Eventos
A deputada provincial de Cultura, Iria Castro, participou este mércores na presentación da 869 edición das San Lucas de Mondoñedo, que contan co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. As actividades arredor do cabalo centran a axenda das festas que se celebran do 16 ao 20 de outubro e que terán como pregoeiro a Carlos Folgueira, herdeiro do legado do Rei das Tartas, e que renderán homenaxe a Xosé Vizoso.
A baixada dos cabalos desde os montes próximos ata o campo da feira, con paso polo Barrio dos Muíños, a rúa San Roque, a Fonte Vella ou a Praza da Catedral -o día 17- e a gran feira tradicional de gando cabalar -o día 18- serán as principais actividades arredor do cabalo no programa das feiras, que acollerán certames de andadura, concursos morfolóxicos e espectáculos de doma nocturna.
Iria Castro...
leer másA agrupación cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, ofrece clases de galego e portugués desde o 21 de outubro e organiza unha viaxe a Samos, Monforte e Portomarín para o día 25 do mesmo mes.
“Van volver as aulas de galego e de portugués da man da nosa compañeira e amiga Dores Fernández Abel. Por favor, quen teña interese ou saiba de amigos/as que estean interesados/as póñanse en contacto connosco para apuntárense, enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com. Lembrade que son totalmente gratuítas e é unha boa ocasión para familiarizarse coa nosa lingua e/ou co portugués”, anuncia a Agrupación Cultural Francisco Lanza.
Ademais para o sábado 25 de outubro a Agrupación Cultural Francisco Lanza organiza unha viaxe ao mosteiro de Samos e...
leer másO Concello de Cervo convida a toda a veciñanza e visitantes a participar nas tradicionais festas na honra da Nosa Señora do Rosario en Castelo, que se celebrarán nesta fin de semana, os días 4 e 5 de outubro, organizadas pola asociación Cabaleiros do Xunco en colaboración co Concello de Cervo e a Comunidade de Montes Medela e Rozada.
O programa comezará o sábado 4 cunha misa solemne cantada polo Coro Parroquial de Cervo ás 13:00 horas, seguida da procesión e da sesión vermú co grupo Fénix. Pola noite, ás 22:00 horas, terá lugar a verbena amenizada polo grupo Fénix e por Tania Veiras.
O domingo 5 celebrarase novamente misa solemne cantada polo Coro Parroquial de Cervo ás 13:00 horas, coa súa correspondente procesión, e a sesión vermú estará amenizada polo dúo Belinda.
O recinto festivo contará cun servizo de...
Os Plans con Corazón da Mancomunidade da Mariña chegarán o 4 e o 5 de outubro a Riotorto e Barreiros
O programa de rutas e visitas guiadas Plans con Corazón continúa este sábado e o domingo con actividades para explorar o xeodestino A Mariña Lucense, da man de guías oficiais expertos coñecedores do territorio. Os plans terán lugar os días 4 e 5 de outubro nos municipios de Riotorto e Barreiros, respectivamente. Os participantes terán a oportunidade de desfrutar de itinerarios moi especiais cos que explorar o patrimonio cultural e natural destes lugares da man dos guías de turismo e anfitrións do territorio.
RIOTORTO – Sábado 4 outubro
A pegada dun territorio con Carmen Delia
Un paseo para descubrir como a gandaría marcou o carácter de Riotorto, dende as súas paisaxes e tradicións, ata os antigos oficios nas ferrerías. Tamén haberá tempo para falar da historia, da riqueza arqueolóxica ou da toponimia e mesmo para visitar a...
A Pontenova celebrará as súas festas patronais desde o venres 3 ata o luns 6 de outubro.
As actividades comezarán o venres cunha verbena amenizada polo grupo Fénix e os DJs Bombardero e Pedro Brmudz.
O sábado haberá sesión vermú, pasacalles e verbena con Solara, A Chocolateira e DJ Bombardero. E ás 00:30 horas farase a XXVII Queima dos Fornos.
Para o domingo está programada sesión vermú, pasacalles e verbena cunha banda de música, EGS el gran showman, Costa Dorada e DJ Pedro Brmudz.
E o luns haberá sesión vermú co dúo Belinda.
Este domingo, día 5 de outubro, dá comezo en Ribadeo unha nova edición dos Pasos de Sabiduría, que organiza a Concellería de Benestar Social. Haberá baile os domingos no Centro Social.
A edil Elena Sierra explica que “Pasos de Sabiduría volverá estar con nosotros desde este domingo, 5 de octubre, llenando las tardes de los domingos de baile y buen ambiente. Además de la socialización lo que pretendemos hacer, tanto con los programas Pasos de Sabiduría como Preto de Ti, es evitar esa soledad no deseada que muchas personas sienten estos largos meses de invierno en los que se limitan las interacciones sociales agravando su estado de ánimo y bienestar físico”.
A concelleira de Benestar Social engade: “por todo ello, esperamos contar una vez más con todos vosotros en estas tardes los domingos llenas de ritmo y...
leer másO xoves 9 de outubro ás 17:00 horas Burela acollerá a actividade Ruta Guiada: Tódolos ODS son locais, dirixida a mozas e mozos de entre 12 e 18 anos. A proposta celébrase en colaboración co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, no marco do programa People & Planet, do que o Concello de Burela forma parte. Froito deste proxecto estableceuse unha ruta pola vila que vincula diferentes espazos cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
O Concello de Burela explica que “o CIM (Centro de Información á Muller) está relacionado co ODS 5 (Igualdade de Xénero); a estación de autobuses e tren, co ODS 11 (Cidades e comunidades sostibles); a fonte de Neptuno, co ODS 6 (Auga limpa e saneamento); os hortos urbanos, co ODS 2 (Fame cero); a praia da Marosa, co ODS 14 (Vida mariña); e o monte Castelo, co ODS 13 (Acción polo clima). En...
leer más











