Eventos
18/04/2016
Todo está listo en Xove para a celebración da Festa das Flores a finais deste mes, os días 29 e 30.
O programa dará comezo o venres en Chao da Aldea co pregón que pronunciará o presentador e actor xovense Roberto Vilar, a partir das 20:30 horas. Haberá o Venres de tapeo nos locais hostaleiros, que estará dedicado á Festa das Flores. Ás doce da noite terá lugar o sorteo presencial do tapeo do mes de abril, que presentará tamén Roberto Vilar e a continuación concerto de Joni Ramos, presentando o novo espectáculo The show must go on. A primeira xornada deste evento festivo rematará coa verbena amenizada por Cronos Band, de Xove.
En Chao da Aldea o...
leer más 18/04/2016
Hoxe, luns, ábrese o período de inscrición para participar no Día do Xubilado, que organiza o Concello burelés.
A edil de Servizos Sociais, Patricia Otero, explica que “esta celebración, que será o 8 de maio, dará comezo ás 12:30 horas na Casa da Cultura coa recepción ás/aos xubiladas/os asistentes, para posteriormente celebrar o xantar, ás 14:30 horas no pavillón municipal”. A concelleira socialista subliña que “ata esta instalación municipal, aquelas persoas que o precisen ou así o decidan, poderán subir no servizo de autobús que se habilitará”.
Otero engade que “a inscrición e retirada de tíckets será nas Oficinas de Información da Casa do...
leer más 14/04/2016
A cuarta edición do programa Cultura no Camino levará 15 espectáculos nos vindeiros meses aos concellos mariñáns da ruta do Norte. Este ambicioso programa está promovido pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Turismo de Galicia e figura xa como un evento consolidado que dende o seu comezo, no ano 2013, practicamente triplicou o seu orzamento, as compañías participantes e as actuacións contratadas.
A delegada territorial, Raquel Arias, presentou hoxe este proxecto, que xirará por 24 concellos da provincia ofrecendo en total 92 espectáculos de maxia, teatro, circo e música para todos os públicos. Os concellos mariñáns participantes son Barreiros, Lourenzá, Ribadeo e Trabada.
... leer más 14/04/2016
Esta fin de semana celébranse as festas en honor a San Isidro na parroquia de Penasagudas-Monte no concello de Xove, organizadas pola Asociación Cruz de Loureiro.
O sábado, día 16, haberá despois da misa solemne e a procesión que será ás 13:00 horas, unha sesión vermú con Lembranza a partir das 14:00 horas. Ás 15:00 horas un xantar nunha carpa totalmente pechada no que para inscribirse previamente hai que chamar ao teléfono 646-647 619. A xornada remata coa verbena ás 17:00 horas que ofrecerán Lembranza e Fénix e para a que a Comisión ten preparados tres trofeos para as tres mellores parellas de baile.
O domingo, día 17, haberá ás 10:00 horas unha...
leer más 12/04/2016
Este sábado, 16 de abril, ás doce da mañá diante do Cenima, a asociación Ta en Artes, propón dous obradoiros de plástica en torno ao retrato para nenas e nenos de todas idades. “Cativario” levado por Paz Quiroga e “Menudos retratos” por Rosa López.
Ademáis realizará unha acción plástica cos mais maiores sobre o seu lema ”Queremos arte”.
As prazas son limitadas e as persoas interesadas en asistir, segundo informa Librería Bahía, deben inscribirse previamente no enderezo electrónico: taenartes@gmail.com
Ese mesmo día e durante toda a xornada, artistas da Mariña estarán...
leer más 08/04/2016
O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o Alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias González, e a Delegada da Xunta na provincia Raquel Arias, e o Presidente da Asociación de Ferreiros de Riotorto, José María Cabo Jardón, presentaron este venres a “X Feira de Artesanía do Ferro de Riotorto”, que se celebrará o 17 de abril. Fixérono na Forxa de Faustino e Agustín Iglesias, cunha demostración en vivo da elaboración dun fouciño artesán.
A Deputación de Lugo é a máxima patrocinadora deste cita, pois achega 20.000 euros dos 35.000 euros que en total custa a feira. Campos Conde remarcou que esta colaboración do organismo provincial se enmarca na “nosa aposta por impulsar as potencialidades e singularidades de cada Comarca luguesa...
leer más 07/04/2016
Este domingo, día 10, celebrarase a sétima edición consecutiva da Ruta do Poldro, que organiza a asociación Cabaleiros do Xunco coa colaboración do Concello de Cervo.
O concelleiro José Ramón Soto explicou que “esta nova edición xa se converte nunha cita habitual non só para os cabaleiros da nosa comarca senón que este acto atrae a numerosos participantes que se achegan dende varios puntos da nosa provincia e incluso de fóra; de feito o ano anterior contouse cunha participación de 115 cabaleiros, cantidade que se espera superar nesta edición”.
Ademais José Ramón Soto detallou que “o programa comezará ás 10 e media da mañá dende o polígono industrial...
leer más 06/04/2016
As actividades que organiza a Asociación Cultural O Pasatempo terán lugar o 9 e abril en Mondoñedo.
A partir das 12 da mañá no Parque do Cemiterio Vello de Mondoñedo inicianse as actividades para nenos e nenas de tódalas idades con globoflexia e pintura facial. Dende esa hora haberá tamén xogos tradicionais (chave, tiro da corda, ...) para todas as idades coa colaboración da Delegación de deportes do concello mindoniense. Finalmente arredor das 13:30 horas plantarase a árbore no propio Parque, acompañando o acto con música. Todos os que o desexen, poderán recitar poemas adicados á Árbore ou á Natureza durante a plantación. Ademais, durante toda a mañá estarán expostos os debuxos participantes no “V Concurso de Debuxo da Árbore”,...
leer más 06/04/2016
A Aciam de Xove ultima os preparativos da Festa das Flores, que terá lugar os días 29 e 30 de abril. O obxectivo da asociación pasa por “potenciar unha cita que xa leva anos celebrándose incluíndo diversas novidades no programa no que seguimos a traballar, aínda que xa podemos dicir que está practicamente pechado”.
Xove engalanarase para a celebración desta data “decorando os locais asociados á Aciam entre os días 11 e 15 deste mes. A través das redes sociais o público poderá votar ao mellor escaparate, ao que máis lle guste. Ademais estes días iremos dándolle ideas á xente sobre o vestiario que poderá lucir o día 30, xornada na que teremos o Mercado da Festa das Flores e o xantar popular, entre outras moitas actividades”. Desde a...
leer más 06/04/2016
A Asociación Cultural Deportiva Penalba-Colectivo Chilindrín organiza para o sábado día 16 Gancho a Popa!!, o IX Encontro Chilindrín, unha xuntanza da xente de Celeiro.
Éste terá lugar no Restaurante Louzao, en Area, ás 22:00 horas. O prezo é de 35 euros, que inclúe cea e baile. As entradas poden mercarse no bar Rolindes ata o día 14.