel que se achegará aos colexios da man...
leer másA Sala de Exposicións do Complexo Histórico e Artístico de Sargadelos acolle este sábado 18 de decembro a segunda edición do Mercado de Nadal.
No mediodía de hoxe a concelleira de cultura, Dolores García, o concelleiro de Turismo, David Rodríguez e a xerente de Marmeladas A Morena, un dos locais organizadores xunto con Serea Surfboards e Pasiños na Lúa, presentaron o programa de actividades para este sábado.
O mercado, organizado polos tres negocios artesáns afincados no conxunto histórico, conta coa colaboración do Concello de Cervo, o Bar Figueirido, o Ultramarinos A Campanilla, O Caseto de Copa e a Pousada O Almacén.
A xornada contará con diferentes actuacións culturais que comezan, ás 11:30H, coa percusión africana de Mapato. Ás 12:15H será a quenda para a contacontos Olga Abad e ás...
leer más












