Eventos

02/05/2025

O renovado ximnasio municipal de Barreiros será inaugurado este sábado, día 3 de maio, ás 12:30 horas, cunha mesa redonda e visita ás instalacións.

O Concello de Barreiros anuncia: “este sábado, 3 de maio, ás 12:30 horas convidámoste a descubrir o ximnasio municipal que, con nova dotación de maquinaria e unha completa renovación, abrirá as portas como un espazo moderno, accesible e pensado para mellorar o benestar da veciñanza. Ás 12:30 horas comezaremos cunha mesa redonda na que intervirán Ana Ermida (alcaldesa de Barreiros), Dani García (concelleiro de Deportes e deputado provincial), Noemí Ramajo (monitora das escolas deportivas municipais) e Marco Martínez  (adestrador persoal en MOW Proyect). A continuación faremos unha visita guiada polas instalacións da man de Lara Martínez, técnica deportiva do Concello de Barreiros. Tamén vos...

leer más
01/05/2025

O vindeiro 18 de maio terá lugar en Ribadeo a Barber Battle, a batalla de perruqueiros máis grande do norte de España. Está organizada por Cristhian Barber e conta coa colaboración do Concello. 

O evento foi presentado no Salón dos Alcaldes con asistencia do rededor, Dani Vega, dos concelleiros de Mocidade e Turismo, Francisco José Silvent e Marta Saiz, e do perruqueiro organizador do evento Cristhian Barber. 

No pavillón da rúa Alfredo Deaño, lugar no que se celebrará a Barber Battle, haberá unha master class visual e a batalla. No evento participarán Ismael de Mora, Fran Aranda, Cristhian Barber, Sion Barbería, Iván Jiménez y Jesús Vazques.

As prazas para asistir a esta cita son limitadas, segundo informan desde a organización. O concelleiro de Mocidade, Francisco José Silvent, sinalou...

leer más
01/05/2025

A parroquia de Chavín, no concello de Viveiro, celebrará as festas da Santa Cruz esta fin de semana, sábado 3 e domingo 4 de maio.

As actividades comezarán o sábado ás 13:00 horas con misa solemne e despois haberá procesión e sesión vermú coa orquestra Salsarena, que tamén actuará na verbena xunto ao grupo Fénix.

E o domingo ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión. A continuación haberá sesión vermú prolongada co dúo Zafiro.

O campo da festa contará con carpa.

Etiquetas:
01/05/2025

Acisa Ribadeo regalará flores pola rúa o vindeiro domingo, 4 de maio, a todas as persoas que queiran sorprender ás súas nais esa xornada. E ti que lle regalas a mamá? é o slogan da campaña do día da nai da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, que sorteará unha experiencia para dúas persoas a escoller entre diferentes destinos; unha visita guiada a Bodegas Docampo en Ribadavia con noite e aloxamento para dúas persoas no seu hotel Pazo Carballo; e  unha cea para dúas persoas no restaurante A Horta de San Roque. 

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, lembra que “aquelas persoas que fagan as súas compras nos comercios asociados ata o 4 de maio reciben papeletas para participar no sorteo dos tres premios que poñemos en xogo: unha experiencia para dúas persoas a escoller entre diferentes destinos; unha visita guiada a...

leer más
01/05/2025

A parroquia ribadense de Ove celebrará a festa de Santa Cruz e o terceiro evento gastronómico dedicado á bola de roxós esta fin de semana, sábado 3 e domingo 4 de maio.

As actividades comezarán o sábado ás 14:00 horas con sesión vermú amenizada polo dúo Belinda. Ás 15:00 horas haberá comida popular, para a cal o prazo de venta de tickets remata o venres 2 de maio. Despois de comer empezará a festa e verbena coa orquestra Principal e o dúo Belinda.

E o domingo ás 13:00 horas celebrarase misa solemne na igrexa parroquial de Ove e procesión para subir a Virxe ata Santa Cruz, acompañada pola música do grupo de gaitas Cuarteto Illa Pancha. E ás 14:00 horas comezará unha sesión vermú co trío Nuevo Ritmo.

Os organizadores do festexo destacan que haberá servizo de bar, amplo aparcamento e campo...

leer más
Etiquetas:
30/04/2025

Expomar cumpre este ano a súa 20 edición abríndose especialmente a novos sectores, como o turismo pesqueiro e as novas tecnoloxías, e onde a oferta gastronómica tamén gaña protagonismo dentro do seu programa de actividades.

Precisamente o sábado 10 de maio ao mediodía a feira acollerá o espectacular ronqueo dun gran exemplar de peixe espada de máis de 100 quilos de peso patrocinado por Interfish-España, que participará en Expomar 2025 da man da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela, un dos socios desta interprofesional pesqueira que comparte o compromiso de promover iniciativas encamiñadas a concienciar sobre unha pesca sostible e saudable.

Interfish-España ofrecerá en Burela a mesma posta en escena que nas últimas edicións de Conxemar en Vigo e do Salón Gourmets en Madrid, realizado coa...

leer más
30/04/2025

A parroquia de Xudán, no concello da Pontenova, celebrará a festa Hijas de María este sábado, día 3 de maio.

As actividades comezarán ás 13:00 con misa solemne e despois procesión, sesión vermú e comida. Actuará Tania Cabarcos, do grupo Fénix, e tamén haberá xogos e exhibición de zumba.

30/04/2025

O colectivo Xinetes de Remourelle (Ribadeo) organiza a décimo segunda edición da súa ruta cabalar que se celebrará este sábado, día 3 de maio.

A saída do percorrido a cabalo está prevista para as 10:00 horas, haberá pinchos no medio da ruta e ás 14:30 horas comezará a comida. Haberá  colchonetas, futbolín, sorteos, agasallos e actuación dun DJ.

Etiquetas:
29/04/2025

A asociación Os Sendeiros, de Foz, fará o día 11 de maio, domingo, unha ruta no municipio de Trabada para celebrar o Día do Sendeirista Galego. A saída desde Foz será ás 08:00 horas e ás 08:15 horas desde Ferreira do Valadouro.

O prezo desta actividade, incluído o xantar, é de 25 euros para socios federados.

O prazo para anotarse remata este xoves, 1 de maio, e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.

Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda  levar equipo de sendeirismo.

Etiquetas:
29/04/2025

A Aula Universitaria da UNED de Foz pechará o seu curso académico cunha actividade aberta á comunidade educativa e ao público en xeral: unha ruta interpretativa sobre as plantas silvestres da primavera. Terá lugar o día 15 de maio, xoves, ás 17:00 horas con saída da Igrexa de San Acisclo, e será guiada por Pedro Rolle, natural do Valadouro e experto en biodiversidade, quen tamén é o autor do caderno presentado na Casa da Cultura recentemente Flores de primavera do Valadouro, que servirá de guía neste roteiro, ademais de estar enmarcado na liña formativa que Rolle vén de impartir tamén nas aulas da UNED de Foz, sobre plantas medicinais.

“A ruta, de baixa dificultade e cunha distancia aproximada de 2 quilómetros, está deseñada para ofrecer unha experiencia educativa na natureza. Durante o percorrido os participantes terán a...

leer más