Eventos

Etiquetas:
01/09/2022

A celebración será na segunda fin de semana de setembro 

O Concello de Viveiro, xunto a Comisión de Festas, presentou o programa das festas de Xunqueira, na honra de Nosa Señora de Valdeflores. 

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o primeiro tenente de alcalde, Jesús Fernández, acompañaron ao único integrante da comisión de festas na presentación, Jacobo Otero Regal. Dende o Concello de Viveiro agradecen a Jacobo o seu esforzo, xa que decidiu asumir a organización das festas malia ser a única persoa presente na comisión. 

As festas celebraranse os días 9, 10 e 11 de setembro, incluíndo verbena, sesión vermú, festa dos callos, así como festa da espuma e toro mecánico, entre outras actividades.

 

30/08/2022

O Valadouro volve a celebrar as Festas do Oito, as súas patronais na honra da Nosa Señora. Aínda que os días grandes sexan do 8 ao 11 de setembro, a programación cultural comezará unha semana antes con diversas actividades culturais.

O 2 de setembro ás 21:30 horas, farase ZumVAL, unha exhibición de zumba dun grupo de veciños e amigos de Alfoz e O Valadouro, na Praza Santa María de Ferreira. Tamén nesta praza o 3 de setembro as 19:00 horas terá lugar a XXXII Mostra Folclórica do Valadouro. Nela actuarán o Rancho Folclórico de Santa Eulalia de Cabanelas, de Portugal, a A.C A Legua Dereita, de O Corgo, e a A.C Amado Lar, de O Valadouro.

Do 4 ao 7 de setembro farase a XXXVI Semana do Teatro Afeccionado. O domingo 4 A Adala Grupo de Teatro (Fazouro) interpretará a obra “Vivan os noivos”. O 5 de setembro o Grupo de...

leer más
Etiquetas:
30/08/2022

A Xunta de Galicia apoia as patronais na honra de Santa María do Campo de Ribadeo, que comezan a vindeira fin de semana, a través do patrocinio de concertos, espectáculos de animación na rúa e vídeo mupis informativos. Estes son algúns dos actos dun programa festivo que deseñou a comisión de festas, con quen hoxe mantivo unha reunión o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias. 

Entre as propostas de ocio que contaron coa colaboración económica da Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo de Galicia e da área de Política Lingüística, Javier Arias destacou o concerto da Penúltima Sabinera, o mesmo día de arranque das patronais, o próximo sábado 3; a animación na rúa con grupos como O Cuarteto de Illa Pancha e Festicultores; a edición do libro de festas, e o patrocinio dos vídeo mupis informativos.

...

leer más
29/08/2022

Os festexos en San Adriano comezan o 2 de setembro ás 21:30 horas cunha gran pulpada e churrascada, servida por Constante, seguida pola verbena coas orquestras Costa Dorada e Saudade.

O sábado 3, ás 13:00 horas, será a misa solemne, seguida da sesión vermú amenizada pola orquestra Pontevedra, que repite na verbena xunto con Galilea.

Xa o 4 de setembro, ás 13:00 horas, terá lugar a misa solemne e a sesión vermú, esta vez a cargo do grupo de baile Asociación Cultural Osorio Gutierrez de Lourenzá e de seguido a orquestra Solara. A xornada rematará cunha gran verbena con Solara e o Dúo EPO-K.

 

Etiquetas:
27/08/2022

O alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, e o deán da catedral de mindoniense, Pedro Díaz,acompañadosdos membros da comisión de festas dos Remedios, presentaron esta mañá o cartel da tradicional festividade na honra da Virxe dos Remedios, que ten coma eixo central a ofrenda que presentan as cidades e vilas capitais de partido xudicial da Diocese de Mondoñedo-Ferrol. 

A ofrenda, que se mantivo sen interrupción ao longo dos anos da pandemia, será presentada nesta ocasión polo alcalde do Concello de Mondoñedo, e recuperará, este ano si, a tradicional procesión coa imaxe da patroa, acompañada pola banda de música Pascual Veiga, e coa traca pirotécnica habitual.

No que respecta ao cartel festivo, un total de 5 orquestras actuarán no paseo central da Alameda, destacando ao “Grupo Beatriz”, a noite do sábado a partir das 24...

leer más
Etiquetas:
27/08/2022

Portocelo, en Xove, celebrará o 9, 10 e 11 de setembro as súas festas patronais na honra da Nosa Señora.

Comezarán o  9 de setembro ás 21:00 horas cunha gran churrascada, seguida da festa rachada amenizada por Dúo Chic e o grupo Tania Veiras. Xa o 10 de setembro ás 10:00 da mañá tiraranse as bombas de palenque e as 13:30 horas será a misa solemne, seguida da sesión vermú coa actuación de Nueva Fuerza. As 18:00 horas farase un campionato de bolos e ás 23:00 horas comezará a verbena, con Nueva Fuerza e a orquestra Gran Parada.

O domingo, 11 de agosto, farase tamén as 10:00 horas a tirada das bombas de palenque e a misa solemne as 13:30 horas. A festa remata coa sesión vermú amenizada polo Dúo Zafiro.

26/08/2022

A observación astronómica prevista para hoxe en Ribadeo queda posposta para o vindeiro domingo, 28 de agosto, por mor da climatoloxía adversa para a realización desta actividade. 

A Universidade de Santiago de Compostela, a través do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, xunto co programa O teu Xacobeo organizan en varios concellos de Galicia o programa de astronomía A Vía Láctea e outros motivos xacobeos do camiño. 

En Ribadeo esta cita, coa que colabora o Concello, terá lugar finalmente este domingo, dia 28. Comezará as 21:00 horas na Casa do Mar cunha charla sobre temas astronómicos de interese. E despois haberá unha observación astronómica na Praia dos Bloques ás 21:45 horas coa que se completará unha velada cultural e científica vendo e aprendendo cousas ao mesmo tempo que se goza dunha noite de verán...

leer más
Etiquetas:
25/08/2022

Foz celebrará a súa X Festa Normanda do 25 ao 28 de agosto, con mercado tódolos días, actividades lúdicas e musicais e moitas recreacións históricas.

As festas darán comezo o xoves, 25 de agosto, as 20:00 horas coa apertura do mercado. Xa o 26 ás 12:00 horas, farase a inauguración no Paseo da Ribeira do campamento normando, e durante a xornada haberá actividades e animación con recreación histórica. Pola tarde, as 20:00 horas, haberá música a cargo de Dj Cosme, e as 21:00 horas será o pregón oficial, que pronunciará Marcos Fernández, seguido da representación teatral da lenda de San Gonzalo e o nomeamento do focego maior. Por último as 23:00 horas terá lugar o concerto de Monolius Dop.

O 27 de agosto as actividades arrincan ás 11:00 horas coa apertura do mercado e as actividades no campamento. Ás 13:30 será a...

leer más
Etiquetas:
25/08/2022

Do 26 ao 29 de agosto celebraranse as festas patronais de Lourenzá, as do Conde Santo.
Comezarán o 26 coa Farra do Conde, unha cea-baile, na que haberá djs e unha actuación de Toxo Guayaba, co patrocinio de Patrimonio Laurentino. Os tíckets para poder asistir pódense comprar nos bares do pobo.

O 27 de agosto haberá sesión vermú amenizada por Distrito 7, que tamén estará na verbena xunto con La Banda de Nash. O 28 de agosto a sesión vermú correrá a cargo de La Favorita, que repetirá na verbena con Nueva Fuerza. E o luns, 29 de agosto, haberá unha última sesión vermú, amenizada por D Vicio.

 

23/08/2022

Dende hoxe,  23 de agosto, ao 23 de setembro está aberto o prazo para anotarse  ao XI Encontro de Palilleiras. As asociacións e particulares poden facelo directamente chamando ao teléfono do Concello, os vendedores interesados en  participar co seu posto deben facelo obrigatoriamente a través do correo electrónico encontropalilleiras@xove.es. As solicitudes de inscrición poden baixarse dende a páxina web do Concello. 

Dende a  Delegación de Igualdade se retoma este encontro despois de dous anos de pandemia, polo que animamos a todos, palilleiras, vendedores, etc. a  que participen.