Eventos
O Concello de Trabada e a asociación de sendeirismo Trabada paso a paso continúan co programa Coñece Trabada. Nesta ocasión trátase dunha ruta a pé entre Fórnea e Valboa, que terá lugar o domingo 12 de outubro.
O percorrido será de 10 quilómetros, cun nivel de dificultade media, e permitirá visitar ao longo do traxecto o Marco da Pena Verde, as Mámoas das Pallaregas e a Capela de San Fernando. A actividade rematará cunha comida de confraternidade na antiga escola de mestres de Valboa.
A saída en autobús está prevista ás 10:00 horas desde a Praza do Concello de Trabada. O prezo é de 8 euros por persoa e as inscricións poden realizarse ata o 7 de outubro nas oficinas municipais ou chamando ao 982.135.011. É obrigatorio o uso de chaleco reflector.
O alcalde de Trabada, Rubén García...
leer másEste ano celebrase a 11ª edición de Vespafaba & Clásicos Lourenzá e, como ven sendo costume, cun formato de dous días, 4 e 5 de outubro. Na presentación deste evento participaron a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; o concelleiro de Cultura, Manuel Arango; e o deputado provincial da Área de Rural, Daniel Garcia, xunto a membros da organización deste evento, que destaca que é “unha cita consolidada xa no calendario dos eventos de vehículos clásicos e motos, sobre todo da mítica Vespa, que atrae participantes de todo Galicia, Asturias e Castela e León”.
O sábado 4 de outubro é o día dedicado a scooters e motos clásicas. A recepción deses vehículos será na rúa Fernández del Riego a partir das 10.00 horas, onde desde as 12.00 se celebrarán una xincana e probas de habilidade, “algo moi entretido que capta a atención de numerosos visitantes...
leer másEsta fin de semana -venres 3, sábado 4 e domingo 5 de outubro- vaise celebrar no Cruceiro, na parroquia de Xuances (Xove), a Festa do Ramo, coñecida tamén pola súa cita gastronómica na que enxalzan os callos. E así empeza a programación o venres 3 de outubro, coa XVII Festa dos Callos, acompañados pola orquestra Capitol e disco móbil Conxuro. Continua a festa o sábado coa sesión vermú da man do Grupo JB Son e verbena pola noite co grupo JB Son e disco móbil Conxuro e rematan o domingo cunha sesión vermú prolongada amenizada polo dúo D’Caché.
Na presentación do cartaz destas festas estiveron membros da comisión organizadora pertencentes á Asociación Cultural e de Festexos Alto do Cruceiro, Alejandro Quintas e Rubén e Francisco Sánchez, acompañados polo alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e as concelleiras Tamara Soto e María Dolores Meitín...
leer másO Departamento de Deportes do Concello de Xove organiza a Festa do Deporte para o día 10 de outubro, venres, desde as 20:00 horas no Pavillón Municipal.
“O vindeiro 10 de outubro terá lugar unha xornada de convivencia cos nosos deportistas, recoñecendo o seu esforzo, superación e compromiso. Será un día para compartir, celebrar e apoiar o deporte local”, anuncia o Concello de Xove.
Ata o 20 de outubro está aberto o prazo de inscrición no XX Mercado do Nadal de Ribadeo, que se celebrará do 28 de novembro ao 8 de decembro. As bases poden consultarse na web do Concello.
A concelleira de Promoción Económica, Iniciativa Empresarial, Turismo e Comercio, Marta Saiz, subliña que “o Mercado do Nadal quere ser un espazo de oportunidades para os profesionais relacionados coa artesanía e co deseño e unha plataforma na que se visualice o seu traballo e o talento creativo e innovador”.
A edil ribadense explica que “nesta tradicional cita, que chega á súa vinte edición, poderán participar artesás con capacidade para exhibir e vender pezas que sexan producidas de forma artesanal, sempre e cando sexan de autoría propia; tamén produtos de gastronomía artesanal; e creadores, artistas e deseñadores como...
leer másO Concello de Cervo, en colaboración coa Asociación Virxe dos Dolores, organiza unha nova edición das tradicionais festas na honra á Virxe das Dores, que se celebrarán durante esta fin de semana, os sábado 27 e domingo 28 de setembro, na parroquia de Cervo.
O programa foi presentado esta semana pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, acompañada polo concelleiro de Medio Rural, Adrián Arias, e por Federico, membro da Asociación Virxe dos Dolores, entidade organizadora do evento. Durante a presentación, destacaron a importancia de conservar e apoiar as festas tradicionais do municipio, que “forman parte do patrimonio cultural e social da veciñanza”. A alcaldesa subliñou que se trata dunha cita “moi especial para moitas familias da parroquia, un punto de encontro no que se combina a devoción coa música e o ambiente festivo”.
... leer másA Fundación Eu Son e a Asociación Apertas, dedicadas á Protección de Persoas con Discapacidade Intelectual en Burela, organizan unha comida solidaria este domingo, día 28 de setembro. Será no Pavillón dos Institutos, que está na rúa do Ril, desde as 14:30 horas.
Este evento estará animado por Eventec Discomóvil.
Este domingo, día 28 de setembro, terá lugar o Día do Pemento na praza de abastos de Ribadeo. A cita enmárcase no Mercados dos Domingos e na Gastropraza.
A concelleira de Comercio, Marta Saiz, anunciou que “este domingo, dia 28 de setembro, terá lugar no Mercado dos Domingos unha xornada na que o pemento será o protagonista, un produto que nesta zona non pode faltar na nosa cociña. Será unha xornada moi animada, moi entretida, posto que ao xa concorrido Mercado dos Domingos unirase a Gastropraza, o proxecto que o Concello de Ribadeo leva meses desenvolvendo con gran participación da man da Asociación de Cociñeiros de Lugo para potenciar e promocionar a nosa praza de abastos”.
A edil ribadense contou que “nesta ocasión haberá unha elaboración e degustación de receitas con pementos, que dará comezo as 11 da mañá e...
leer másO Centro de Iniciativas Turísticas (CIT) da Pontenova organiza unha ruta polo percorrido do antigo tren mineiro no municipio de Ribadeo este domingo, día 28 de setembro.
“O vindeiro 28 de setembro temos unha cita coa historia e a natureza, coa ruta interpretativa do tren mineiro da S.M.V por Ribadeo. Un percorrido único para descubrir o trazado do antigo ferrocarril mineiro”, anuncia a organización.
A actividade comezará ás 09:00 horas coa concentración dos participantes na Praza dos Fornos, da Pontenova, onde se fará o reparto das mochilas conmemorativas con auga e un petisco. Ás 09:15 horas será a saída do autobús cara ó cargadoiro de Porto estreito (Ribadeo). Ás 10:00 comezará o percorrido interpretativo seguindo o trazado do tren. E ás 14:30 horas rematará a actividade cunha comida na cafetería da Casa de...
leer másA asociación Veteranos do CD Foz organiza unha festa gastronómica para este sábado, día 27 de setembro, ao mediodía.
Este evento, denominado Vermú, caña e paella, chega á súa terceira edición terá lugar na vila focega, concretamente na praza Pardo de Cela.












