Eventos

Etiquetas:
09/09/2025

Os Plans con corazón continúan este venres, 12 de setembro, con actividades para explorar o xeodestino A Mariña Lucense, da man de guías locais expertos coñecedores do territorio.

Os plans terán lugar os días 12, 13, 14 e 15 de setembro nos municipios de Alfoz, Xove, A Pontenova e Cervo, respectivamente. Os participantes terán a oportunidade de desfrutar de plans moi especiais cos que adentrarse na historia e na paisaxe destes lugares da man dos guías locais.

Alfoz-Venres 12 setembro
Alfoz: a vida no río dourado con Ana Pena
Ruta ao carón do río Ouro para coñecer os vestixios históricos que garda, así como a natureza do ecosistema fluvial. O paseo culminará na recoñecida Finca Galea, espazo de harmonía e respecto polo medio, onde se realizará a “cerimonia do caldeiro máxico” da man de Lidia e Nines. ...

leer más
Etiquetas:
09/09/2025

Ribadeo celebrará o II Encontro Día do Xubilado o 28 de setembro, segundo ven de anunciar a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra. A retirada das tarxetas, ao prezo de 15 euros por comensal, pode realizarse ata o día 23 na Área de Benestar Social en horario de mañá.

A edil ribadense explicou que “el domingo 28 de septiembre celebraremos el segundo Encuentro Día del Jubilado. Como el año pasado, tendrá lugar en la explanada de la lonja, en el puerto, en la que todos juntos compartiremos una comida que será servida por Catering Sarredo. La retirada de entradas se hará en el auditorio municipal, en el Área de Bienestar Social, en horario de 9 a 14 horas. El precio por comensal será de 15 euros y el pago se efectuará con tarjeta. La fecha límite para la retirada de entrada será el 23 de septiembre”.

Elena...

leer más
Etiquetas:
09/09/2025

Este próximo venres, día 12 de setembro, segue o Festival de Narración Oral De Cobo a Xunco, no concello de Cervo. Haberá unha sesión regato, para público infantil, nas Escolas Vellas de Rúa ás 17:00 horas a cargo de Brais das Hortas.

Para esta actividade o Concello de Cervo conta coa colaboración de Tarabela Creativa e a Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras.

Etiquetas:
08/09/2025

A parroquia de Fórnea, no concello de Trabada, celebra as festas na honra á Nosa Señora do Campo e a Santo Estevo os días 12 e 13 de setembro, venres e sábado.

O venres pola noite actuará a orquestra Los Españoles e o dúo Estrellas.

O sábado celebrarase misa ás 13:00 horas e despois haberá procesión e sesión vermú, co grupo Lume, que tamén amenizará a sesión de tarde, a partir das 18:00 horas.

A organización tamén anuncia que terán colchonetas gratis.

07/09/2025

O Concello de Mondoñedo presentou a celebración das Extra XVIII Xornadas do Peregrino Abrindo Camiño, que terán lugar o luns 15 de setembro cunha xornada especialmente dedicada á mestra galego-cubana Andrea López Chao, destacada figura do galeguismo no exterior.

A programación inclúe unha romaría popular na rúa que leva o seu nome, xogos tradicionais, torneo da chave, actuacións musicais, pasarrúas e a inauguración oficial da rúa Andrea López Chao, que culminará cun acto institucional no Auditorio Municipal Pascual Veiga e coa preestrea da mediametraxe documental Andrea López Chao: O legado dunha mestra galega en Cuba. Ademais nesta edición o público poderá gozar da foodtruck de Galicia Sabe Amar, que ofrecerá produtos pesqueiros dos portos galegos ao longo da tarde.

A tenente de alcalde no Concello de...

leer más
06/09/2025

A sétima edición do proxecto de intercambio cultural Camiño Escena Norte, que se presentou na Praza do Obradoiro (Santiago), achegará espectáculos de danza, teatro e circo a dez localidades de Galicia, entre elas Foz e Ribadeo, os días 13 de setembro e 26 de outubro respectivamente. A programación, que conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), presentará pezas para públicos de todas as idades de compañías orixinarias de Asturias, Cantabria, Euskadi, Navarra e A Rioxa, territorio que se incorpora á iniciativa neste 2025.

Baixo o lema Sementar, coidar, xermolar, a sétima edición de CEN achegará até distintos escenarios e públicos os traballos de compañías que forman parte deste programa de intercambio, no que Galicia tamén exportará o seu talento aos demais territorios a través...

leer más
05/09/2025

Pepe Peinó será o pregoeiro da XXXIII Festa da Faba de Lourenzá, evento cuxo cartel é obra de José Manuel García. Os dous participaron nunha presentación xunto á a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; o concelleiro de Cultura, Manuel Arango; e o edil de Medio Rural, Mario Leitón.

O Concello de Lourenzá explica que o autor do cartel é o veciño José Manuel García, un estudoso e recuperador dos xoguetes tradicionais, coautor de varios libros sobre o tema, do que tamén é o responsable das súas ilustracións. Nesta ocasión a imaxe principal do cartel é a fonte da ra, “un símbolo para todos os laurentinos, no que as pedras que a forman aparecen substituídas polas famosas fabas de Lourenzá”.

Tamén foi presentado o pregoeiro de XXXIII edición da Festa da Faba. Trátase de Pepe Peinó, “un referente cultural na Mariña e moi...

leer más
Etiquetas:
04/09/2025

A parroquia de Viloalle, no concello de Mondoñedo, está de festas os días 6 e 7 de setembro, sábado e domingo.

O sábado celebrarase misa solemne ás 13 horas e despois haberá procesión e sesión vermú, amenizada polo trío Stylo, que tamén actuará pola noite na verbena.

E para o domingo está programada misa solemne para as 13 horas e a continuación terá lugar a procesión e a sesión vermú, co dúo Primera Fila, que tamén amenizará a verbena.

04/09/2025

A parroquia de San Adriano, en Lourenzá, prepárase para vivir as súas tradicionais festas na honra a Santa Filomena, que se desenvolverán do 5 ao 7 de setembro cunha programación chea de música, gastronomía e tradición. O campo da festa estará cuberto cunha gran carpa, garantindo o bo desenvolvemento das actividades en todas as xornadas.

O venres, 5 de setembro, a partir das 21:30 horas, comezará a celebración cunha gran pulpada e churrascada servida na mesa pola Pulpería Suso e o Bar Sanbet. A continuación, a música será protagonista cunha gran verbena a cargo das orquestras Solara e Saudade.

O sábado 6 terá lugar a misa solemne ás 13:30 horas, seguida da sesión vermú coa orquestra Costa Dorada. Xa pola noite, a festa continuará cunha gran verbena amenizada polas orquestras Costa Dorada e Magos, que garantirán un...

leer más
04/09/2025

Xunqueira, en Viveiro, prepárase para vivir un dos momentos máis agardados do ano: as Festas na honra á Nosa Señora de Valdeflores, que se celebrarán os días 5, 6 e 7 de setembro de cun amplo programa de actividades relixiosas, gastronómicas e musicais.

O venres, 5 de setembro, a festa arrincará a partir das 22:00 horas cunha gran verbena a cargo do Dúo Estrellas e DJ Juanjo. Ademais, durante a noite poderán degustarse racións populares: empanada a 2 € e tortilla a 3 €.

O sábado, 6 de setembro, a xornada comezará ás 14:00 horas coa sesión vermú animada polo Trío Mar de Vila e o Dúo Gaia Gaia. Xa pola noite, a partir das 22:00 horas, os mesmos grupos volverán ao escenario para ofrecer unha nova gran verbena que promete ambientar a velada festiva.

O domingo, 7 de setembro, celebrarase o día...

leer más