Eventos
O Alfar dos Muíños, en Mondoñedo, acollerá o este domingo, día 6 de abril, unha xornada de oficios artesáns impulsada pola Xunta en colaboración coa Asociación Profesional de Artesáns dos Muíños e Concello. A iniciativa enmárcase na programación dos Días Europeos da Artesanía, que inclúe máis talleres abertos ao público esta semana en Mondoñedo e noutros lugares de Galicia.
O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, e a concelleira de Turismo de Mondoñedo, Patricia Otero, presentaron as actividades na Delegación Territorial de Lugo xunto con tres dos artesáns participantes: Verónica Page, Maica Juncal e Marcelo Scapinachis.
O domingo o Alfar dos Muíños acollerá obradoiros de torno cerámico, modelado manual e esmaltado, fiado con roca, confección en pel, títeres, estampado artesanal e marroquinería. Os talleres...
leer másO Concello de Alfoz organiza actividades lúdicas para menores de 18 anos o día 16 de abril, mércores de Semana Santa. Serán de 16:30 a 20:30 horas no pavillón municipal.
Haberá “inchables, circuíto RC, xogos xigantes con monitor, Battle Arena, batallas en colchoneta con bolas de espuma, música e moita diversión. Ven gozar dunha tarde chea de risas e aventura!”, anuncia o Concello de Alfoz.
Penasagudas, no municipio de Xove, celebrará a festa de San Isidoro de Monte esta fin de semana, sábado 5 e domingo 6 de abril
As actividades comezarán o sábado as 13:00 horas con misa solemne e procesión, ás 14:00 horas haberá sesión vermú co dúo Belinda, ás 15:00 horas terá lugar un xantar e desde as 17:00 horas, baile co dúo Belinda e o grupo Fénix, no que haberá trofeos ás 3 mellores parellas de pasodobre e un trofeo á mellor parella de bachata.
E para o domingo a partir das 10:00 horas está programada unha ruta de sendeirismo (a pé, a cabalo ou en bicicleta); ás 14:00 horas haberá sesión vermú; ás 15:00 empezará o xantar e a partir das 17:00 horas comezará o baile cunha actuación estelar, anuncia a organización, que corre a cargo da asociación Cruz de Loureiro, de San Isidoro de Monte. Tamén destaca que...
leer másTodo está listo para a celebración de Ribadeo 20/25. O acto deste xoves, día 3 de abril, no auditorio municipal será conducido polo xornalista Fabián Pérez.
O alcalde, Dani Vega, contou: “todo está preparado para celebrar Ribadeo 20/25. Vinte anos de BIC, Ben de Interese Cultural, pobo declarado con ese patrimonio ben conservado e iso fala ben de todos os gobernos de Ribadeo, que intentamos conservar e facelo o mellor posible para que o noso conxunto histórico estea ben conservado e coidado e tamén con actividade”.
O rexedor declarou: “vintecinco anos de destino turístico de calidade. Tamén durante todo este traxecto e toda esta historia de vintecinco anos todos os gobernos traballaron para conseguir que Ribadeo fose ese destino turístico de calidade. Con esa estratexia conxunta entre administracións e...
leer másA asociación comarcal Camiña organiza a Primeira Andaina Solidaria Camiñando Xuntos este domingo, día 6 de abril, en Burela. A saída será ás 11:00 horas desde a Praza do Concello e o percorrido irá ata a praia de Ril, ida e volta.
O prezo da inscrición é de 5 euros (destinados á Camiña) e pode facerse previamente en...
leer másA mañá do domingo 6 de abril terá lugar unha nova andaina organizada por Guía tu Día.
Consistirá nun paseo guiado de 10km (dificultade baixa) bordeando a ría de Foz, pasando por lugares interesantes como a lagoa dos Patos, varios miradoiros con vistas á ría e a Foz, as fantásticas praias de Barreiros e o seu paseo marítimo. Falarase tamén de fauna e flora.
Durante o camiño farase unha parada para xantar de picnic. E a volta será tren. As mascotas tamén poden participar, unicamente deberán traer bozal para poder montar no tren.
Esta visita guiada ten un custo de 10€ persoa. Para máis información e reservas poden chamar á guía Ana no 654 99 68 57.
Viveiro acollerá un evento pro recadación para as Festas do San Roque no Día das Tortillas, que é o domingo 6 de abril.
Está organizado pola comisión Viveiro en Festas, que explica: “cremos que o Días das Tortillas é unha festa moi chula para seguir mantendo en Viveiro, así que imos facer que o parque Pernas Peón sexa un sitio para celebrar en boa compañía o domingo 6 de abril. Imos ter á venda tortillas grazas á colaboración co restaurante La Tortilla Maravilla, en porcións ou enteiras, pero podes reservar a túa a través do whatsapp do teléfono 619.14.14.62. A partir das 12 abrimos inscricións para o I Concurso Popular do Día das Tortillas, no que calquera veciño ou veciña pode presentar a súa mellor receita”.
Ademais a partir das 13:30 horas haberá sesión vermú a cargo do Dúo Vivarium e ás 17 horas, veredicto do...
leer másRibadeo celebrará o 25 aniversario como destino turístico e os 20 anos como Ben de Interese Cultural o vindeiro 3 de abril nun acto, que se desenvolverá no auditorio municipal, e que contará coa presenza do presidente da Xunta, Alfonso Rueda.
O alcalde, Dani Vega, contou esta mañá que “Ribadeo celebra 25 anos de destino turístico e 20 anos de BIC (Ben de Interese Cultural). Vainos acompañar o presidente da Xunta. Sete municipios de todo Galicia celebramos ser ese destino turístico. Estamos a falar de Pobra de Trives, de Lieiro, de Monterrei, Sanxenxo, Baiona e Mondariz Balneario. Sete municipios que hai 25 anos foron declarados destinos turísticos por parte da Xunta de Galicia. Recordar isto quer dicir que durante todo un proceso fomos medrando e fomos traballando estratexicamente por ter un turismo de calidade, un turismo estratéxico e...
leer másA Mariña acolle do 28 ao 30 de marzo o encontro de observación da natureza natureWatch, que se celebrará presencialmente no Centro Sociocultural de Barreiros e que inclúe ademais diversas visitas ao territorio. Un total de 60 persoas, chegadas principalmente de Galicia, pero tamén doutros puntos de España (Andalucía, Aragón, Asturias, Cataluña e Castela a Mancha), terán a oportunidade de afondar no coñecemento deste territorio como destino ornitolóxico, xeolóxico e botánico a través dun evento de recoñecido prestixio nacional. A meirande parte correspóndese con perfís vinculados á xestión turística e de produtos, guías turísticas, entidades de xestión da biodiversidade, asociacións ambientais, técnicos de turismo e empresas hoteleiras, entre outros.
O evento natureWatch foi recoñecido pola Organización Mundial do Turismo como evento...
leer másLa Semana Santa de Viveiro adelanta los horarios tradicionales de las procesiones del Jueves Santo, “tratando de evitar las horas en que venía acabando la última procesión. De esta manera contribuimos a mejorar la asistencia a todas ellas y al descanso necesario para no perder el Encuentro en la mañana del Viernes Santo”, explica la portavoz de la Xunta de Cofradías, Mari Carmen López Gómez.
El comunicado oficinal sobre este asunto indica: “Reunidas los responsables de la Venerable Orden Tercera, la Hermandad del Prendimiento y la Cofradía de la Misericordia, con actitud proactiva y de consenso para buscar una racionalización de los horarios y no se alargue esta jornada de forma desproporcionada, hemos decidido adelantar los horarios de nuestros desfiles procesionales. Dicho acuerdo ha sido ratificado de forma unánime tanto por los...
leer más