Deportes
O Concello de Viveiro e a Asociación Deportiva e Cultural Alboi Viveiro presentaron o Trail Penedo do Galo, que terá lugar este domingo, día 22 de setembro.
Na presentación participaron o presidente da asociación Alboi, Alfredo Navarro Palmeiro; a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e a tenente de alcaldesa, Míriam Bermúdez. A ACD Alboi organiza a competición co apoio do Concello e de Protección Civil.
O Trail Penedo do Galo 2024 realizará un percorrido circular en diferentes modalidades, con saída e chegada na Praza do Concello.
Para máis información as persoas interesadas no evento poderán contactar coa asociación Alboi a través do número 603.34.89.37, do correo electrónico alboiadc@gmail.com e das súas redes sociais.
Cervo será o escenario da II mini btt medela mtb o domingo 29 de setembro a partir das 10:00 horas.
Este evento federado desenvolverase nun circuíto que foi deseñado e trazado nunha parcela municipal do Polígono de Cuíña que lle foi cedida ao club Medela MTB para o desenvolvemento da súa actividade.
A cita deportiva, organizada por este club de ciclismo coa colaboración do Concello de Cervo, foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés e polo presidente de Medela MTB, David Riera, que estiveron acompañados por un grupo de rapaces que integran o club nas súa categoría base, e que tamén competirán na cita prevista para finais deste mes.
Os participantes xa se poden inscribir ata o 26 de setembro na web da Federación Galega de Ciclismo nas categorías Promesa Fem., Promesa B, Promesa...
leer másA Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha fin de semana de rutas na Cueta, que está na comarca leonesa da Babia, do venres 27 ao domingo 29 de setembro.
O sábado 28 farán a ruta Fuentes del Sil e o domingo 29, un percorrido polo entorno da Cueta.
A saída será o venres 27 ás 17:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 20:00 horas do 23 de setembro, chamando ao teléfono 647.06.70.54. O prezo é de 150 euros para os socios do colectivo organizador e de 175 euros para os que non o son.
No vindeiro mes de outubro comezará un novo curso, o da tempada 2024/2025, das Escolas Deportivas Municipais de Foz, que son para nenos e nenas nados/as entre os anos 2008 e 2020. Anúnciao a Delegación de Xuventude e Deportes do Concello de Foz.
Contarán con: patinaxe, ximnasia rítmica, kickboxing, teatro, tenis, coreodance kids, cerámica e multideporte.
Esta fin de semana, sábado 14 e domingo 15 de setembro, celebrarase a quinta edición das Carreiras de Cabalos Cidade de Viveiro, no campo de fútbol de Celeiro.
O Concello de Viveiro anuncia que “o recinto abrirá ambas xornadas a partir das 9:00 do sábado 14 de setembro e do domingo 15 de setembro, contando con diversas actividades ao longo de todo o día”.
O evento está organizado pola Asociación Cabaleiros do Landro, a Federación Hípica Gallega e Rilo, ademais de polo Concello de Viveiro. Haberá miles de euros en premios.
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, destaca que "con esta 5ª edición as Carreiras de Cabalos consolídanse como un evento deportivo clave en Viveiro, co que temos a gran honra de colaborar".
As Escolas Deportivas de Lourenzá e o Concello organizan a décimo cuarta edición da Carreira Popular Val das Fabas que se celebrará o 28 de setembro.
Ás 17:00 horas terá lugar a saída das categorías menores e ás 18:00 a da proba absoluta cun percorrido de 6.330 metros. Haberá trofeos para todas as categorías e de regalo unha camiseta técnica.
As persoas interesadas poden facer a súa inscrición en championchipnorte.com ata o 24 de setembro.
Coorganiza esta proba a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia-Deporte Galego co patrocinio da Deputación de Lugo, Caixa Rural Galega e CCNorte Sports.
O Concello de Barreiros organiza unhas xornadas de portas abertas para dar a coñecer as actividades das súas escolas deportivas para a tempada 2024/25. Serán desde o luns 16 ata o xoves 19 de setembro.
“Convidámosvos a descubrir as actividades deportivas que temos preparadas para esta nova tempada! Se tes fillos/as con interese en deportes como atletismo, fútbol sala, patinaxe, karate ou skate achégaos para que poidan probar estas disciplinas, coñecer ao monitorado e resolver calquera dúbida ou información que precises. Unha oportunidade perfecta para que as máis pequenas/os se inicien no deporte dun xeito divertido e saudable. Logo, xa en abril, organizaremos unha xornada de portas abertas de surf na praia de Coto. E non esquezas, as inscricións estarán abertas ata o 24 de setembro”, anuncia o Concello de Barreiros.
Acisa colabora un ano máis coa Media Maratón Ribadeo-As Catedrais. Todas as persoas que completen a decima edición o vindeiro sábado, 14 de setembro, recibirán unha medalla conmemorativa xentileza do colectivo empresarial ribadense.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, dixo “dende Acisa estamos satisfeitos de poder colaborar un ano mais co Concello aportando as medallas de fin de carreira da décima Media Maratón Ribadeo-As Catedrais, que terá lugar este sábado, día 14. Todas as corredoras e corredores que rematen a carreira recibirán unha medalla conmemorativa xentileza da nosa asociación. Ademais, algúns negocios asociados a Acisa tamén quixeron aportar unha pequena colaboración, en forma de regalos para sortear entre os participantes”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, destacou que “a Media Maratón é moi...
leer másO Concello de Barreiros e as ANPAS dos CEIP dos colexios de San Cosme e San Miguel presentaron a oferta de actividades que programarán para esta tempada que dará comezo no mes de outubro.
Ambas entidades traballaron de forma coordinada nas últimas semanas co obxectivo de non solapar propostas de actividades na medida do posible para facilitar así a inscrición e a conciliación das familias do municipio.
Por un lado, o Concello de Barreiros presenta as actividades deportivas para crianzas e adultos, un total de 13 disciplinas, 7 para as crianzas e 6 para as persoas adultas. Como novidades inclúense as actividades de Karate e Skate, coa que se busca complementar os meses anteriores á oferta de Surf por ter unhas características similares ambas disciplinas. As outras disciplinas serán atletismo, fútbol sala, natación...
leer másA pasada media noite pechouse o prazo de inscrición para participar na X Media Maratón Ribadeo-As Catedrais, que terá lugar este sábado, 14 de setembro. A cifra é de récord, en palabras do concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent.
O edil ribadense asegurou: “estamos moi contentos cos datos de inscrición na X Media Maratón Ribadeo-As Catedrais. Pechamos a inscrición esta noite con 937 corredores e corredoras, que é un auténtico récord para esta proba”.
Silvent subliñou que “cada ano son máis os atletas que se animan a participar na media maratón Ribadeo-As Catedrais. Moitos veñen acompañados das súas familias ou de amigos e pasan a fin de semana na nosa vila, co que iso supón para os hoteis, para os restaurantes e para o comercio. Deporte e turismo van moi unidos nestes eventos deportivos, que contribúen á...
leer más