Eventos
O Concello de Burela prepara unha programación cultural especial con motivo do Día das Letras Galegas, que se celebrará entre o xoves 15 e o sábado 17 de maio. As actividades abranguen encontros dirixidos á mocidade, unha presentación literaria, unha proxección audiovisual, teatro infantil e unha nova edición do Encontro de Palilleiras.
“O noso obxectivo foi deseñar unha programación diversa, que mestura tradición e creatividade e que conecta co público de todas as idades. Dende a mocidade ata as persoas maiores, todas teñen espazo nesta fin de semana pensada para poñer en valor a nosa lingua e a nosa cultura”, sinalou a concelleira de Cultura, Lina Gómez.
Para comezar, o xoves 15 de maio ás 17:30 horas a Casa da Xuventude acollerá unha sesión do Grupo de Participación Adolescente (GPA), na que os mozos e mozas...
leer másUns 184 veciños e veciñas viaxarán esta semana co Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo. Os participantes pertencen a oito colectivos dos concellos de Mondoñedo, Castro de Rei, Guitiriz, Alfoz, Lugo, Riotorto e Barreiros, e uns percorrerán a comarca mariñá, mentres que os outros descubrirán os atractivos naturais e culturais da Terra Chá ou Lugo.
O Deputado de Promoción Económica e Social, PabloRivera Capón, deu a benvida este martes no Salón de Actos do Pazo de San Marcos á Asociación Cultural e Deportiva Billarda Río Miño, de Castro de Rei, que iniciou o seu percorrido coñecendo a historia e o funcionamento da Deputación de Lugo para despois achegarse ata Quiroga. Neste municipio, os viaxeiros desfrutaron dunha visita a unha empresa produtora de viño e aceite e dun obradoiro de artesanía.
Nesta mesma...
leer másO Concello de Barreiros organiza para este domingo, día 18 de maio, unha nova edición do Mercadiño na Primavera, que terá lugar na Praza do Concello e “contará cun programa cheo de actividades e propostas que inclúen música en directo, obradoiros, degustacións e actividades infantís. O mercadiño desenvolverase entre as 11 e as 20 horas e contará cunha ampla variedade de postos nos que se poderán mercar produtos locais, de proximidade, artesáns e outras variedades pensadas para todos os gustos”.
O programa é o seguinte: ás 11:00 horas, apertura do mercado, amenizada pola actuación do grupo de gaitas do A.F O Arco da Vella; ás 12:00 horas, concerto de Dous en punto (grupo formado por Carlos Bau e Hugo Torreiro que ofrecerá música en directo coas súas mellores versións); de 12:30 a 14:30 horas, degustacións de elaboracións con razas...
leer másCanedo, no concello de Lourenzá, celebrará a Festa da Nosa Señora da O esta fin de semana, desde o venres 16 ata o domingo 18 de maio
As actividades comezarán o venres con pulpada e churrascada a partir das 21:00 horas. E despois haberá verbena coas orquestras Los Satélites e Marbella.
O sábado celebrarase misa solemne ás 13:30 horas, seguida de procesión e sesión vermú coa orquestra Miramar, que tamén actuará na verbena, a partir das 23:00 horas, xunto á orquestra Acordes.
E o domingo haberá misa solemne ás 13:30 horas, seguida de procesión e sesión vermú coa orquestra Acordes.
A organización das festas destaca que dispoñen de carpa e amplos aparcamentos.
A parroquia de Lago, no concello de Xove, celebrará a 27ª edición da súa feira de gando cabalar este domingo, día 18 de maio.
Na presentación do evento participaron Leandro Quelle e Rubén Rubiños como membros da Asociación Equina A Medela (organizadora da feira), acompañados polo alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Agricultura, Dolores Meitín.
O Concello de Xove invita “a toda a veciñanza e tamén aos afeccionados/as ao mundo do gando a que se acerquen para disfrutar dunha xornada familiar na parroquia de Lago”.
Saldoira, no concello da Pontenova, celebrará a súa primeira festa do ovo frito con chourizo este sábado, día 17 de maio, a partir das 22:00 horas.
Para participar na cea hai que reservar antes deste xoves, 15 de maio, a través dos teléfonos 619.67.96.67, 636.25.81.06 ou 610.75.99.19
Este evento está organizado pola comisión de festas San Pedro da Ribeira 2025, que tamén anuncia que haberá baile “ata que o corpo aguante!”.
Xove celebrará a Festa das Flores Fillas de María este sábado, día 17 de maio.
As actividades comezarán ás 10:30 horas coa apertura do mercado tradicional. Ás 11:30 horas haberá pasacalles coa AC Saíñas e a charanga NBA e demostración oficios tradicionais. Ás 13:00h celebrarase misa con ofrenda floral á Virxe e despois sesión vermú co grupo Fénix. A partir das 17:00 horas haberá inchables; de 17:00 a 18:30 horas, obradoiro de cerámica; de 18:00 a 19:00, espectáculo do mago Karrolo. Ademais actuará o grupo Xoaniñas, de Saíñas, e a partir das 22:00 horas, verbena co grupo Fénix e Discomóbil Conxuro. Tamén haberá queimada popular e obradoiros de mañá e tarde para nenos sobre as flores.
Esta festa está organizada polo Concello de Xove e a Asociación de Festexos Montevelle.
O Concello do Valadouro organiza un acto dedicado ás cantareiras e á tradición oral para celebrar as Letras Galegas. Será o venres 16 de maio no salón de actos da Casa da Cultura ás 20:30 horas.
“Será moderado por Lionel Rexes, que facilitará o paso entre as actuacións realizando breves reseñas sobre a xornada e a tradición oral e as cantigas. Trémola Teatro ofrecerá os seus contos da avoa, que cando era nova xuntábase coas amigas para contar e cantar contos e cantigas. Historia popular feita música. E a asociación cultural Amado Lar estará representado polas cantareiras que ofrecerán varias pezas froito das recolleitas populares polas vilas e aldeas de Galicia”, anuncia o Concello do Valadouro, que engade: “nesta edición o Día das Letras Galegas 2025 está dedicado ás cantareiras, mulleres galegas fundamentais na preservación e transmisión...
leer másO X Ribadeo Indiano, que se celebrará do 11 ao 13 de xullo, estará dedicado á figura do filántropo Ramón González e actuará a famosa orquestra cubana Los Van Van. Concello e Acisa presentaron o cartel desta nova edición do evento.
O alcalde, Dani Vega, declarou: “os días 11, 12 e 13 de xullo vamos celebrar o Ribadeo Indiano. Dez anos de historia, de poñer en valor toda unha cultura arquitectónica, social, unha reivindicación de cómo somos. Eses dez anos de historia queremos dedicarllos á filantropía, queremos dedicarllos a un dos indianos máis coñecidos e recoñecidos en Ribadeo, que é Ramón González. Naceu en Ribadeo, estudou Náutica e Comercio e despois marchou para a Arxentina, onde traballou como empregado e tamén foi quen de participar en moitas sociedades e crea a súa propia empresa. Con todo o esforzo fai unha grande fortuna. Despois...
leer másA Rede Museística Provincial desenvolverá ao do 12 ao 18 de maio unha ampla axenda de actividades para conmemorar o Día Internacional dos Museo, que se celebra Internacionalmente baixo o lema O futuro dos museos en comunidades en constante cambio. Os catro museos da rede (Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Pazo de Tor e Fortaleza de San Paio de Narla) acollerán mais dunha ducia iniciativas que, partindo das coleccións e dos valores patrimoniais dos diferentes museos, poñen en valor a diversidade, a creatividade e o diálogo intercultural.
A programación pon o foco na mocidade, público obxectivo da maioría das protagonista e protagonista tanto no deseño e coordinación de propostas como as I Xornadas de rol e xogos de mesa -o 10 e 11 de maio na Fortaleza de San Paio de Narla- , o obradoiro Robótica e arte moza, con Enrique Peñalver...
leer más