Eventos

Etiquetas:
13/08/2025

O vindeiro domingo, 17 de agosto, a Praza da Mariña converterase nun punto de encontro para a gastronomía e a música coa celebración da Churrascanta, organizada pola Coral Polifónica de Burela.

A xornada comezará ás 11:00 horas con xogos tradicionais e música en directo a cargo de Arume Burela. Ás 14:00 horas serviranse as racións de churrasco con sardiñas, pan, sobremesa e bebida, que se poderán degustar na propia praza ou levar para comer onde cadaquén prefira. 

O prezo da ración é de 15 euros e os tíckets poden mercarse o día da churrascada ou por adiantado en Foto Mariló, Terra Animal, O Bazar de Tere e Peluquería A Tu Estilo- Vanesa Míguez.

A Churrascanta conta coa colaboración do Concello de Burela, Arume, Os Asadores Burela e a Sociedade Cultural  Recreativa Ledicia. Promete ser...

leer más
Etiquetas:
13/08/2025

Este xoves, día 14 de agosto, terá lugar a VII Festa do Ovo Frito, que organiza o Celta Barreiros coa colaboración do Concello. Será no campo de fútbol do Cascabeiro a partir das 19:30 horas.

O menú consistirá en 2 ovos, 1 chourizo, patacas fritas, pan e para beber viño, cervexa e auga. O prezo será de 12 euros por persoa. E de 10 euros para aqueles que retiren os tíckets de xeito anticipado no bar Miramar, de San Cosme, en Casa Melva ou a través dos membros da organización, chamando ao teléfono 659.392.666.

Na VII Festa do Ovo Frito haberá verbena a partir das 21:30 horas amenizada polo Dúo Epo-K e ás 00.00 horas actuará Alejandro Martínez.

Desde o CF Celta Barreiros animan “a achegarse ao Cascabeiro este xoves, día 14, a saborear unha exquisita cea e a pasar unha tarde-noite diferente...

leer más
Etiquetas:
12/08/2025

A vila de Ribadeo prepárase para celebrar as súas festas de San Roque, co patrón da localidade, cunha programación que mestura actos tradicionais, música en directo e propostas para todos os públicos os días 14 e 16 de agosto.

O xoves, 14 de agosto, ás 20:30 horas, a rúa San Roque acollerá o concerto de D’Crooners, un evento en colaboración con Acisa Ribadeo.

O sábado, 16 de agosto, o día grande, comezará ás 10:30 horas coas potentes bombas de palenque anunciando a festividade, seguidas da saída dos Cocos e Cabezudos acompañados polo Cuarteto de Gaitas Illa Pancha. Ás 12:00 horas celebrarase a misa solemne, seguida da procesión e dun concerto da Banda Municipal de Ribadeo. O vermú será ás 14:00 horas coa música do dúo En Clave de Ti, que tamén amenizará a verbena nocturna a partir das 23:00 horas, compartindo...

leer más
Etiquetas:
12/08/2025

A parroquia de Carballido (Alfoz) vivirá tres días de celebración coas súas tradicionais festas na honra de San Roque do 16 ao 18 de agosto.

O sábado 16 a partir das 13:30 horas celebrarase a misa solemne, procesión e sesión vermú co grupo Lume. Pola noite, a festa continuará coa verbena a cargo do propio Grupo Lume e DJ Balbin.

O domingo 17 ás 13:30 horas misa, procesión e sesión vermú desta volta co Dúo Belinda. A verbena nocturna contará co Dúo Belinda e a Orquestra Capitol.

O luns 18 a partir das 21:00 horas terá lugar a gran churrascada popular, seguida da verbena coa Orquestra Finisterre e Discomóvil Conxuro, que poñerán o broche final ás festas.

 

Etiquetas:
12/08/2025

A parroquia de San Isidoro de Monte, no concello de Xove, celebrará a feira de gando do San Bartolo o día 24 de agosto, domingo.

O Concello de Xove explica que a feira de gando do San Bartolo “é un evento anual que reúne a gandeiros/as, criadores/as e entusiastas do sector para amosar e comerciar con animais de alta calidade. Este ano, novamente o  24 de agosto, celebrase na parroquia de San Isidoro de Monte esta tradicional feira, que repartirá premios nos concursos gandeiros que se celebraran pola mañá (maior número de reses cabalares e maior número de reses de gando vacún) e no concurso de marcha que terá lugar pola tarde”.

Na presentación do cartaz desta feira estiveron presentes membros da directiva da Comunidade de Montes Costa de Laxamoura, como organizadora da mesma (Antonio Paleo, Miguel Otero e Antonio...

leer más
Etiquetas:
12/08/2025

Cervo terá días intensos de música, tradición e gastronomía desde o 14 ao 16 de agosto nas festas na honra da Nosa Señora, Virxe do Carme e San Roque, organizadas pola A.C. Rego Cachón en colaboración co Concello de Cervo, e de diferentes asociación locais.

A programación foi presentada pola tenente de alcaldesa Mali Méndez, polo concelleiro Alfredo Fernández e por unha represención da A.C Rego Cachón, que se encarga do San Roque, e de Airiños do Xunco e da Comunidade de Montes da Bidueira, que colaboran tamén nos festexos.

As festas arrincarán este xoves, día 14 de agosto, coa popular Festa do Ovo Frito, organizada neste caso por Airiños do Xunco e Cabaleiros da Bidueira, que contará coa actuación da Charanga Santa Compaña e da Discomóbil Conxuro.

O venres 15 de agosto, ás 13:00 horas,...

leer más
Etiquetas:
11/08/2025

Vilar de Conforto (A Pontenova) prepárase para vivir dous días de celebración coa tradicional festividade na honra da Nosa Señora da Asunción con música, actos relixiosos e animación.

O xoves, 14 de agosto, a festa comezará a partir das 23:30 horas cunha gran verbena amenizada por Josín, o acordeonista, e Bombardero.

Xa o venres, 15 de agosto, ás 13:00 horas celebrarase a misa solemne na honra á patroa, seguida dunha sesión vermú con Javi Show. Pola noite, desde as 23:00 horas a verbena final correrá a cargo de Javi Show novamente, poñendo o broche de ouro ás celebracións.

 

Etiquetas:
11/08/2025

Os días 15 e 16 de agosto Vilaronte vestirase de festa para conmemorar o 50 aniversario do Festival do Emigrante, unha cita que combina tradición e cultura.

O venres, 15 de agosto, a partir das 20:30 horas abrirase a programación co pregón de Xosé Ramón Veiga Alonso (Monchín de Flora). E ás 21:00 horas o Grupo de Teatro Pico de Castro representará a obra “Trato a cegas”.

O sábado, 16 de agosto, arrancará ás 9:00 horas cunha ruta de sendeirismo. Ás 13:00 horas celebrarase a misa e ofrenda floral na igrexa parroquial e ás 14:00 horas o vermú correrá a cargo do grupo de gaitas A Subela na Asociación O Castro. Xa pola tarde, ás 19:00 horas haberá xogos tradicionais dirixidos por Beatriz Salvador. Ás 20:30 horas será a cea popular que inclúe bolo preñado, torresmos, ás de polo fritas, pan, bebida e sobremesa. Ademais...

leer más
Etiquetas:
11/08/2025

Viveiro acollerá desde este martes, 12 de agosto, unha nova edición da Feira do Libro. Terá lugar nos Xardíns de Noriega Varela ata o venres 15, en horario de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 22.00 horas. A iniciativa  forma parte do circuíto das Feiras do Libro de Galicia e conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a Federación de Librarías de Galicia, a Deputación de Lugo e o Concello de Viveiro.

O Concello de Viveiro anuncia que “a cita reunirá librarías, editoriais e autores que ofrecerán ao público unha ampla variedade de títulos, ademais dun desconto do 10% na compra dos libros. O lema desta edición é Onde florecen os libros e ao longo dos catro días nos que se desenvolverá, organizaranse sinaturas, presentacións e actividades culturais".

A alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde, destacou a importancia...

leer más
Etiquetas:
11/08/2025

Cervo será o escenario da XVIII Festa do Ovo Frito este xoves, día 14 de agosto. A cita está organizada por Airiños do Xunco e Cabaleiros da Bidueira, coa colaboración do Concello, e foi presentada pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés; a concelleira Mali Méndez, o edil Adrián Arias e unha representación destas dúas asociacións que se encargarán da “tradicional cita do verán cervense que cada ano reúne a milleiros de persoas que se achegan ata as inmediacións da Praza do Souto para degustar este manxar”, anuncia o Concello de Cervo.

Desde a organización precisan que se comezarán a servir as racións de ovos, patacas, chourizo, pan e bebida a partir das 20:00 horas, a un prezo de 7 euros.

A cita estará amenizara pola charanga Santa Compaña e pola Disco Móbil Conxuro e teñen previstos 8.000 ovos e 4.000...

leer más