Eventos
A comisión organizadora das festas patronais de Burela, que se celebrarán do 30 de maio ao 2 de xuño, anuncia que contarán coa actuación de nove orquestras: Panorama, El Combo Dominicano, La Fórmula, Cinema, Ritmo Joven, Cayenna, América, Solara, Pontevedra.
O venres 30 de maio haberá verbena desde as 23:00 horas con La Fórmula e Cinema.
O sábado 31 de maio terá lugar unha sesión vermú ás 14:00 horas e verbena a partir das 23:00 horas. Actuarán Ritmo Joven e América.
O domingo 1 de xuño tamén haberá sesión vermú ás 14:00 horas e verbena desde as 23:00 horas. As orquestras dese día son Solara e El Combo Dominicano.
E o luns 2 de xuño tamén haberá sesión vermú ás 14:00 horas e verbena a partir das 23 horas. Actuarán Pontevedra, Cayenna e Panorama.
... leer másO luns 24 de marzo ás 19:30 horas terá lugar no Salón dos Alcaldes da Casa do Concello ribadense a presentación do Observatorio Ciudadano de la Biodiversidad, de Ribadeo. É “un proxecto que busca fomentar a fotografía e o rexistro da biodiversidade local para contribuír ao seu estudo e conservación”, explica o Concello ribadense.
O acto contará coa participación de: Antonio Ordóñez (vicepresidente da asociación Fotografía y Biodiversidad) y Belén Pérez (representante local do Observatorio Ciudadano de la Biodiversidad).
O xerente da Fundación Expomar, José M. González 'Brais', aproveitou o marco da World Maritime Week, que se celebra en Bilbao del 19 al 21 de marzo, para manter diferentes reunións con empresas do sector e institucións relacionadas co mar.
A World Maritime Week é un encontro referente do sector marítimo internacional, que acolle en paralelo a celebración de catro congresos internacionais referentes aos sectores naval (Sinaval), pesqueiro (Eurofishing), portuario (Futureport) e de enerxías renovables mariñas (Marine Energy Week).
Ao igual que a Feira Expomar, o evento celébrase cada dous anos, polo que a Fundación Expomar aproveita a súa estancia en Sinaval para promocionar a próxima gran cita do sector pesqueiro e naval, que se celebrará no porto de Burela do 7 ao 10 de maio.
Expomar...
leer másO Concello de Trabada reafirma o seu compromiso coa dinamización social e cultural do municipio a través da colaboración con diferentes asociacións e clubs locais. Neste sentido colabora coa Asociación de Veciños de Sante na organización dos Xogos e actividades de Pascua, un evento pensado para a diversión da xuventude que se celebrará o próximo 6 de abril ás 16:30 horas en Sante (Trabada).
O evento inclúe diversas actividades como a decoración e busca de ovos de Pascua, ademais de xogos recreativos e un taller de graffiti dirixido a mozos e mozas de entre 7 e 18 anos. Para participar nesta última actividade, cada asistente deberá levar o seu propio spray de auga. O custo de inscrición é de 5 euros.
As inscricións permanecerán abertas ata o 4 de abril e poden realizarse a través do teléfono 696.266.162....
leer másO Concello de Cervo anuncia que este sábado, día 22 de marzo, “inauguramos a primavera cun novo Guateque de Arruguiñas”. Será na Escola de Rúa ás 20:00 horas e actuará o dúo Samba.
Para esta actividade o Concello de Cervo conta coa colaboración da Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras.
Este venres, día 21 de marzo, ás 20:00 horas comezarán as actividades da Semana Santa de Burela coa presentación do cartel e o pregón a cargo de Reinaldo González.
Este acto será na Casa da Cultura de Burela e contará con actuacións musicais a cargo da Escola de Música de Burela e do grupo Acordeonistas da Mariña.
O Concello de Cervo programa unha nova edición dos campionatos de tute e de parchís, con motivo do Día do Xubilado. As partidas xogaranse na cafetería da Casa do Mar dende o próximo luns, día 24 de marzo.
As persoas interesadas en participar poden anotarse ata este venres, día 21, na Casa da Cultura de San Ciprián ou no teléfono 982.59.51.57.
O encontro informativo para preparar o desenvolvemento dos campionatos terá lugar este venres, 21 de marzo, ás 12:00 horas na Casa do Mar.
A parroquia de Celeiro de Mariñaos, no concello de Barreiros, celebrará a terceira edición da Festa do Veciño o día 5 de abril, sábado.
Haberá cea a partir das 21:30 horas e para participar as entradas véndense anticipadamente en Bar Xunqueira (Vilamar) e Casa Lozano (Celeiro) ata o 30 de marzo.
Despois da cea o baile estará amenizado por José Manuel, de Abanico.
Este evento está organizado pola Asociación de Veciños de Celeiro de Mariñaos, que destaca que para a celebración desta festa disporán de carpa.
O Club Baloncesto Celtas, de Foz, organiza unha comida baile para o día 12 de abril, sábado.
Será no restaurante O Rincón do Mis e o prezo é de 35 euros por persoa. As entradas pódense reservar por whatsapp nos números 690.81.38.64 ou 692.578. 762 ou a calquera compoñente da directiva do CB Celtas.
Despois de meses de traballo e planificación, xa faltan pouco máis de sete semanas para a gran cita bienal da Fundación Expomar: a súa feira monográfica náutico pesqueira, que volverá converter Burela na capital do mundo do mar durante catro días e aspira a superar os récords de superficie de exposición e participantes da anterior edición, ocupando máis de 5.000 metros cadrados de exposición e con 400 marcas de diferentes países representadas na feira.
O Comité Executivo da Feira Expomar 2025 reuniuse este venres para seguir pechando os últimos detalles da vixésima edición do evento, tanto do salón de exposición, que presentará grandes novidades con respecto a anos anteriores, como das Xornadas Técnicas e o Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras, que cumprirán as súas 32ª e 26ª edicións, respectivamente, e que reúnen cada ano aos...
leer más