Deportes
19/03/2016
Ribadeo acollerá o día 3 de setembro deste ano, sábado, a súa primeira Heroican Race, que é unha carreira de obstáculos para a cal o prazo de inscrición se abre esta media noite na páxina web www.championchipnorte.com. O evento foi presentado hoxe na Casa do Concello coa participación do edil de Deportes ribadense, David Rivas.
“Desde o Concello queremos amosar a nosa satisfacción por acoller a primeira Heroican Race, unha carreira de obstáculos como as que xa se veñen celebrando en moitas cidades de toda a xeografía peninsular e que aportan unha dose importante de espectáculo á actividade deportiva local. Deste xeito a Heroican Race preséntase como unha oportunidade para Ribadeo de...
leer más 17/03/2016
Ribadeo acollerá esta fin de semana a III Copa Deputación de Baloncesto de Base na que participarán 68 equipos e máis de 600 deportistas de toda a provincia. O evento foi presentado esta tarde no novo pavillón polo vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga; polo concelleiro de Deportes, David Rivas; e polo presidente do CB Ría de Ribadeo, José Vázquez.
Veiga dixo que “asistimos á consolidación dun evento que permitirá desfrutar do deporte a mozos e mozas que representarán á totalidade de clubs de baloncesto da xeografía lucense”. O vicepresidente da Deputación destacou “o esforzo que se fai polo baloncesto feminino desde o CB Ría de Ribadeo, que xa temos colaborado con eles en máis ocasións. E este terceira Copa de...
leer más 16/03/2016
A ACD Xove organiza para este domingo, día 20, unha exhibición de karate. Será a partir das 18:00 horas no Pavillón Polideportivo e correrá a cargo dos karatekas da Escola de Karate que farán demostracións de katas, kobudo, defensa persoal e distintas habilidades e exercicios técnicos. Xunto cos nenos e nenas da ACD Xove tamén participarán nesta exhibición alumnos e alumnas doutras Escolas de Karate da Mariña.
Tamén este domingo a ACD Xove presentará as rutas de sendeirismo que organiza para este año. Farao a través dunha presentación audiovisual feita por Santos Cordovilla e despois terá lugar unha charla-coloquio con todos os asistentes. Esta presentación será a partir das 19:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove....
leer más 15/03/2016
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha viaxe para este domingo, día 20, a Sober coincidindo coa celebración da Feira do Viño.
Os participantes realizarán a Ruta Aba Sacra cun percorrido de 6,3 quilómetros e dificultade baixa dende Doade ata Amandi. O percorrido discorre na súa totalidade entre os característicos bancais de viñedo da zona e paralelos ao canón do río Sil. Ao rematar desprazaranse ata Sober onde gozarán da xornada festiva que supón a celebración da tradicional Feira do Viño.
Esta andaina será este domingo, día 20, e a saída de Lourenzá está prevista para as 8:00 horas. O prezo de 10 euros para socios e 15 euros para...
leer más 15/03/2016
A sétima edición da Ruta Enduro Medela en bicicletas de montaña, que se celebrará este domingo día 20 a partir das 09:30 horas, foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares; o concelleiro de Deportes, José Ramón Soto, e catro membros do club Medela MTB, de San Ciprián: o presidente, David Riera Amor; o vicepresidente, Oscar Hermida Bouza; o tesoureiro, Abel Ordas Díaz; e o secretario, Víctor Riera Amor.
O concelleiro de Deportes cervense explicou que esta ruta, patrocinada polo Concello de Cervo, “está enfocada ao enduro de MTB, modalidade que se caracteriza polo seu percorrido ao longo de sendeiros técnicos; e a pesar de que ten unha parte competitiva, como calquera tipo de proba deportiva, está pensada para gozar tanto...
leer más 14/03/2016
O Concello abriu esta noite o prazo de inscrición na III Media Maratón Ribadeo-As Catedrais, que foi presentada esta tarde.
A proba terá lugar o 10 de setembro con saída ás 17:00 horas das inmediacións Concello. O edil de Deportes, David Rivas, salientou que “este ano adiantouse unha hora o comezo dada a diferenza de chegada entre os primeiros e os últimos participantes para evitar o risco que poida supor correr case de noite pola zona”. O concelleiro nacionalista engadiu: “considerouse a posibilidade de que o percorrido rematase en Ribadeo en vez de nas Catedrais, pero descartámolo porque nos pareceu que perdía parte do encanto e da intención da carreira, que era a posta en valor e a reivindicación das Catedrais como espazo protexido”. O responsable de Deportes tivo...
leer más 14/03/2016
A primeira delas será o venres, día 25, á cascada de San Estebo en Barreiros. E segunda o sábado, día 26, á ruta do Masma.
A saída está prevista para as nove da mañá de diante do Concello e a volta para xantar en Foz sobre as dúas da tarde. A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e a dificultade de ambas rutas é media.
As persoas que estean interesadas poden chamar aos teléfonos 676 561 594 (Nelli) ou 670 369 017 (Morís).
14/03/2016
A Concellaría de Mocidade organiza varios obradoiros e actividades deportivas dirixidas a nen@s e moz@s durante esta Semana Santa. Haberá obradoiros de fotografía e de cociña, ademais de deportes e lectura.
O día 21 comezarán os obradoiros de fotografía e cociña. O de fotografía para instagram desenvolverase durante os días 21, 22 e 23 de marzo en horario de 10:30 a 13:30 e polas tardes de 16:00 a 18:00 horas. Está dirixido a moz@s a partir de 12 anos e terá lugar na Casa da Xuventude onde se pode facer a inscrición, que é gratuíta. As prazas son limitadas e o material que se precisa é un móbil con posibilidade de instalar Instragram....
leer más 09/03/2016
O Sor, vía de auga limpa e vivificadora da nosa bisbarra, será o protagonista da próxima actividade de Nordés.
O Sor, ese pequeno río que pasa por ser dos mellores conservados de Galicia, precisa da participación activa dos seus cohabitantes e amigos e amigas para que non perda ese título a mans da contaminación e polas agresións que as actividades humanas lle supoñen.
Unha desas formas de loitar pola preservación dese o noso querido e amado Sor é manter un control periódico sobre a calidade das súas augas, o cal Nordés, a través da súa participación no Proxecto Ríos, está facendo dende fai uns anos.
...
leer más 01/03/2016
O día 12 deste mes terá lugar en Xove I Ruta de Enduro “EnducrossXove”. As prazas son limitadas e o prezo da inscripción é de 30 euros. A saída será ás nove da mañá e os organizadores ofrecen máis información nos teléfonos 678 801479 (Oscar) e no 667 308479 (Jose). O Concello de Xove colabora na organización desta I Ruta de Enduro “EnducrossXove”.