Eventos
O Concello de Viveiro anuncia que a Biblioteca Municipal organizará nos meses de abril e maio tres iniciativas enmarcadas no programa Ler conta moito. Incluirán actividades para conmemorar o Día do Libro e do Día das Letras Galegas.
A sala de exposicións albergará o sábado 26 de abril, ás doce da mañá, A maxia dos libros, con Nami e O Mago da Boina. Será como celebración do Día do Libro.
Tamén haberá dúas actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas: o venres 16 de maio desenvolverase Das pandeireteiras de Mens ás Tanxugueiras ás seis da tarde. O venres 23 de maio, ás seis da tarde, organizarase unha sesión de Bibliocanta para nenos de entre 3 e 9 anos.
Os interesados en participar nas actividades poden inscribirse na Biblioteca de Viveiro ou...
leer másO Concello de Burela presenta a súa programación especial para a Semana Santa, unha oferta variada de actividades culturais e turísticas que se desenvolverán entre o 15 e o 19 de abril. As propostas están abertas tanto á veciñanza como ás persoas visitantes, cun enfoque de posta en valor do patrimonio local.
Unha das principais atraccións será o Barco Museo Boniteiro, que permanecerá aberto do 15 ao 19 de abril. As visitas realizaranse en cinco quendas diarias: ás 11:00 h, 12:00 h, 13:00 h, 17:00 h e 18:00 h. Esta actividade permite coñecer de preto a tradición pesqueira local e o importante papel do norte na historia da vila. As prazas poden reservarse a través da páxina web: reservasbarcoboniteiro.burela.org
No ámbito natural programáronse as XeoRutas, que permitirán explorar a costa burelá desde unha...
leer másLourenzá acollerá esta vindeira Semana Santa diversas actividades: visitas guiadas ao mosteiro de San Salvador, a décimo sexta edición do torneo de baloncesto feminino Lourenzá en Xogo, e o festival musical Vilou Spring Fest coa actuación da orquestra Panorama.
As visitas guiadas ao mosteiro de San Salvador serán desde o luns 14 ata o sábado 19 ás 12:00 horas e o prezo é de 3 euros por persoa. Para participar hai que reservar previamente a través dos teléfonos 982.121.006, 982.147.156 ou 646.384.124 ou do correo electrónico lourenzaturismo@outlook.es. As entradas venderanse na Oficina de Turismo, que está no Centro de Interpretación da Faba.
O Vilou Spring Fest será o Xoves Santo, día 17 de abril no Campo dos Bolos, onde se instalará unha...
leer másA parroquia de Galdo, no concello de Viveiro, celebra a Festa da Empanada e dos Bolos Preñados este sábado, día 12 de abril. Será no local social (escola vella).
Este evento está organizado pola comisión organizadora das festas de San Pantaleón e Santa María de Galdo, que anuncia que “as empanadas son de bonito, bacalao e cecina con queixo. As racións serviranse entre as 14:00 e as 20:00 horas. Contaremos con actuacións musicais durante todo o día: sesión vermú ás 14:00 horas amenizada por Verónica Cambón; sesión de tarde coas actuacións de Amigos do Folk, Grupo Zerna e Grupo Alovai; e remataremos coa sesión de noite, con DJ Juanjo”.
Mondoñedo acolle este sábado, día 12 de abril, unha homenaxe a José Sánchez Gacio, que foi presidente da Deputación de Lugo e gobernador civil da provincia da Coruña. Está organizada polo colectivo Memoria da Mariña.
As actividades comezarán ás 12:00 horas na Casa da Xuventude, que está na rúa Pacheco, número 5. Alí haberá relatorios de Alba Díaz Geada (historiadora e profesora da USC), que falará sobre Exterminar unha causa. O golpe de 1936 na Galiza; e Antonio Reigosa (cronista oficial de Mondoñedo), sobre José Sánchez Gacio, un mindoniense de ben represaliado polo franquismo. Tamén está programado un coloquio moderado por Xusto Fernández Haro.
Ás 13:15 horas no Cemiterio Vello haberá intervencións de Xulio Rodríguez e Xosé Luis Fernández Rivera, en representación de Memoria da Mariña;...
leer másRiotorto acolle o 20 de abril a XVI Feira da Artesanía do Ferro, organizada polo Concello e a Asociación para a Promoción Social dos Ferreiros do municipio co apoio da Xunta.
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación desta nova edición xunto co alcalde, Clemente Iglesias, e representantes da agrupación de ferreiros de Riotorto, artífices do evento. A Xunta colabora a través de Artesanía de Galicia.
A feira contará coa presenza de ferreiros de Riotorto, A Fonsagrada, O Corgo, Santiago de Compostela, Culleredo, Navarra e Austria, que realizarán demostracións en vivo ante os asistentes. A artesanía do ferro será a protagonista da xornada, na que tamén haberá exhibicións doutros oficios como alfarería, cestería ou torneado.
A cita inclúe actividades...
leer másO 24 de maio terá lugar a oitava edición dos Cantos de Taberna, que organiza o Concello de Ribadeo. Os grupos interesados en participar poderán inscribirse ata 16 de maio.
A concelleira de Turismo, Marta Saiz, contou que “a inscrición nos Cantos de Taberna, que xa está aberta, é gratuíta e realizarase a través de turismo@ribadeo.gal ou chamando ao seguinte número de teléfono 982 128 689. Os participantes deberán achegar a ficha de solicitude dispoñible na sede electrónica da páxina web do Concello http://www.ribadeo.gal// En canto os establecementos que desexen adherirse ao evento deberán poñerse en contacto tamén coa oficina de turismo de Ribadeo a través do correo electrónico turismo@ribadeo.gal ou o teléfono 982 128...
leer másO Concello de Burela organiza o Día da 3ª Xuventude para o 1 de maio, xoves, no Pavillón dos Institutos. As inscricións para participar estarán abertas do 10 ao 24 de abril na Casa do Concello.
“Este ano, celebramos esta gran xornada de festa e encontro para os nosos maiores no Pavillón dos Institutos a partir das 13 horas, cun vermú de benvida antes da comida. Inscricións abertas ata o 24 de abril. Requisitos para participar: estar empadroado no concello, ter 65 anos ou 60 anos (se es pensionista da Seguridade Social) ou ser xubilado do mar. Podes vir acompañado do teu cónxuxe. Non deixes pasar esta oportunidade de compartir un día de boa compañía e diversión!”,anuncia o Concello de Burela.
A deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, recibiu este martes no Salón de Actos do Pazo de San Marcos á Asociación Cultural Airiños do Miño, de Meira, no marco do programa Coñece a túa provincia, a iniciativa de viaxes gratuítas posta en marcha pola institución provincial co obxectivo de dinamizar o turismo e a economía local. Esta semana participarán neste programa máis de 160 veciños e veciñas de Meira, Cospeito, Vilalba, Castro de Rei, O Corgo, Becerreá e a Pastoriza.
O mércores a Asociación Veciñal, Recreativa e Cultural de San Martiño de Pino (Cospeito) partirán a ruta desde a produtora do Servizo de Audiovisuais da Deputación para despois coñecer, na Ribeira Sacra, o miradoiro sobre o Canón do Sil, realizar o percorrido en catamarán e visitar unha igrexa románica. Nesta mesma xornada, os...
leer másA Casa do Concello de Burela acollerá este xoves, día 10 de abril, ás 16:00 horas unha sesión temática sobre a Rede de Turismo Pesqueiro de España, un evento dirixido a todos os actores do sector pesqueiro, náutico, hostaleiro e turístico. A sesión terá como obxectivo dar a coñecer as actividades, obxectivos e funcionamento desta rede, que busca promover e valorar o patrimonio cultural e pesqueiro das zonas costeiras do país.
A xornada dará comezo coa apertura institucional, a cargo de Carmela López Moreno, presidenta da Fundación Expomar; e José Manuel González López, xerente da Fundación Expomar. A continuación, o concelleiro de Mar e Turismo de Burela, Ramiro Fernández Rey, presentará a Rede de Turismo Pesqueiro, detallando os beneficios de adherirse á mesma e explicando o funcionamento das actividades que levan a cabo para fomentar o...
leer más