Eventos

16/10/2024

Este xoves, día 17 de outubro, terá lugar unha visita guiada ás 17:00 horas na escavación arqueolóxica que se está levando a cabo na finca adquirida, grazas á colaboración cidadá, en Santo Estevo do Ermo (Barreiros).

A intervención arqueolóxica, que conta co apoio da Área de Cultura de Vicepresidencia da Deputación de Lugo, ten como obxectivo recuperar e investigar parte deste importante espazo natural e histórico.

Esta visita está organizada por Mariña Patrimonio, a Irmandade Augas Santas Santo Estevo do Ermo e a Fundación Eira da Xoana (asociación ecoloxista Adega) e nela informarase sobre os avances e obxectivos desta intervención arqueolóxica.

16/10/2024

O día 26 de outubro, sábado, ás 18 horas terá lugar un acto de presentación de tres novas actividades con motivo de celebración do Centenario da Confraría de Pescadores de Burela: inauguración do mural que decora as fachadas da sede da confraría, presentación do libro conmemorativo do centenario e estrea dun documental conmemorativo das actividades do centenario e do labor social da confraría.

Estas actividades están enmarcadas dentro do proxecto para conmemorar o centenario da confraría de pescadores de Burela, que conta cunha axuda da Consellería do Mar e que foi tramitado no GALP A Mariña-Ortegal na convocatoria 2024.

O proxecto Actividades Centenario Confraría de Pescadores de Burela pretende divulgar a cultura mariñeira, poñer en valor os traballos do mar desenvoltos por mulleres, a integración social, o...

leer más
Etiquetas:
16/10/2024

En Burela farán un lazo humano solidario contra o cancro de mama este venres, día 18 de outubro, ás 11:30 horas na Praza do Concello.

O Concello de Burela colabora coa Asociación Española contra o Cancro en Lugo na organización desta acción para promover a investigación na enfermidade.

O lema desta iniciativa é O rosa é só rosa, pero contigo é apoio e investigación.

 

Etiquetas:
15/10/2024

O vindeiro sábado, 19 de outubro, Carmen Delia (La Guiateca) guiará a ruta Auga e milagres no Ermo, en Barreiros. Os asistentes visitarán os arredores de Santo Estevo do Ermo e a súa cascada para coñecer a historia das súas augas e as crenzas milenarias entorno a elas. 

E o domingo, día 20, Ana Pena (Guía Tu día) achegará aos participantes ao tesouro escondido de Alfoz, onde terá lugar unha visita teatralizada por Castrodouro, que rematará cun obradoiro de cestería. 

Aínda quedan prazas dispoñibles para as actividades da vindeira fin de semana. O prezo será de 5 euros para individual; 8 euros para parella; 12 euros para familias ou grupos de ata 5 membros.

A información sobre a rutas e as reservas de prazas realizarase a través da web de Turismo de A Mariña Lucense:...

leer más
Etiquetas:
15/10/2024

Ribadeo axuda a que a lingua galega permaneza nas ferramentas da intelixencia artificial. Este xoves, 17 de outubro, terá lugar unha xornada de recollida de voces no marco do Proxecto Nós. 

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, indicou que “o Proxecto Nós (www.nos.gal) está impulsado pola USC  e a Xunta de Galicia (a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e de AMTEGA) e está financiado con fondos Next Generation-UE”.

A edil ribadense explicou que “grazas a ese traballo lograremos que todo tipo de máquinas e dispositivos electrónicos poidan entender e  falar a lingua galega e que, polo tanto, calquera galego ou galega, poida empregar con total normalidade a súa lingua en calquera ámbito tecnolóxico. Por exemplo cando lle damos unha orde ao GPS do noso coche, cando...

leer más
15/10/2024

O Concello de Trabada pon en marcha un programa de viaxes para a veciñanza cunha excursión ás termas de Outariz e Allariz. “Queremos que os veciños e veciñas coñezan mellor Galicia da man do Concello”, explica o alcalde, Rubén García. A primeira excursión de ‘Viaxa co Concello de Trabada’, para veciños e veciñas a partir de 50 anos, será ás termas de Outariz e Allariz o sábado 23 de novembro. Cun prezo de 30 euros, inclúe o desprazamento en autobús, entrada ás termas de Outariz, comida en Allariz e entrada ao museo de coiro.

“O que queremos é ampliar a oferta de actividades e lecer para a veciñanza, neste caso con saídas organizadas polo concello e a prezos moi asequibles para coñecer Galicia de forma conxunta e pasar unha boa xornada”, asegura o alcalde, Rubén García.

O número de prazas para a primeira saída é...

leer más
12/10/2024

O Concello de Riotorto organiza unha excursión a Ávila e Toledo para os días 9 e 10 de novembro, sábado e domingo.

O sábado sairán desde a gasolineira e almorzarán en Vega de Valcarcel, farán unha visita guiada a Ávila e comerán nun restaurante desa cidade, par as 19:30 horas está prevista a chegada ao hotel, de 4 estrelas en Toledo, onde cearán ás 21:00 horas.

E o domingo almorzarán no hotel, a continuación terán unha visita guiada en Toledo, ás 14 horas comerán no hotel e ás 17:50 sairán cara a Riotorto e cearán ás 22 horas en Vega de Valcarcel.

O prezo é de 150 euros por persoa. Hai 50 praza e terán preferencia os usuarios dos centros veciñais.

Aquelas persoas que desexen acudir á viaxe deberán anotarse cos monitores dos centros veciñais ou no Concello de...

leer más
11/10/2024

A asociación Mariña Patrimonio está a organizar unha visita a Sarria para o domingo 20 de outubro, aproveitando que é día de feira. Pola mañá, visitarán diversos lugares dentro da propia vila de Sarria, acompañados por Xaime Félix López Arias (Arlindo), gran coñecedor da súa historia. A visita da mañá rematará no campo da feira, onde terán reservado un lugar para xantar. Neste caso especial cada quen encargarase de pedir o que desexe para xantar así como de pagar directamente aos do mesón. Pola tarde verán o mosteiro da Magdalena antes de regresar.

O bus sairá da Cruz do Lobo ás 8 horas e recollerá participantes en Foz, Burela, Cervo, Xove e Viveiro, desde onde iremos ata Sarria. O prezo, que incluirá bus e actividade, será de 15 euros para socios/as de Mariña Patrimonio e de 25 euros para o resto de asistentes.

...

leer más
11/10/2024

La Asociación de Pensionistas y Jubilados UDP Val de Miranda, de A Pontenova, organiza una excursión a Fonsagrada y a Grandas de Salime (Asturias) para el sábado día 19 de octubre de 2024.

La salida será desde la plaza de Os Fornos de A Pontenova a las 8:30 de la mañana y el regreso está previsto para última hora de la tarde del mismo día.

El precio por persona es de 40 euros e incluye las entradas a los museos de A Fonsagrada y de Grandas de Salime, comida y autobús. Las plazas son limitadas y el último día para anotarse es el martes 15 de octubre de 2024.

Etiquetas:
11/10/2024

A asociación cultural e musical Arume, de Burela, organiza a segunda Noite das Ánimas para celebrar o Samaín o día 31 de outubro, xoves, desde as 17:00 horas na Praza de Abastos de Burela.

Haberá actividades como taller de cabazas, confección de bonecas de millo, xogos tradicionais, contacontos, chocolatada, canto da Sinistra Compaña, procesión das ánimas, sorteos e foliada libre.

Arume anuncia: “volta a Noite Das Ánimas. O 31 de outubro agardamos por todos vós para desfrutar dunha tarde chea de actividades, nas que as nosas tradicións serán as protagonistas. Vide pasalo ben e a aprender cousiñas mentres enchemos o bandullo cunha boa chocolatada. Ás 21:00 horas  comeza unha foliada libre na que todos seredes benvidos. Traede o voso instrumento, ganiñas de cantar, bailar e a facer festa”.