Deportes

10/09/2024

O día 21 de setembro, sábado, a partir das 18:30 horas terá lugar a sexta edición da carreira Mondoñedo Monumental, que organiza o Concello mindoniense. Todas as probas terán saída e chegada na Praza da Catedral.

A entrega de dorsais será a partir das 16:00 horas. Ás 18:30 empezará a carreira de cativos (non competitiva para nenos e nenas nacidos no 2017 e anos posteriores), nunha distancia de 200 metros. Ás 18:35 saíra a sub-10 (para nenos e nenas nacidos nos anos 2015 e 2016), cunha distancia de 950 metros. Ás 18:45 empezará a sub-12 (para nenos e nenas nacidos nos anos 2013 e 2014), nunha distancia de 1.900 metros. Ás 19:05 sairán as de sub-14 e sub16 (nenos e nenas nacidos desde o 2009 ata o 2012), cunha distancia de 2.850 metros. E ás 19:15 horas será a saída da carreira absoluta.

Etiquetas:
09/09/2024

Desde este mércores e ata o domingo, día 15 de setembro, disputarase o III Torneo de Pádel Concello de Viveiro. Haberá varias categorías: Primeira Masculina, Segunda Masculina, Terceira Masculina, Mixta e Feminino.

Na presentación do campionato participaron a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; o segundo tenente de alcalde, Xesús Fernández, e membros do Club de Pádel Ego de Viveiro.

 “O pádel é un deporte en auxe moi practicado por persoas por todas as idades en Viveiro”, asegura a alcaldesa, María Loureiro, que agradece o traballo do Club de Pádel Ego de Viveiro.

 

Etiquetas:
09/09/2024

Praias de Comado organiza a oitava edición do Trail Monte Comado, en Reinante, que se celebrará o 13 de outubro.

A proba terá as distancias de 26 km. 1400+ e 12 km. 700+. As persoas interesadas en participar poden obter máis información e inscribirse en www.maiskmmsbarreiros.gal ou www.mediokmverticalmontecomado.jimdo.com. 

O Concello de Barreiros coorganiza esta actividade coa que colaboran a Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a Xunta de Galicia, Deporte Galego e Protección Civil de Barreiros.

 

Etiquetas:
09/09/2024

Medela MTB organiza a segunda edición de Mini BTT o domingo 29 de setembro.

A prova terá lugar no Polígono de Cuiña en San Ciprián-Cervo a partir das 10:00 horas.

As persoas interesadas poden inscribirse na web da Federación Galega de Ciclismo e obter máis información no facebook medelamtb.

O Concello de Cervo colabora na organización deste evento así como Rodabell, Cerezo Bikes e a Federación Ciclismo Galego.

 

Etiquetas:
09/09/2024

A A.D.C. Alboi de Viveiro organiza o Trail Penedo do Galo. A proba terá lugar o domingo 22 de setembro.

O Trail Penedo do Galo consistirá en 15 km. de andaina, 750 mt+, 18´5 km. de trail e 850 mt+.

As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición en www.galitiming.com e obter máis información no whatsapp 603 34 89 37, no correo electrónico alboiadc@gmail.com, en facebook AdcALBOI e en instagram adcalboi.

O Concello de Viveiro e Protección Civil colaboran na organización desta actividade.

 

Etiquetas:
09/09/2024

O campo do Árbol do Valadouro acollerá o vindeiro sábado, 14 de setembro, un torneo de fútbol base organizado pola Concellería de Deportes do Valadouro e a AD Río Ouro, co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

O deputado de Mocidade Daniel García, o concelleiro de Deportes do Valadouro, EliseoTeijeiro, e representantes do club organizador presentaron o torneo, que reunirá máis dunha vintena de equipos das categorías alevín, benxamín e prebenxamín de clubs de Lugo e Asturias e que será un dos primeiros en celebrarse na provincia tras o parón da actividade competitiva e de adestramentos que supón o verán.

O deputado Daniel García valorou “a colaboración entre o concello e ao club para organizar este evento e para ofrecer ás nenas e nenos do concello alternativas de ocio saudable ao longo do ano”e incidiu...

leer más
Etiquetas:
07/09/2024

Xove celebrará o Día da Bicicleta o día 22 de setembro, domingo, desde as 11:00 horas.

A organización do evento anuncia: “o día 22 de setembro de 2024 ás 11 da mañá vamos celebrar o Día da Bici en Xove. As inscricións serán antes da saída e todos os menores de idade necesitarán unha autorización paterna. Para os máis maiores será un percorrido duns 10 quilómetros e para os pequenos farase unha pequena ruta circular. Tamén contaremos con estruturas de pump track na Praza do Concello antes da ruta e haberá un avituallamento ó rematar a ruta e un sorteo”.

Etiquetas:
06/09/2024

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o xerente da piscina municipal, Martín Rodríguez, presentaron hoxe, venres, os cursos e as actividades deportivas que haberá este curso nas instalacións.

“Mantemos todos os cursos de natación para os nenos e ampliamos as actividades dirixidas ás persoas maiores”, asegura María Loureiro, que considera “prioritario ofrecer aos veciños e veciñas a posibilidade de practicar actividades para manterse en forma”.

Natación Infantil ofertase para nenos e nenas nados entre 2019 e 2020, mentres que Natación Nenos será para os nados entre 2011 e 2018. As escolas ofertaranse para os nados entre 2018 e 2009.

A preinscrición farase de maneira presencial e posteriormente sortearanse as prazas. Cada neno poderase pre-anotar nun único grupo e asignaráselle un...

leer más
06/09/2024

A Concellería de Deportes presenta o I Torneo de Fútbol Base Concello do Valadouro, que se disputará o día 14 de setembro, sábado, no Campo do Árbol, en Ferreira do Valadouro. Será de fútbol 8 para categorías alevín, prebenxamín e benxamín.

Este evento deportivo está organizado Concellería de Deportes do Concello do Valadouro e colaboran a Asociación Deportiva Río Ouro e a Área de Deportes da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

06/09/2024

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza un percorrido pola Ruta dos Regos e das Fontes, no concello de Riotorto, para o día 14 de setembro, sábado. A distancia a percorrer son 8 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante de Meira.

A saída será ás 10:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do 11 de setembro, chamando aos teléfonos 699.70.60.31 (Mahía) ou 658.09.71.33 (Miguel). O prezo é de 30 euros para os socios do colectivo organizador e de 35 euros para os que non o son.