Deportes
O Concello de Burela acollerá a celebración dunha nova edición da carreira urbana Burela Bonita, puntuable no circuíto Duacode-Run Foz Run.
O evento deportivo, que chega este ano á súa 8ª edición, celebrarase o día 27 de xullo, sábado, a partir das 19:00. Estreará un novo percorrido, diferente ao de anteriores edicións.
O concelleiro de Deportes, Carlos Méndez Pena, animou "a toda a veciñanza a participar para repetir as excelentes cifras de participación obtidas en anteriores edicións".
"Estamos seguros de que o novo percorrido da carreira popular, xa asentada como unha das grandes citas deportivas de cada ano en Burela, será do gusto de todas as persoas participantes", engadiu.
As inscricións na categoría absoluta terán un prezo de 8€ ata o día 21 de xullo, e...
leer más“Co obxectivo de mellorar os servizos á cidadanía e aproveitar ao máximo os recursos dispoñibles”, o Concello de Alfoz anuncia que ofrecerá un curso de natación de forma gratuíta, que comezará o próximo 15 de xullo, e explica que “esta iniciativa está deseñada para proporcionar unha oportunidade de aprendizaxe e lecer tanto aos nenos e nenas como ao público xeral, destacando como unha das principais melloras e novidades deste verán”.
Os nenos e nenas que son usuarias de Ludiverán Alfoz poderán participar no curso de natación de 11:30 horas a 14:00 horas, integrando esta actividade nas súas xornadas de verán. Pola tarde o curso estará dispoñible para o público xeral interesado, que poderá achegarse á piscina municipal de 16:00 a 18:00 horas.
Dende a área de Educación, Igualdade e Participación do Concello de Alfoz...
leer másXa está en Ribadeo a selección española de baloncesto feminino U18, que permanecerá aquí concentrada ata o 29 de xullo. Os encargados de darlle a benvida foron o alcalde, Dani Vega, e o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent.
O combinado nacional enfrontarase a Croacia, Polonia e Hungría no Torneo que as catro seleccións disputarán en Ribadeo do 18 ao 20 de xullo.
O edil de Deportes declarou: “estamos moi contentos de recibir en Ribadeo un verán máis á selección española se baloncesto feminino U18. A concentración deu comezo onte e prolongarase ata o 29 de xullo. Na nosa vila contamos cunhas instalacións deportivas de primeiro nivel que nos permiten acoller esta tipo de eventos deportivos: concentracións e torneos internacionais, como os que a selección española vai disputar coas de Croacia, Polonia e...
leer másO X Torneo de Tenis Concello de Burela - Memorial Jose Luis Yebra terá lugar nas instalacións deportivas da Marosa entre este sábado, día 13 de xullo, e o 28 de xullo. A competición está organizada polo Concello e o Club de Tenis A Marosa en lembranza do socio do club falecido no ano 2015, que foi un dos grandes impulsores deste deporte na localidade.
"Ao celebrarse o X aniversario do Memorial Jose Luis Yebra, haberá unha homenaxe máis especial, se cabe, a Jose Luis", sinalan dende a organización do evento. Tamén se celebra o décimo aniversario da creación Club de Tenis-Pádel A Marosa, polo que se lle entregará un recordo da ocasión a todas as persoas participantes.
Esta nova edición do torneo foi presentada polos integrantes da directiva do club Arturo González, Fernando Rey e José María Pérez, así como pola...
leer másO Concello de Xove, a través da Concellería de Turismo, organiza un programa de rutas guiadas ao longo da tempada de verán.
As actividades teñen como obxectivo mostrar distintos lugares de interese da localidade e interpretar o patrimonio cultural, a natureza e a paisaxe de Xove.
Nesta edición de 2024 as fechas de celebración e os percorridos serán os seguintes:
Venres 19 de xullo. Esteiro de Xove, moito máis que unha praia.
Sábado 27 de xullo. San Tirso de Portocelo, un enclave único.
Venres 2 de agosto. Os acantilados de papel de Morás.
Xoves 29 de agosto. O encanto dos Muíños da Rigueira.
O comezo das rutas será ás 10 horas e terán unha duración de 3 horas aproximadamente.
As actividades serán gratuítas e é necesaria reserva previa....
leer másA concelleira de Xuventude en Foz, Zoraida Coira, deu a coñecer a programación das Noites que comeza o vindeiro martes, 9 de xullo, na Rapadoira con volei praia e rematará o 22 de agosto.
As mozas e mozos gozarán de volei e fútbol praia, fútbol sala, baloncesto e wipe out. O volei praia será do 9 ao 11 de xullo; o fútbol sala, do 22 ao 24 de xullo; o wipe out, do 6 ao 8 de agosto; o fútbol praia, do 13 ao 15 de agosto; e o baloncesto do 20 ao 22 de agosto.
As actividades desenvolveranse na Rapadoira e no Campo da Cabana desde as 22:00 horas.
O Concello de Foz destaca que “de 10 anos en adiante están convidados/as a participar das noites máis movidas do verán. Tan só deben inscribirse o primeiro día de cada actividade, antes de comezar”.
O Concello de Burela presenta o seu Torneo de Fútbol Praia Urbana, organizado xunto á Sociedade Deportiva Burela, que terá lugar os días 10 e 11 de xullo, mércores e xoves.
As inscricións presenciais no evento serán o propio día 10 de xullo, mércores, a partir das 19:00 horas, e a competición comezará ás 19:30 horas. Haberá categorías Sub 10, Sub 12, Sub 14 e Sub 16.
Esta competición fai parte da programación deportiva de verán do Concello de Burela, que inclúe tamén torneos de fútbol 3x3, básket 3x3, o programa Verán Burela ou a Carreira Burela Bonita.
"Estamos encantados de recuperar un evento como o torneo de fútbol praia, que todos os membros da directiva da SD Burela desfrutamos cando eramos pequenos e que agora poderán volver a disfrutar os nenos e nenas de Burela", sinala o...
leer másA Ría de Ribadeo acollerá este domingo, día 7 de xullo, a segunda regata da Copa Deputación de Piragüismo, impulsada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo coa participación dos clubs e da Federación Galega de Piragüismo. O Club de Piragüismo Altruán, de Ribadeo, é o organizador desta proba, na que se prevé a participación de 175 palistas de diferentes categorías desde prebenxamín ata xuvenil dos seis clubs de augas tranquilas da provincia -Club Kayak de Foz, do CP Urban Hotel Viveiro, CP Altruán de Ribadeo, CP San Ciprián, Club Fluvial de Lugo e Cidade de Lugo-. As saídas comezarán ás 16.30 horas e faranse de forma escalonada, por categorías sendo as saída de infantís ás 16.55 horas, alevíns ás 17.45 horas e, por último, a saída das categorías xuvenil e cadete será as 18 horas.
A competición organízase no marco da colaboración que a...
leer másAs pistas de atletismo da Veiga acollerán as Primeiras Olimpíadas de Atletismo o domingo, 14 de xullo.
A cita deportiva foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, a tenente de alcaldesa, Mali Méndez, polo vicepresidente da Federación Galega de Atletismo,Suso Vázquez, e pola Presidenta do Club Maderas Barcia Cervo, Patricia Calvo, como entidade que organiza o evento, coa colaboración do Concello.
Tal e como sinalaron, estas olimpíadas nacen co obxectivo de facer un día enteiro de competición para fomentar o deporte do atletismo, e que os atletas poidan participar nas diferentes disciplinas que compoñen o Mundo Atlético.
As inscricións permanecerán abertas ata o luns 8 de xullo a través do enlace...
leer másO Concello de O Vicedo organiza un curso de iniciación ao kaiak que se desenvolverá do 8 ao 12 de xullo de 17 a 19 horas.
É unha actividade gratuíta destinada a nenas e nenos maiores de 11 anos empadroados no concello de O Vicedo. Hai 10 prazas e a inscrición faise a través do teléfono 982.59.01.95.
Ademais dentro do programa Mércores de Natureza, do Concello de O Vicedo, o día 17 ás 10:30 horas farase a subida do río Sor en kaiaks. A saída será no porto do Vicedo e desde Ribeiras do Sor os participantes regresarán en furgonetas. Esta actividade terá unha duración de dúas horas e o prezo é de 17 euros.