Eventos

Etiquetas:
23/09/2019

A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión a Lugo para participar nas festas de San Froilán o día 6 de outubro, Domingo das Mozas.

A actividade inclúe a viaxe en autocar e o seguro obrigatorio de asistencia. O prezo é de 15 euros.

Para a reserva de prazas nesta excursión hai que dirixirse á axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.445.465 ou 982.877.470.

 

Etiquetas:
20/09/2019

O Concello de Lourenzá instalará un stand lila na XXIX edición da Festa da Faba, que se celebrará do 4 ao 6 de outubro, para sensibilizar á cidadanía sobre as violencias machistas. Esta iniciativa foi presentada pola alcaldesa, Rocío López, e a concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Dengra.

A rexedora municipal explicou que “o obxectivo é informar, divulgar e sensibilizar a cidadanía sobre as violencias machistas. O punto de información estará situado na praza do Conde Santo en horario de 11:00 a 15:00 horas, onde a técnico social e a educadora familiar do Concello informarán sobre distintas cuestións relacionadas coa violencia de xénero. Así mesmo repartirase entre todos os asistentes material informativo para concienciar sobre a importancia de loitar e acabar con esta lacra machista”.

Rocío López anunciou...

leer más
Etiquetas:
18/09/2019

O X Encontro de Palilleiras de Xove vaise desenvolver o sábado, 5 de outubro, durante todo o día, no Pavillón Municipal de Deportes de Xove. 

As palilleiras que queiran inscribirse neste Encontro poden facelo ata o venres 20 de setembro nos seguintes tfnos de contacto:
   -Concello de Xove: 982 59 20 01.
   -Mercedes Barro (prof. De bolillos): 679 89 42 19.
   -Carmen García (prof. De bordado): 982 59 26 86.
   
En canto aos vendedores que queiran participar no Encontro cos seus produtos, teñen tamén o mesmo prazo  prazo para inscribirse, do 19 de agosto ao 20 de setembro. Neste caso, a súa inscrición terán que facela por correo electrónico dirixindo as súas solicitudes ao email: encontropalilleiras@xove.es.

Etiquetas:
16/09/2019

A Pomba do Arco, O Castro, O Atrio e a Asociación de Veciños de Vilaronte organizan o 28 de setembro un roteiro por Vilaronte co obxectivo de divulgar os elementos de relevo do seu patrimonio e da súa historia.

A viaxe arrancará as 16:00 do Campo da Feira da Espiñeira, visitando a continuación, entre outros espazos , as antigas minas romanas de ouro, as vellas caleiras, as antigas fabricas de Damían López, as expresións da arquitectura indiana, a igrexa e o castro.

A actividade continuará ás 19:00 h no local da asociación O Castro, coa proxección do filme Riquezas Lucenses, gravado en Vilaronte en 1946, e que recolle escenas dos traballos desenvoltos nos serradoiros de Damían López e dos seus traballadores.

As persoas interesadas en participar desta actividade, deberá inscribise...

leer más
Etiquetas:
13/09/2019

O cartel da XXIX edición da Festa da Faba de Lourenzá, que se celebrará do 4 ao 6 de outubro, acaba de ser presentado. Nesta ocasión a imaxe para anunciar o evento foi deseñada polo Departamento de Actividades Comerciais do IES de Foz.

Na presentación do cartel participaron a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García; o concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron; e o xefe do Departamento de Comercio do IES de Foz, José Otero Méndez.

José Otero comentou que o IES de Foz sempre está aberto á colaboración coas distintas institucións, xa que o que intentan é dar visibilidade á Formación Profesional que imparten e os representantes do Concello de Lourenzá agradecen ao instituto focense a súa colaboración deseñando o cartel que dará a coñecer a Festa da Faba 2019.

 

Etiquetas:
13/09/2019

Un ano máis o burgo de Trasbar, en Cervo, celebrará a tradicional Romaría da Santa Eufemia, unha cita coa súas festas patronais que inclúe un variado programa de actividades que se desenvolverán durante tres días: o luns 16, o sábado 21 e o domingo 22 de setembro.

Tres días de festa
Os actos comezarán o luns, día da patroa, ás 13.00 horas, coa celebración dunha misa na honra de Santa Eufemia, seguida dunha procesión, e ao remate aqueles devotos que queiran poderán achegarse a poñer a Santa. Ao finalizar, os veciños que o desexen poderán disfrutar dun xantar no Local social. Ás 17.00 horas cita para realizar unha andaina ata a capela antiga de Santa Eufemia situada no mesmo burgo. 

O sábado, os actos comezarán ás oito da mañá, coa elaboración da alfombra floral. A misa será ás 13.30h, cantada polo coral...

leer más
Etiquetas:
13/09/2019

Mondoñedo presentou publicamente na Praza da Catedral o cartel anunciador das que son as feiras e festas máis antigas de Galicia, As San Lucas, que se celebrarán na cidade entre o 17 e o 20 de outubro. 

A Comisión Organizadora das feiras e festas xunto á alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, elixiron nesta ocasión a Praza da Catedral como o lugar idóneo para dar a coñecer aos veciños e veciñas o cartel deste ano. 

A Praza da Catedral non só é unha das cúspides do patrimonio histórico- artístico da cidade senón que tamén é onde  se desenvolverán unha  parte das actividades do programa deste ano. Polas pedras desta emblemática praza, trotan cada17 de outubro dende fai 863 anos, os cabalos que baixan dende os montes da contorna ata o Campo da Feira para ser vendidos na Gran Feira do día 18.

...

leer más
Etiquetas:
12/09/2019

Do 16 ao 22 de setembro terá lugar a décimo terceira Semana Europera da Mobilidade en Burela. Esta edición, que organiza a Concellería de Medio Ambiente, chega con novidades coma o concurso fotográfico Os Beatles en Abbey Road… nun paso de cebra. O programa de actividades foi presentado hoxe polo alcalde, Alfredo Llano, e a edil Noelia Mª Ben. 

Durante a semana haberá charlas nos centros de ensino impartidas pola DXT e por Gaia, volverán citas como Andando ao colexio e o circuíto de educación vial e desenvolveranse talleres de manualidades e pintacaras e de cociña infantil. Está programado un concurso de debuxo infantil para nenos e nenas ata 12 anos baixo o lema Camiña connosco, qué o eslogan desta Semana Europea da Mobilidade, con agasallos para os participantes. 

Unha das novidades máis destacadas desta edición...

leer más
11/09/2019

Hoxe presentouse na praza do Centro Cívico de  Xove a III Concentración de Vehículos Clásicos e Históricos, organizada pola Asociación Autoclásicos da Mariña Lucense,  nunha convocatoria  dirixida a coches e motos clásicos, na súa maioría de Galicia e Asturias.

A concentración vaise desenvolver en Xove o vindeiro sábado, 21 de setembro, durante todo o día.

A organización conta, para este evento, coa colaboración do Concello de Xove e o de numerosas casas comerciais de toda a Comarca.

Para a realización desta xuntanza, fíxose unha convocatoria, que vai estar  aberta ata o mesmo día da concentración. Nestes momentos as inscricións tanto de coches como de motos  van a moi bó ritmo.

O Programa de actividades vai ser o seguinte:
   -De 9:00 a 11:00 horas.-...

leer más
Etiquetas:
11/09/2019

Cervo celebrará a festa na honra da Virxe das Dolores os días 21 e 22 de setembro.

O sábado 21 ás doce do mediodía prepararase a alfombra floral e comezará a sexta edición da Festa Popular dos Callos, que estará amenizada por DJ FDB. E ás dez da noite empezará a verbena na que actuarán a orquestra Ritmo Noche e Mayel Trío.

O domingo ás 13:00 horas celebrarase misa solemne cantada polo coro parroquial e a continuación haberá procesión acompañada da Banda TAU de Viveiro. E ás 14:00 horas empezará a sesión vermú prolongada, amenizada polo grupo Puzzle.