Deportes
A Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha nova ruta o domingo, 8 de setembro, para todos os afeccionados á natureza e ao sendeirismo. Nesta ocasión, será ata As Xanas, en Proaza, Asturias, para percorrer unha ruta de 8 quilómetros, de dificultade fácil e con traxecto lineal (ida e volta).
O prezo para participar é de 35 euros para os socios e 45 euros para os non socios, incluíndo o autobús, a comida e o seguro. A saída realizarase ás 8:00 da mañá dende a estación de autobuses de Burela. Recoméndase aos participantes levar bastón e calzado adecuado para garantir unha experiencia máis segura e cómoda.
As inscricións pódense realizar a través do grupo de WhatsApp da Asociación ou chamando aos números 666609875 e 676023177, antes do xoves 5 de setembro.
... leer másSerá ás seis da tarde no Campo Municipal Pepe Barrera. O Atlético Villalonga e o Real Oviedo (2 equipos de 2ª RFEF) mediranse neste trofeo organizado polo Ribadeo FC.
Desde o club local subliñan que “volve o fútbol feminino a Ribadeo, un trofeo que chegou para quedarse”.
O Concello xovense presentou o tradicional Torneo Concello de Xove de Fútbol, que terá lugar o sábado 31 de agosto ás 18:15 no Campo Municipal de Fútbol de Xove. No acto de presentación estiveron presentes Demetrio Salgueiro, alcalde do Concello de Xove, Cristina Iglesias, concelleira de Deportes, e Antonio Meitín, presidente da Unión Deportiva Xove-Lago.
Este torneo enfrontará ao equipo local UD Xove-Lago contra a UD Folgueiro, nun partido que promete emoción e competitividade. A entrada ao evento será gratuíta para todos os asistentes.
Ademais, o domingo 1 de setembro ás 19:00, tamén no Campo Municipal de Xove, disputarase un partido entre a UD Somozas e o Viveiro FC. Para este encontro, a entrada será gratuíta para os socios, mentres que os non socios deberán abonar un prezo de 10 euros.
O evento foi presentado esta mañá co Campo de San Francisco con asistencia do alcalde, Dani Vega, o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, o xefe comercial de La Voz de Galicia en A Mariña e Ferrol, Luis García, o técnico municipal de Deportes, Iván López, así como representantes das empresas colaboradoras.
A concentración dos participantes está prevista para as 10:30 horas das inmediacións da Casa do Concello. E a saída está prevista para as 11 da mañá. Haberá camisetas de regalo para todos os participantes, así como outros agasallos doados por BeOne, Decathlon, Deportes Docobo, La Moda Sport, Cerezo Bikes, Pillabikes, Club Ciclista Eo e Hola Ola.
O Día da Bicicleta conta co patrocinio de Vegalsa. A xornada está promovida por La Voz de Galicia e RadioVoz.
Desde a Concellería...
leer másAs Escolas Deportivas de Lourenzá e o Concello organizan a vixésimo quinta edición do Día da Bici, que se celebrará estes venres, día 30 de agosto.
A saída do percorrido en bicicleta será desde a Praza do Conde Santo ás 17:00 horas, con destino á Cazolga, para facer un traxecto de 12 quilómetros, no que é obrigatorio usar casco. As inscricións para participar faranse na Praza do Conde Santo a partir das 16:00 horas.
O Concello do Vicedo organiza unha subida do río Sor en kaiaks para este mércores, día 28 de agosto, ás 10 horas.
O percorrido partirá do porto do Vicedo, cruzando a ría, pasando por debaixo das pontes sobre o Sor, visitando a Illa de San Martiño, en Negradas, e rematando, río arriba, nas Ribeiras do Sor. A volta realizarase en vehículos da empresa Actividades Estaca.
As inscricións para participar poden facerse a través do teléfono 982.59.01.95 ou do correo electrónico omix@concellodovicedo.org.
O domingo 1 de setembro celebrarase no Campo Municipal de Alfoz unha festa para presentar a nova tempada futbolística.
A apertura de portas do evento será ás 14 horas e haberá unha sesión vermú coa actuación musical de Carta de Ajuste, coas súas versións de temas dos anos 80 e 90. Ao remate seguirá o DJ local Julián Gómez.
Ás 18 horas a festa seguirá dentro do térreo de xogo, cun partido amigable do CD Alfoz ante o CD San Ciprián.
O día 30 de agosto, venres, volve o Torneo Celtas Praias de Foz, coa oportunidade de ver por primeira vez esta pretempada ao Club Baloncesto Río Breogán, de ACB, que se enfrontará a un equipo da máxima categoría inglesa, o Surrey Scorchers. Será ás 19:00 horas no pavillón Torques de Marzán.
As entradas están á venda desde este xoves, 22 de agosto, na tenda Megabyte Informática, da vila focega.
O 7 de setembro de 2024 celebrarase a III Baixada de Carrilanas Concello de Riotorto, puntuable para o Campionato de España de Deportes de Inercia. O evento está organizado polo Concello de Riotorto e Carrilanas Os Meiregos.
A cita, que será puntuable para a Copa Galicia e Copa de España 2024, terá lugar no seguinte horario: as verificacións realizaranse de 11:00 a 12:30 horas e a carreira desputarase entre as 15:30 e as 19:00 horas.
Os corredores competirán por premios para os tres mellores de cada categoría, así como no Scratch xeral. Para facilitar a participación, habilitarase un pavillón con servizo de duchas e baños para acampada, dispoñible desde o venres ata o domingo. Os menores de idade deberán enviar previamente a “Autorización menores 2024” ao organizador da carreira a través do correo electrónico...
leer másA asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras convoca a todos os afeccionados ao sendeirismo a participar na ruta nocturna entre Fazouro e Burela, que terá lugar o vindeiro sábado, 24 de agosto.
A actividade comezará coa saída en tren desde a estación de Burela ás 21:40 horas, en dirección á de Fazouro. Unha vez alí, os participantes emprenderán o camiño de volta a pé ata Burela, nunha ruta de 10 quilómetros de dificultade baixa.
O prezo para participar é de 5 euros, e inclúe a viaxe en tren e unha chocolatada á chegada, que se servirá na cafetería Boas Migas. Para garantir a seguridade dos sendeiristas recomendase levar chaleco reflector e lanterna.
As inscricións pódense realizar no grupo de WhatsApp da asociación ou a través dos números 666609875 e 676023177, antes do xoves...
leer más