Eventos
Alumnado das especialidades de danza clásica e contemporánea da Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo representará unha adaptación de A bela adormecida para o alumnado de educación primaria da vila e para as persoas usuarias do Centro de Día.
En total serán preto de 500 persoas as que se achegarán este venres, 29 de novembro, ao Auditorio Municipal Hernán Naval en sesión dobre, ás 10:30 e ás 12:00 da mañá.
Segundo explica o responsable da EMMeD, Hugo García, “esta actividade achegará un pouco máis a danza ao público asistente, dándolles a oportunidade de ver unha función propiamente desta especialidade. Este tipo de espectáculos non son moi habituais na comarca, polo que consideramos que é unha boa iniciativa para continuar co seu crecemento”.
A concelleira de Educación e...
leer másO 30 de novembro arrinca o Nadal en Ribadeo. Hoxe foi presentada a programación no Parque de San Francisco.
O alcalde, Dani Vega, manifestou que “chega o Nadal e toda unha programación repleta de actividades. Comezamos esta fin de semana, o dia 30, acendendo o alumeado e tamén comeza o Mercado de Nadal. E a partir de aí todo un mes cheo de actividades que debemos agradecer aos colectivos, ás asociacións e tamén aos técnicos municipais. O Nadal en Ribadeo está saíndo moi ben por segundo ano porque hai unha organización, hai unha programación, pero tamén hai unha colaboración por parte de todos. E iso é de agradecer a colectivos, asociacións e a todos os técnicos municipais”.
O rexedor dixo: “nestes segundos de explicación é imposible resumir todo o que temos neste mes. Pero si destacar que temos actividades...
leer másO domingo 8 de decembro daranse cita na Praza do Concello de Barreiros unha trintena de postos acompañados de diversas actividades relacionadas co Nadal, nos que a veciñanza e visitantes poderán gozar dunha xornada festiva de 11 a 20 horas.
O evento contará con carpa e realizaranse diversas degustacións ao longo do día.
Estará organizado pola Concellería de Dinamización e Participación Veciñal do Concello de Barreiros contando co financiamento da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
O Concello de Burela anuncia que o Mercado de Nadal 2024 contará cun total de 35 postos. Terá lugar este sábado, día 30 de novembro na carpa instalada na Praza da Mariña, e estará aberto cun horario de 10:30 a 21:00 horas.
O Mercado de Nadal é unha iniciativa do Concello de Burela que “ten como obxectivo fomentar o comercio local e dar visibilidade ao traballo de artesáns e emprendedores da comarca”. A concelleira de Cultura, Lina Gómez Pardo, afirma que “este mercado non só apoia aos nosos comerciantes e artesáns senón que tamén crea un ambiente único e máxico que nos achega á esencia do Nadal. Dende o Concello convidamos a toda a veciñanza todos a que veña e disfrute desta xornada tan especial”.
A Aula Universitaria da UNED de Foz programa para este vindeiro mes de decembro un curso de alimentación, un obradoiro de plantas medicinais, a presentación dun libro de poemas e unha actividade infantil de Nadal.
A concelleira da Aula Universitaria da UNED de Foz, Elena Martínez, e a coordinadora da mesma, Marta Muiña, anuncian “unha variada oferta formativa e cultural para o mes de decembro, con actividades dirixidas a diferentes públicos e deseñadas para fomentar a aprendizaxe, a saúde e a diversión no peche do trimestre académico”.
Dentro da súa programación destaca o curso de extensión universitaria Alimentación fácil e saudable: tips e receitas para o día a día, impartido por Saray Río, nutricionista veciña de Foz e profesional con ampla experiencia no ámbito da saúde e a formación. “Esta...
leer másA parroquia de Masma, en Mondoñedo, celebra as súas festas na honra a San Andrés e a Inmaculada Concepción este sábado, día 30 de novembro.
As actividades comezarán ás 13:00 horas con misa solemne e despois haberá procesión. Ás 14:00 horas empezará a sesión vermú amenizada polo grupo Lume e ás 15:00 horas celebrarase un xantar popular.
Ás 18:00 horas haberá unha sesión musical de tarde a cargo do grupo Lume e o dúo Somos Latinos, que tamén actuarán na verbena, desde as 21:00 horas.
A organización dos festexos destaca que haberá servizo de bar, baños, recinto cuberto con carpa e calefacción e amplos aparcamentos.
A asociación de veciños San Pedro da Ribeira, de Saldoira (A Pontenova), organiza un magosto para este sábado, día 30 de novembro, desde as 20:00 horas.
Para participar nesta actividade hai que anotarse previamente e o prazo remata este xoves, 28 de novembro.
O Concello de Cervo organiza para este Nadal unha nova edición do programa “Cervo Concilia”, que dará comezo o 23 de decembro. Está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos e “componse dun completo calendario de actividades educativas e lúdicas pensadas para entreter ás crianzas nestas datas de lecer, sen deixar de lado a aprendizaxe e incidindo especialmente no concepto da conciliación das familias”. Estenderase durante as vacacións de Nadal, finalizando o 7 de xaneiro, en horario de 8:30 a 14:30 horas.
As inscricións están a disposición das familias na Casa da Cultura de San Ciprián e na Casa do Concello. O prazo para anotarse remata o 13 de decembro e as prazas son limitadas.
Dende o Delegación de Servizos Sociais, Sanidade, Muller e políticas de Igualdade do Concello de Xove organízase durante a próxima semana unha serie de actos en conmemoración do 25N.
Dende o Concello sinalan: “consideramos vital para cambiar o futuro o traballo coas novas xeracións na concienciación e na importancia da educación en igualdade, para combater a violencia machista”.
25 NOVEMBRO: Proxección das VIÑETAS NARRADAS polo alumnado do CEIP Pedro Caselles Rollán e do IES Illa de Sarón, ás 11:00h. no Salón de Actos. A continuación, lectura de MANIFESTO e creación de un gran LAZO morado na praza do Concello, simbolizando a importancia de cada voz na unidade fronte á violencia contra as mulleres.
25 NOVEMBRO: Decoración da fachada da Casa Consistorial co LAZO morado, símbolo da loita...
leer másO Concello de Viveiro presenta a súa programación para conmemorar o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra As Mulleres, que inclúe actividades os días 25 de novembro e 2 de decembro.
Os actos comezarán o luns 25 de novembro cunha concentración ás 12:00 horas na que se gardará un minuto de silencio en memoria das vítimas da violencia machista. Posteriormente, ás 20:30 horas terá lugar o acto central na Praza Maior, no que se procederá á lectura dos Manifestos e se acenderá unha candea por cada muller asasinada no último ano. Asemade, ao longo da tarde do 25N o Grupo de Participación Xuvenil desenvolverá a acción comunitaria “Di Stop á Violencia”.
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, destaca “a necesidade de dotar de recursos á xuventude para combater a violencia contra as mulleres. É vital formar á rapazada para...
leer más